COIDAMOS AS NOSAS PRAIAS

Os nenos e nenas do CRA de Rianxo dende a área de Relixión tamén nos sumamos á defensa do medio ambiente. Partindo dos textos bíblicos sobre a Creación, nos embarcamos nunha actividade de carácter ecolóxico. A través dos relatos da Biblia contemplamos o mundo como un agasallo de Deus que é necesario coidar e mimar.

Así pois decidimos axudar ao noso amigo o Capitán Planeta na defensa do medio ambiente e fixemos unha actividade onde aprendemos a coidar as nosas praias.

 Praia da Torre

 

 Praia de Tanxil

 

En asamblea partindo das fotografías de dúas das praias máis importantes de Rianxo: a Praia de Tanxil e a Praia da Torre, comentamos o importante que son as praias nas nosas vidas xa que son lugares que nos proporcionan tanto diversión como recursos, son sitios nos que nos podemos ir bañar, tomar o sol, xogar coa area... pero tamén son ecosistemas que debemos coidar e respetar, que forman parte do mar que nos proporciona tantos productos como o peixe ou o marisco.

Partindo de todo o que falamos decidimos eleborar uns carteis ecolóxicos coas fotos das nosas praias. A profe Celia tróuxonos á clase debuxos para colorear e recortar, onde aparecían todos os elementos para crear unha praia coidada e ecolóxica, unha praia onde os nenos e nenas se poidan divertir e ao mesmo tempo se respeten os seres vivos e se recolla e recicle a basura que se poida producir.

Así pois puxémonos a traballar todos xuntos para elaborar os carteis. Primeiro coloreamos todos os debuxos:

 

Despois os fomos recortando entre todos:

 

E por último utilizando unha cartulina como base compuxemos os nosos carteis:

Este foi o resultado aquí tendes un exemplo de como nos quedaron:

Despois colgamos os nosos carteis nun lugar visible da aula para lembrarnos do importante que é coidar do noso entorno máis próximo. Con esta actividade non só aprendimos moitas cousas sobre a Creación de Deus, senón que tamén desenrolamos a nosa conciencia ecolóxica, falando e explicando o importante que son as praias no desenrolo da nosa comarca, do importante que é non enlixar os lugares da nosa contorna e como podemos facer para evitalo. E por outra parte practicamos o aprendizaxe colaborativo, traballando todos xuntos aprendemos a querernos e respetarnos, compartindo material, escoitando as opinións dos demáis e axudándonos uns aos outros para levar a cabo unha tarefa común.

A continuación podedes ver as galerías de imaxes da actividade:

Galería 1 (Cuvide, Cruceiro e Pazo)

 

Galería 2 (Capela, Quintáns e Rañó)

 

Bueno pois coma sempre esperamos que vos gustase moito o noso traballo, moitos, moitos bicos dos nenos e nenas de Relixión. Ata a próxima!