2008-2009

OS GATIÑOS DE ISMAEL

Chámome Ismael e teño unha gata que se chama Xoguetona.

O outro día tivo gatiños.

Mirade que bonitos.  

ISMAEL, ÁNGEL E LARA.

RAÑÓ 29 DE MAIO.

BesoSonrienteChulo

FOOD

 FOOD

ESCOLA DE ABUÍN 

  

  

OS ANIMAIS DE FERVENZA DO TOXA

GUSTOUNOS MOITO A GRANXA ESCOLA DE FERVENZA DO TOXA.

PASÁMOLO MOI BEN.

O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI TOCAR  E DARLLE DE COMER ÓS ANIMAIS.

COMO NON TEMOS FOTOS, FIXEMOS UNS DEBUXOS,

A VER SE VOS GUSTAN!!!

 

 

 

 

 

HALLOWEEN NO C.R.A. DE RIANXO

 

HALLOWEEN 

 ESCOLA   DE   CRUCEIRO

  

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Escursión á Granxa Escola do Toxa

Os alumnos e alumnas da Escola de Rañó e da Escola de Pazo puxeron nas  Follas das súas escolas  unhas fotos moi fermosas da Excursión á Granxa Escola do Toxa.

 

Escola de Rañó

Escola de Pazo

Debuxos de Pazo Infantil

Escola de Crucerio

Tobías a 28 de maio de 2.009

Visita ao Colexio Brea Segade.

Foto da Carreira das Letras 07-08, co Colexio Brea Segade ao fondo, con camisetas amarelas alumnos e alumas do C.E.P. Brea Segade

Os alumnos e alumnas das do C.R.A. de Rianxo que o vindeiro curso 09-10, irán
para o Colexio Brea Segade, facerán mañán unha visita a este colexio.

Amáis
de coñecer o colexio, as aulas, a biblioteca e outras dependencias,
tamén coñecerán aos nenos e nenas que o vindeiro curso serán seus
compañeiros/as.

Volverán a ver a nenos e nenas que foron seus compañeiros nas escolas do C.R.A.

Algunhas
das actividades previstas para a visita son: presentación con proxeción
multimedia, actividade de inglés, visita ao museo, conto na biblioteca
e moitas actividades e sorpresas máis.

 

Foto de nenos e nenas do C.E.P. Brea Segade, que participaron na Carreira das Letras deste curso

 

Tobías a 28 de Maio de 2.009

VER FOTOS DA VISITA

 

 

EXCURSIÓN Á GRANXA

Pasámolo moi ben na granxa da Toxa. Gustáronme moito os coellos.Ismael.

A min gustoume dar de comer aos animais.Adrián.

Estaba moi rico o pan que fixemos.Silvia.

p 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURXIÓN A GRANXA-ESCOLA "FERVENZA DO TOXA"

ESTE ANO A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO FIXEMOLA A "FERVENZA DO TOXA" UNHA GRANXA-ESCOLA PRETO DE SILLEDA E OS NEN@S DE PAZO PRIMARIA VAMOS CONTAR AS NOSAS IMPRESIONS.

 

A min  o  que  mais   me gustou  da granxa, foron    os animais  porque   eran  moi  bonitos. sergio

   

na excursión de fín de curso  paseino tan ben que non sei cal foi a MIÑA actividade preferida. pero plantar leitugas foi moi divertido. miranda 

   

eu divertinme moito plantando leitugas, porque me gusta facer buratos na terra. martín

   

ola son brais: a min gustoume  facer pan, e  sobre todo comelo  o bolo que fixen

   

eu son ainhoa a min gustoume moito toca-los coelliños, eran moi pequeniños e suaves.

O Cruceiro do Laxido e a Fonte do Barral

EU SON ALEX, XA CUMPRIN OS 5 ANOS E VOU Á ESCOLA DO PAZO

ESTOU CO MEU IRMÁN CARLOS E XUNTOS DEMOS UN PASEO

POLA NOSA ALDEA E ARREDORES, O BARRAL E O LAXIDO.

ESTE É O CRUCEIRO DO LAXIDO  

 O cruceiro do Laxido sitúase nunha encrucillada de camiños entre Vilas, Outeiro e Lustres. Parece moi antigo e posiblemente sexa do século XVII. Aséntase nunha plataforma octogonal, de aí a súa singularidade, pois os que acostumamos a ver teñen a base cadrada. Ten unha imaxe de San Andrés no seu fuste.

ESTA É A FONTE DO BARRAL. A SÚA AUGA PODESE BEBER POR ISO

SON MOITOS OS VECIÑOS QUE VEÑEN A BUSCALA.

OS MEUS BISAVÓS XA VIÑAN AQUÍ A BUSCAR A AUGA.

  Juan Carlos, Rosa, Carlos e  Alex

A praia da Torre

OLA, SON IRIA E VOU CUMPRIR OS 4 ANOS.

VOU Á ESCOLA DE PAZO.

 QUERÍAVOS CONTAR ALGO SOBRE A PRAIA DA TORRE.

A PRAIA DA TORRE ESTÁ EN TARAGOÑA

PRETO DA PRAIA DO PAZO,

 SOLO AS SEPARA O RÍO TÉ  QUE DEIXA Á TORRE

NA SÚA MARXE DEREITA.

NÓS IMOS TÓDOLOS VERÁNS A BAÑARNOS E A XOGAR ALÍ

A XENTE MÁIS VELLA CONTOUME QUE LLE CHAMAN A TORRE

POR QUE ESTABA MOI PRETO DO CASTELO DA LÚA QUE TIÑA UNHA TORRE

A praia da Torre ten unhas vistas moi bonitas da Ría de Arousa.

NA PRAIA DA TORRE HAI UNHA CHEMINEA MOI ALTA. O MEU TÍO CONTOUME

QUE PERTENCÍA A UN SERRADOIRO QUE SE FIXO ALÍ NOS ANOS CINCUENTA.

Meu pai e máis eu estamos diante da cheminea do antigo serradoiro

TIÑA ESA GRAN CHEMINEA PORQUE O SERRADOIRO FUNCIONABA

A VAPOR E O SEU COMBUSTIBLE ERA A CASCA DAS ÁRBORES.

A MIÑA FAMILIA E OS MEUS AMIGOS AGARDAMOS IMPACIENTES A QUE CHEGUE

O VERÁN PARA PODER BAÑARNOS E XOGAR NA PRAIA DA TORRE

                                                                A FAMILIA DE IRIA

 

Distribuir contido