2008-2009

A RA DE MARTÍN

 OLA: SON MARTÍN E QUEROVOS CONTAR QUE UN DÍA FUN O RÍO DO PAZO COLLER CÁGAD0S E ATOPEI UNHA RA,COMO TIÑA CORES MOI BONITOS, EN VEZ DOS CÁGADOS, TROUXEN A RA.

   

SAQUEÍLLE DUAS FOTOS E DESPOIS VOLVINA AO RÍO. GUSTAVOS?

 

 

AS NOSAS LETRAS

Os nosos compañeiros da escola de Cuvide invitáronnos a elaborar unha pancarta para a nosa Carreira das Letras co fin de recomendar algunhas das nosas lecturas preferidas.

Esta é a pancarta :

e estas, as nosas recomendacións :

   
   
   
   
   
        
 

       

        

                                

       

... e a mellor recomendación:

   nunca deixedes  

         de disfrutar         

dos libros!!!

                   
                                          

 

   

Nenas, nenos e profes da Escola do Cruceiro.

CORRELINGUA

ESTE ANO O CORRELINGUA DA BARBANZA FOI NA POBRA DO CARAMIÑAL. OS NEN@S DO C.R.A PARTICIPAMOS NA CARREIRA

 

 OS MAIORES FIXERON UNHA CARREIRA PO-LAS RUAS DA POBRA E DESPOIS XUNTAMONOS TODOS DONDE ESTABA COLOCADO O PALCO.

ALGÚNS NEN@S LERON UN MANIFESTO PARA RECORDAR A IMPORTANCIA DE TER UNHA LINGUA PROPIA E DESPOIS HOUBO AS ACTUACIÓNS

 

 

   

PARECEUNOS FANTÁSTICA!

A Aldea Maldita

 

O papá de Borja estivo estes días buscando en internet información sobre a aldea abandonada de Abuín.

Sabe que na escola valoramos moito as historias, as de antes e as de agora, e trouxonos un folio cheo de datos. Ímosvolos resumir:

A lenda dí que sobre a aldea caeu unha maldición, pero hai distintas versións sobre a orixe desta. O saqueo do monasterio de Armenteira, un cáliz arroxado por un cura, un tesouro oculto por unha familia, e mesmo un botín enterrado polos pobos nórdicos son algunhas das explicacións recollidas.

O abandono da aldea por parte dos seus habitantes tamén pode ter outra orixe. Según Victor Barbeito, arqueólogo, no século XIV unha mortífera enfermidade, a peste, entra na comarca do Barbanza.

A rapidez coa que se propagaba a peste, provocando a morte de boa parte da poboación, levou á xente a crer que se trataba dun castigo divino.

Os habitantes de Abuín puideron, según esta teoría, abandonar a súa aldea pensando que estaba maldita.  

O XAXILEO AZUL

O OUTRO DÍA  A PROFE MARTA CONTOUNOS UN CONTO QUE NOS GUSTOU MOITO: "O Xaxileo azul".

DESPOIS ANIMOUNOS A FACER ESTES DEBUXOS.

GRAZAS PROFE MARTA.

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                            

               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

                       

 

 

 

 

 

 

 

 

INFANTIL RAÑÓ.

A NOSA GRILANDA DE PAMPILLOS

HOXE NA ESCOLA DE PAZO TRABALLAMOS MOITO.

ENTRE TODOS FIXEMOS

UNHA GRAN GRILANDA PARA AGASALLAR Ó MAIO XUNTO CO NOSO CANTAR:

COAS GRILANDAS DE FRORES

VIMOS TODOS FESTEXAR

QUE ESTÁ AQUÍ O MAIO

AÍ VAI O NOSO CANTAR!

A NOSA TAREFA COMEZOU ONTE POLA TARDE

APAÑANDO UNHA CHEA DE PAMPILLOS PARA TRAELOS HOXE Á ESCOLA.

 

EN CANTO CHEGAMOS, PUXÉMONOS MANS Á OBRA.

BUSCAMOS O MATERIAL QUE PRECISÁBAMOS: AGULLA, SEDAL E...PAMPILLOS 

 

 

 E ASÍ QUEDOU A GRILANDA DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE PAZO

(pois os nenos de primaria facían o mesmo na súa aula)

 

A lenda do Castro Barbudo

OLA, SON BORJA, E QUÉROVOS FALAR DO CASTRO BARBUDO.

   O MONTE CASTRO BARBUDO, MÁIS COÑECIDO COMO  " CASTRO ", É  UN DOS MONTES  MÁIS ALTOS DO CONCELLO DE RIANXO, CUNHA ALTITUDE DE 340 METROS SOBRE O NIVEL DO MAR.

