Escola de Cruceiro

NO DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO, DÍA DO ANIVERSARIO DE ROSALÍA, CANTÁMOSLLE A NOSA POETA OS PARABÉNS E AGASALLÁMOLA COA SÚA POESÍA E CON FLORES.

TAMÉN AS NOSAS FAMILIAS TIVERON UN AGASALLO:
UN LIBRO, UN POEMA, UNHA FLOR.

FOI UN GRAN DÍA!

CARTAS POR ROSALÍA

SEGUINDO A SUXERENCIA DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LÍNGUA GALEGA ENVIAMOS A CASA AS PALABRAS DE ROSALÍA EN FORMA DE POSTAL POR NÓS ILUSTRADA.

ROSALÍA DE CASTRO

"VAITE NOITE VAI FUXINDO
VENTE AURORA VENTE ABRINDO
CO TEU ROSTRO QUE SORRINDO
A SOMBRA ESPANTA..."

No mes de Rosalía, a súa escola festexa á poeta.
Escola Rosalía de Castro

PINTAR O SUFRIMENTO E A ALEGRÍA

 

"AUTORRETRATO CON COLAR DE ESPIÑAS"

E

"VIVA A VIDA"

COMA FRIDA REPRESENTAMOS A NOSA ALEGRÍA E O NOSO SUFRIMENTO

ADEUS AO TORIBIÑO

E ONDE RIMOS, DESPOIS CHORAMOS. FOISENOS O TORIBIÑO!
ADEUS AO COMPAÑEIRO DA TROULA!!

ENTROIDO 2016

MOITO GUSTAMOS DA FESTA DO ENTROIDO, COS SEUS TRABALLOS, AS SÚAS LARPEIRADAS E AS SÚAS CHOQUEIRADAS!! E CHEGADO VENRES DE ENTROIDO FIXEMOS CASO DO TORIBIÑO:

" VENRES, DE FESTA A OUTEIRO,  SEXAS ARTISTA OU CHOQUEIRO!!!"

NÓS, DE TANTO COÑECER A SALVADOR DALÍ E A FRIDA KAHLO, XA FOMOS ASEMELLÁNDONOS A ESTES DOUS GRANDES ARTISTAS, DOS QUE SOUBEMOS CANTAR OS MÉRITOS:

"FRIDA E DALÍ SON MOI BOS PINTORES,
PINTAN A VIDA E PINTAN OS AMORES!!"

DÍA DA PAZ

COMA POMBIÑAS BRANCAS, AS NOSAS MANS REPRESENTAN OS NOSOS DESEXOS DE PAZ

FRIDA KAHLO

A AMIGA FRIDA  REGRESOU  A NOSA ESCOLA
E NÓS QUIXEMOS QUE NOS ACOMPAÑARA ATA A CHEGADA
DO ENTROIDO

DALÍ: UNHA PEQUENA ABELLA...

UNHA ABELLA VOA AO REDOR DUNDA GRANADA.
OU É UN TIGRE QUE SAE DUN PEIXE QUE SAE Á SÚA VEZ DO INTERIOR DUNHA GRANADA?

 POIS... É O "SOÑO CAUSADO POLO VOO DUNHA ABELLA AO REDOR DUNHA GRANADA, UN SEGUNDO ANTES DE ESPERTAR"

E O SEU AUTOR É SALVADOR DALÍ !

Distribuir contido