RETIRANDO SOMBRAS

MULLERES EXCEPCIONAIS HÓUBOAS DENDE SEMPRE.
MAIS É TRISTE SABER QUE TAMÉN DENDE HAI TEMPO HOUBO QUEN QUIXO OCULTAR PARA A HISTORIA A VIDA DAS MULLERES E DEIXAR NA SOMBRA OS SEUS ACTOS GRANDES OU PEQUENOS. AÍNDA HAI HOXE QUEN INSISTE EN OCULTALAS...
É TEMPO DE RETIRAR AS SOMBRAS !!

O 8 de marzo, as crianzas do Colexio San Benito de Madrid tiñan planificado visitar o coñecido como Mural Feminista de Ciudad Lineal. Cando alí chegaron viron que os rostros das mulleres nel representadas foran tapados cunha negra capa de pintura, coma se quixeran ocultar as súas vidas, deixar os seus actos nunha escura, escura sombra. Nós quixemos darlles nova luz. Coñecer, sorprendérmonos, aprender delas. Retirar as sombras...

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/escolares-de-rianxo-pintan-un-mural-feminista-nunha-praza-de-taragona-BM6853388