A SÚA SITUACIÓN, Ó NORTE DA PARROQUIA DE TARAGOÑA, CONVÍRTEO NUN MIRADOR DA RÍA DE AROUSA EXTRAORDINARIO.

HAI UNHA LENDA CONTADA POLOS NOSOS ANTERGOS, REFERIDA A ESTE MONTE, QUE DÍ O SEGUINTE:

POR DEBAIXO DISCORRE UN RÍO CAUDALOSO, CON AUGA LIXEIRA, CRISTALINA, LIMPA E FRESCA: UN PEQUENO RIACHUELO AFLORA Á SUPERFICIE NUNHA FONTE, A CHAMADA "FONTE  DA CARRENLA". ESTE MANANTIAL SERVIU DE APROVISIONAMENTO DE AUGA PARA AS XENTES E OS ANIMAIS ATA FAI POUCO TEMPO.

TAMÉN DIN QUE DENDE O LUGAR DE CORQUES, OUTROS CONTAN QUE DENDE A PRAIA DA TORRE, OS MOUROS FIXERON UN TUNEL POR DEBAIXO DO MONTE QUE LLES SERVÍA PARA AGACHARSE DAS PERSECUCIÓNS ÁS QUE ERAN SOMETIDOS.

NO INTERIOR DA GALERÍA SUBTERRANEA, SEGUNDO A LENDA, OS BANDOLEIROS AGACHABAN OS SEUS TESOUROS EN PETOS. POR ISO, DISE QUE NO CASTRO BARBUDO HAI PETOS CHEOS DE OURO.

O CERTO É QUE ESTE RELATO HISTÓRICO NON DEIXA DE SER UNHA LENDA!

O Castro Barbudo e praia da Torre

TEXTO: FAMILIA DE BORJA

HANSEL E GRETHEL

´

" ... De súpeto abriuse a porta e saiu coxeando unha vella revella que se apoiaba nunha muleta. Hansel e Grethel asustáronse tanto que deixaron caer o que tiñan nas mans.

Pero a  vella só meneou a cabeza e lles dixo:

-  Ai, queridos nenos , quen vos trouxo ata aquí ?. Entrade e quedade comigo; non vos farei ningún dano .

Tomounos da man e levounos dentro. Preparoulles unha cea deliciosa, con tortas e azucre, leite, mazás e noces... "

Parecía unha velliña cariñosa, pero vos sabedes que en realidade era unha vella bruxa malvada, non si?

Acompañade unha vez máis a Hansel e á súa irmá Grethel, non os deixedes sós no bosque. Vixiade cos ollos moi atentos para que a bruxa non sexa quen de comelos. Axudádeos a atopar de novo a casa do seu pai e disfrutade con eles o fin da súa pobreza. 

Acompañádeos. Como fixeron antes os nosos pais. E aínda antes, os nosos avós. E moito antes, os novos bisavós, os nosos tataravós, os tatatataravós,... E así dende que os irmáns GRIMM, Jacob e Wilhelm, se esforzaron por conservar a tradición dos contos populares alemáns.

E moito antes diso, xa dende os tempos en que a bruxa levantou a súa casa de pastel e azucre para enganar ós nenos perdidos.

Xa dende aqueles tempos lonxanos, nenos e nenas, nais e pais, avós e avoas acompañamos ós dous pequenos irmáns.

Daniel.

O NOSO XARDÍN

 

Levamos traballando no xardín da escola  dende o inicio do curso para que ao chegar a primavera lucise bonito e puidésemos desfrutar del.

Os traballos iniciais foron os máis duros, pero grazas á colaboración de pais/nais e outros familiares todo foi máis doado.

Así empezamos... 

   

 
Pero o curso é longo e deunos tempo a facer outras moitas actividades: pintamos as macetas nas que pronto plantaremos flores. 

Tamén realizamos actividades de reciclaxe e foi así como transformamos botellas de leite, tapas, botes de iogur,... en adornos para o noso xardín: bolboretas, flores e xoaniñas.  

   
   

Quedáronnos así de bonitos.

O esforzo mereceu a pena e agora temos este xardín... 

 
 

que coidamos con moito esmero entre todos. 

   
   
   
   

Sonriente   Sonriente   Sonriente

LETRAS GALEGAS

Ola a todos:

Lembrade que o vindeiro día 15 de maio (este venres) celebraremos a festa das Letras Galegas en Campo Maneiro, xunto co 1º ciclo de primaria do Brea Segade. Coma tódolos anos haberá:

- carreira de nenos (por niveis) e carreira de adultos

- construcción do maio

- homenaxe a Ramón Piñeiro

- merenda.

Entrenade ben para a carreira, pero non esquezades que o máis importante é participar: o premio vai ser igual para todos, independentemente do posto no que se chegue.

Boas Letras. Un bico grande.                  jose

Distribuir contido