2008-2009

Da Escola de Cruceiro a Iñobre e A Senra

Hoxe, acompañados por algúns familiares, fomos dar un paseo polas aldeas de Cruceiro, Iñobre e A Senra. Son das que están máis preto da escola sen ter que acercarnos á estrada comarcal que une Padrón e Boiro.

Polo camiño saudamos ós veciños e observamos parte do seu traballo ( como escunchaban os mexillóns da rocha, os cestos que fai o avó de Lía, ...).

Vimos cruceiros de capeliña e cruces de pedra, graneiras, reloxos de sol, lavadoiros,a capela do pazo de Vista Real...e as fermosas vistas que se observan dende alí.

   
   
   
   

Tamén fomos convidados a entrar na casa de Irene e Cesar para visitar o pombal, coa súa nova moradora, a araña branca. Coñececimos ós parrulos que van ter crías dentro dunha semana e o niño que fai tódolos anos un paxaro no alpendre. Vimos un arado de madeira e escoitamos a historia do pazo, a capela e a señora de Vista Real

   
   


Merendamos, xogamos, descansamos, aprendemos, camiñamos e cansamos.

   

Foiche unha boa aventura!!

 

 

PRIMAVERA

 

Mirade que fermosas están as árbores en Outeiro!

QUE VEN O COCO!

QUE VEN O COCO!!, DIXEMOS ONTE NA ESCOLA.

PERO NON ERA O COCO CO QUE NOS TEMPOS DE ANTES ASUSTABAN ÓS MENIÑOS. ERA O COCO FROITO DA COCOTERA!!

CANDO VIÑERA SANDRA, A MAMÁ DE PATRICIA, FALARNOS DA REPÚBLICA DOMINICANA, XA NOS DIXERA QUE HABÍA DE TRAERNOS UN. E ASÍ O FIXO.

O COCO NON VIÑA DA REPÚBLICA DOMINICANA. SANDRA MERCOUNO NO SUPERMERCADO E DESCUBRIMOS A SÚA PROCEDENCIA LENDO A ETIQUETA QUE TRAÍA PEGADA.ESTE COCO MEDRARA EN SRI LANKA, UNHA ILLA DO OCEANO ÍNDICO, ASIA.

SANDRA DÍXONOS QUE OS COCOS QUE ELA COMÍA NA SÚA ILLA CARIBEÑA ERAN MOITO MÁIS GRANDES. CONTOUNOS TAMÉN QUE SE OS TIRAS CON FORZA CONTRA O CHAN PODEN REBOTAR SEN ROMPER E AMOSOUNOS COMO FAI PARA ABRILOS, APROVEITÁNDOLLE TODA A AUGA QUE CONTÉN.

   

PRIMEIRO FAILLE DOUS BURATOS PARA LLE PODER BALEIRAR TODO O LÍQUIDO.

DESPOIS GOLPÉAO CONTRA UNHA PEDRA GRANDE PARA PODER ABRILO.

  E POR ÚLTIMO TROCÉAO PARA PODER COMELO.

   

SANDRA ADEMÁIS DE DEIXARNOS O COCO PARA QUE O COMÉRAMOS, DEIXOUNOS UNHA PREGUNTA PARA QUE NOS " COMÉRAMOS O COCO ":


COMO ENTROU DENTRO DO COCO TANTA AUGA?

ENCONTRO CON CONCHA BLANCO, BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

Sábado día 4 de Abril

Na Biblioteca Municipal de Rianxo, no Pazo de Martelo

Ás 12 da mañán

 

Dentro das actividades programadas para a Campaña Abril mes dos libros, a Biblioteca Municipal de Rianxo organiza este encontro coa escritora Concha Blanco.  O enconto vai dirixido sobre todo ao público infantil mais é aberto a que desexe participar nesta actividade de animación á lectura.

Concha Blanco é profesora no Instituto Agra de Raices de Cee e é escritora de literatura infantil e xuvenil. É autora de entre outros títulos:

  •  Contos para a escola, 1981
  • Cousiñas para a escola, 1984
  • A vaca titiriteira, 1991
  • A bruxiña da sorte, 2.005
  • Poemas para pintar, 2.006

E XA PASOU O INVERNO!

 

 

 O inverno segundo Rafa
 O inverno segundo Marco
   
O inverno segundo Alex
 O inverno segundo Anxo
 

 

 O inverno segundo Marta O inverno segundo Brais 
   
 O inverno segundo Miriam  O inverno segundo Gabriel
   
 O inverno segundo Tamara O inverno segundo Aaron 
   
 O inverno segundo Noel O inverno segundo Nerea 
   
 O inverno segundo Raquel O inverno segundo Lidia 

X. M. Brea Segade

Na fachada da nosa escola temos colocada unha placa en honor de Xosé María Brea Segade.

