Escola de Cruceiro

DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA

CANDO RAFAEL DIESTE ERA UN RAPAZOTE CHEGOU A RIANXO UNHA BALEA.
A HISTORIA, QUE XA RECOLLERA A PRENSA ESCRITA A COMEZOS DO SÉCULO XX, CÓNTANOLA NO SEU RELATO "DE COMO VEU A RIANXO UNHA BALEA", INCLUÍDO NO LIBRO "DOS ARQUIVOS DO TRASNO".

O ESQUELETO DA BALEA

HAI MILLÓNS DE ANOS AS BALEAS VIVÍAN EN TERRA FIRME.
CLARO QUE O SEU CORPO NON ERA COMO O QUE TEÑEN NA ACTUALIDADE.
A SÚA ADPATACIÓN Á VIDA ACUÁTICA FOI TAN BOA QUE O SEU ASPECTO EXTERIOR E TAMAÑO FOI CAMBIANDO ATA SEMELLAR UN ENORME PEIXE.
PERO NO SEU ESQUELETO AÍNDA PODEMOS VER, NAS ALETAS PECTORAIS, OS OSOS DOS DEDOS DA SÚAS PATAS DIANTEIRAS.

aula de 4 e 5 anos

AS BALEAS DE URBANO LUGRÍS

AS BALEAS E MONSTROS MARIÑOS DE URBANO LUGRÍS ANIMARON AS NOSAS SESIÓNS DE EXPRESIÓN PLÁSTICA

aula de 4 e 5 anos

BALEA AZUL

AS BALEAS AZUIS REGRESARON AO NOSO MAR.
A NOVA TROUXONOLA A PRENSA E MÁIS O PAPÁ DE CARLOTA , MARIÑEIRO AMIGO DE MARIÑEIROS QUE SE ATOPARON UNHA DELAS Á BEIRA DO BARCO.

A NOVA FOI TAN EMOCIONANTE COMO GRANDE É O SEU CORPO,  E, A FALTA DE MEDIDOR DE ENTUSIASMOS, DECIDIMOS MEDIR 24 METROS DE MAMÍFERO MARIÑO.

   
   

E REPRESENTALA GRAFICAMENTE A TAMAÑO REAL

 aula de 4 e 5 anos

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

"A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo simple feito de o seren, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada."

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

   
   
   
   
   

"EU SON LIBRE

NADA PODE CONTER A MARCHA DOS MEUS PENSAMENTOS...

E ELES SON A LEI QUE REXE O MEU DESTINO"

ROSALÍA DE CASTRO

aula de 4 e 5 anos

PATRIMONIO HISTÓRICO


UNHA VISITA DUN ARQUEÓLOGO Á ESCOLA PERMITE FACER UNHA VIAXE GUIADA POLO PATRIMONIO
HISTÓRICO DE RIANXO

PERO, XA QUE MARIO É O DIRECTOR DOS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DO CASTELO DA LÚA, OU CASTELO DE RIANXO, BEN PAGA A PENA APRENDER DEL TODO O QUE POIDAMOS SOBRE ESTA FORTALEZA DA IDADE MEDIA.

CANTEIROS, TRABUQUETES, CERÁMICA, ALMIRANTE, TROVADOR, REVOLTA IRMANDIÑA, ...
MOITO NOS PODE APRENDER O NOSO CONVIDADO !

E SE ALGUNHA DÚBIDA TEMOS, PODEMOS CONFIAR EN QUE MARIO NOS POIDA ENVIAR A RESPOSTA...

OU IR NÓS INTENTAR AVERIGUALA!

(ver a nova en Departamento de Orientación)

SAMAÍN

CO ÚLTIMO DÍA DE OUTUBRO CHEGOU DE NOVO O TEMPO DOS CABAZOS E DOS DEFUNTOS.
E COMO NON HAI NADA COMO COMPARTIR TRABALLOS, ALEGRÍAS E MEDOS COA XENTE QUE QUEREMOS,  FAMILIA E AMIGOS ACOMPAÑÁRONNOS TODO O DÍA : Á MAÑÁ, NA ESCOLA E Á NOITE, NA FESTA DE CAMPO DE PAZOS.

TEMPO PARA BRINCAR:
A (BIS)AVOA MARUJA APRENDEUNOS XOGOS TRADICIONAIS E A BAILAR E CANTARMOS COAS MATRACAS DE MILLO.

     TEMPO

       PARA

    REPOÑER

         AS

   ENERXÍAS:

   DOCES DE

    CABAZO,

      NOCES,

       MAZÁ...

  E A SEMPRE

   PRESENTE

     FROITA.

  

TEMPO PARA O TRABALLO:
CO ESFORZO COMPARTIDO FORON APARECENDO CAVEIRAS ARREPIANTES NOS NOSOS CABAZOS... E NAS NOSAS CARAS.

TEMPO PARA OS CONTOS:
DA NOSA MEMORIA XORDIRON  ESAS HISTORIAS DE MEDO QUE TANTO PRESTAN NUN DÍA COMA ESTE

E O TEMPO PARA A FESTA, NA NOITIÑA,

CANDO AS CANDEAS DOS CABAZOS ALUMEAN O MUNDO DOS MORTOS E DOS VIVOS.

 Aula de 4 e 5 anos

 

POR UN CENTRO DE DÍA

HAI VECIÑAS E VECIÑOS DE RIANXO QUE LEVAN MÁIS DE 100 DÍAS RECLAMANDO UN CENTRO DE DÍA NO POBO.  SON MAIORES E TEÑEN TODA A FORZA QUE DÁ A VIDA.
HAI UNS DÍAS VIÑERON Á ESCOLA.  CONTÁRONNOS COMO ORGANIZAN O SEU DÍA A DÍA PARA ACADAR O SEU OBXECTIVO.

FALÁRONNOS COMO LLE FALAN OS AVÓS E AVOAS ÁS SÚAS CRIANZAS, E NÓS ESCOITÁMOLOS COMA SE LLE ESCOITA ÁS PERSOAS QUE MERECEN RESPECTO, CARIÑO E ADMIRACIÓN. 

 Aula de 4 e 5 anos

 

Distribuir contido