Intelixencia emocional

CAMPAÑA SOLIDARIA

O CRA DE RIANXO PARTICIPA NA CAMPAÑA DE APOIO AO PROGRAMA DE ACOLLEMENTO TEMPORAL DE CRIANZAS REFUXIADAS SAHARAUÍS " VACACIÓNS EN PAZ" PROMOVIDO POLA ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUÍ.

PINTAR O SUFRIMENTO E A ALEGRÍA

 

"AUTORRETRATO CON COLAR DE ESPIÑAS"

E

"VIVA A VIDA"

COMA FRIDA REPRESENTAMOS A NOSA ALEGRÍA E O NOSO SUFRIMENTO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 DE NOVEMBRO LEVANTAMOS A NOSA MAN PARA DENUNCIAR E FREAR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

 PARA DENUNCIAR E FREAR A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES PARA A NOSA MAN TÓDOLOS DÍAS SERÁN O 25 DE NOVEMBRO .

BENVIDA

UN NOVO CURSO ESTÁ INICIADO E CON EL HABEMOS DE IR ESTABLECENDO CÓMPLICES LAZOS DE UNIÓN E AFECTO ENTRE OS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.

ESTE É SÓ O COMEZO ...

NON Á VIOLENCIA

COMO MALALA MOITAS NENAS E MULLERES SOFREN VIOLENCIA.

PARA DICIR UNHA VEZ MÁIS UN NON TAN FORTE COMO O BERRO DE ESTELA, NA ESCOLA FIXEMOS ALGO QUE ESTÁ NAS NOSAS MANS

E PEDÍMOSLLE ÁS FAMILIAS QUE NOS SEGUIRAN PARA PODER DICIR XUNTOS:

NON Á VIOLENCIA!!

MARÍA

ESTE CURSO A PROFE MARÍA AXUDOUNOS A PRACTICAR A AMABILIDADE E O CARIÑO E  A SABERNOS IMPORTANTES COMO PARTE DO GRUPO

GRAZAS PROFE E ATA SEMPRE !!

RECOLLIDA SOLIDARIA

NA ESCOLA PARTICIPAMOS DURANTE TODO O ANO NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE TAPAS
E DE ELEMENTOS CONTAMINANTES,
E PUNTUALMENTE EN CAMPAÑAS DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS, ROUPA OU OUTROS PRODUTOS, ORGANIZADAS POR DISTINTAS ENTIDADES. 
E DESENVOLVEMOS ASÍ O SENTIMENTO SOLIDARIO
.

COMA ÁRBORES DE FONDAS RAÍCES

TEMOS POR DIANTE UN NOVO CURSO.  10 MESES PARA DESCUBRIR, COMPARTIR, CREAR, SENTIR...

     

E UN ANO MÁIS HABEMOS DE TENTAR QUE A CURIOSIDADE, A IMAXINACIÓN, OS SENTIMENTOS E A AMIZADE PRENDAN BEN FORTE EN NÓS, COMA ÁRBORES DE FONDAS RAÍCES

DEBUXOS CON ALEGRÍA...

... PARA TER UN MELLOR DÍA

ESTES DEBUXOS, FEITOS CON TODA A FORZA DA NOSA ALEGRÍA, ESTÁN ADICADOS Á PROFE MARI CARMEN, AO SEU HOME E AOS SEUS FILLOS.

Nenas e nenos da aula de 4 e 5 anos

PEQUENOS XESTOS

 

AS VECES, TAMÉN ENTRE OS MÁIS PEQUENOS XURDEN "CONFLICTOS"

QUE OS PODEN  FACER SUFRIR PERO, SÓ BASTA OLLAR ESTA FOTO

PARA VER UN XEITO SINXELO DE RESOLVELOS.

OGALLÁ OS ADULTOS SOUBERAMOS APRENDER DELES.  

 

Distribuir contido