Brea Segade naceu no ano 1904 en Iñobre (Taragoña), pero logo foi vivir a outro lugar desta parroquia: ó lugar de A Coviña, onde o seu pai, coñecido como o " Tenente", montou o primeiro café que funcionou en todo o Concello de Rianxo.

Brea Segade é coñecido como escritor, fundamentalmente poeta, pero nós coñecémolo tamén porque uns anos antes de morrer, no 1934, foi mestre na escola do Pósito de Pescadores.

 Nun principio esta escola estaba situada no local do actual estanco de Campo de Pazos, pero máis tarde trasladouse ó edificio da Escola "Rosalía de Castro" feita pola  "Sociedad Hijos de Taragoña en Argentina " no ano 1929.

Sabedes que escola é esta ...?

Pois a nosa Escola do Cruceiro do C.R.A. de Rianxo!!

Queremos despedirnos cun fragmento dun poema de Brea Segade:

" Eu sonche rapaz de abordo,

pero sei moito de mar.

Téñoche un cesto de amor,

¡ mira que inda son rapaz...!

Laura, Yaiza, Desi, Irene, Patricia, Andrea, Rubén, Silvia, Cesar, Borja, Jorge, Aitor e Sol

 

Reunión Xeral 31 de marzo do 2009

Orde do día da reunión:

  • Itinerancias especialistas 2º trimestre: ide traendo a kilometraxe realizada
  • Entrega de Boletíns de cualificacións aos titores/as das escolas
  • Entrega de certificados: Coordinación de Ed. Infantil ano 2007 - 2008 e Coordinadores de titores en prácticas
  • Propostas para a festa de fin de curso deste ano
  • Entrega de solicitudes de admisión á secretaría do centro por parte das titores das escolas
  • Arranxos
  • Sesión de actividades varias.

ABRIL, MES DOS LIBROS

 

Mes de abril.

Cando comeza: " Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil " ( 2 de abril ), cando está xa para rematar: " Día Internacional do Libro " (23 de abril ).

Polo medio: días de conversas, días de contos, días de historias, días de cantigas, días de música, días de poesía, días de natureza, días de vida ...días de libros.

Abril, outro mes de libros.

       

 

             

( Pousa o cursor enriba das imaxes se queres saber o título e a editorial)

Queredes compartir neste mes comigo a lectura destes libros?

Queredes recomendarme a lectura doutros libros?

Non deixedes de escribir.

O voso amigo:

Daniel

TRABALLO EN EQUIPO

O xoves a Escola de Cruceiro encheuse. A partir das doce e media viñéronnos acompañar mamás, papás, irmáns, curmáns...

Tiñamos algo moi importante que facer: tiñamos que traballar en equipo.

Quitámoslle as malas herbas ás plantas do patio, plantamos e replantamos, recollimos o abono que fomos facendo ó longo destes cursos no composteiro, sachamos, rastrillamos, sementamos...

Dá gusto traballar en equipo!!!

( Bueno, Mikel, o bebé de Aitor, traballar non traballou, pero animounos a facelo, despois de comprobar o pequerrecho que é él e o maiores que somos nós)

   
   
   
   
   

Fornos

OLA, SON LAURA.

QUÉROVOS AMOSAR O FORNO QUE CONSERVAMOS NA MIÑA CASA.

FAI TEMPO ESTABA INSTALADO NUNHA CONSTRUCCIÓN ANEXA Á CASA, ONDE TAMÉN ESTABA A ARTESA, NA QUE SE AMASABA O PAN.

O PAN COCÍASE UNHA VEZ Á SEMANA, DESPOIS DE MOER O MILLO NO MUÍÑO.

A FAMILIA DA MIÑA AVOA TIÑA DEREITO A MOER NO MUÍÑO DE FRANCUÍN AS 24 HORAS DE TÓDOLOS XOVES DO ANO.

NA MIÑA CASA TAMÉN SE CONVERVAN UN GRAN LAGAR E UN CARRO DE VACAS.

NON PODO DEIXAR DE AMOSARVOS A FOTO DO CARRO PORQUE A AVOA E MAMÁ MONTÁRONNO ADREDE PARA FOTOGRAFALO.

VEDES OS PAUS ÓS QUE ESTOU AGARRADA?

SON OS FUNGUEIROS QUE AGUANTABAN AS CANIZAS ONDE SE DEPOSITABA A CARGA.

A MIÑA AVOA E OS SEUS IRMÁNS SUBÍAN CO CARRO Ó MONTE E CARGÁBANO DE MOLIME PARA ESTRAR AS VACAS.

(Texto recollido da explicación ofrecida por Puri e Laura ós seus compañeir@s)

Distribuir contido