Os 3 R

PLÁSTICOS NON, GRAZAS!

 

CADA PEGADA QUE DEIXAMOS NO PLANETA ACABA NO MAR.

 

É imposible saber a cantidade de lixo que hai nos océanos.

O que si sabemos é que ano tras ano seguimos tirando millóns de toneladas de lixo ao mar.

É como se cada minuto (CADA MINUTO!) baleirásemos un novo camión de resíduos no mar.

Non aparecen no mapa pero nos nosos océanos hai 5 grandes illas de plástico.

A do Pacífico norte é tan grande como España, Francia e Alemania xuntas.

A maior parte destas illas están formadas por MICROPLÁSTICOS.

O plástico flotante supón só o 15% do total. O resto está baixo a auga.

A nivel mundial recíclase unha parte moi pequena de todo o plástico que se produce e consume.

A maior parte, arredor do 80%, acaba en vertedoiros ou no medio ambiente.

 

Por iso....

REDUZAMOS O CONSUMO DE PLÁSTICOS

 

Reusing

Nas Seccións Bilingües das escolas de Capela e Pazo, estamos a traballar coa filosofía dos 3 R (Reduce, reuse and recycle), unha iniciativa de Greenpeace que agora nos presenta o Capitán Planeta.

 

Aínda que xa estamos habituados a reciclar, colaborando na separación do lixo que xeramos na aula de plástica (basically paper or plastic); non tanto a reducir e a reutilizar. A comezos de curso, concienciados coa importancia de coidar o medio ambiente, decidimos que non tirariamos nada ao lixo que puidesemos darlle un novo uso ou doar a alguén que o reutilizase. 

Comezamos por reutilizar tubos de pegamento ou témpera sólida esgotados do curso pasado. E diredes, que podemos facer con iso? Pois algo que nos gusta moito. Primeiro lavámolos ben para eliminar restos de pegamento ou témpera reseca. Unha vez secos, enchémolos de masilla para modelar ata arriba. Recortamos formas en retais de goma eva e colocámolos na cima. Deixamos secar, decoramos o tubo por fóra... e voilá! Tiñamos uns selos (stamps) chulísimos! Ademais, aproveitamos para aprender as formas en inglés!

Polo Magosto, xa adoitabamos reutilizar cartóns de leite para facer un cesto para meter as castañas asadas. Cortámolo en dúas metades, lavámolo ben, cubrimos con iron fix e decoramos con goma eva. Así practicamos os números, contando, as letras e as cores.

Polo Nadal, fixemos decoracións para a nosa árbore con rollos de papel hixiénico. Cortamos os rollos en 5 tiras iguais, pegámolas coa axuda da pistola de cola quente, pintámolos e decoramos con purpurina. Non nos esquecemos de practicar vocabulario en inglés relativo ao Nadal e aos materiais empregados.

E como nos gusta moito estampar, ocorréusenos outra idea, aproveitando rollos de papel de cociña (máis longos que os de papel hixiénico), plástico de embalar con burbullas e ata uns retais de goma eva con siluetas de animais onde antes houbera pegatinas. O resultado, uns rodillos de estampar ao grande! Que divertido identificar os animais en inglés no papel estampado!

Distribuir contido