Educación Física

3 anos inesquecibles ao voso carón

 

Chegou o final de curso e con él, o momento de analizar todo o que aprendemos ao longo do curso e tamén, das despedidas.

 

Como ben sabedes, a mín, o profe Álex (como me dicides a maioría de vós), déronme destino máis preto da miña casa no CEIP Mesón do Vento e para o ano xa non vou a formar parte da famila do CRA de Rianxo. Co cal, gustaríame despedirme de vós agasallándovos cun vídeo cheo de momentos marabillosos onde vemos a nosa evolución en Educación Fisica, momentos todos eles, que sempre ocuparán un lugar moi especial no meu corazón.

Ademais das propias clases de Educación Física, tratouse de artellar un conxunto de actividades que promoveran estilos de vida saudables relacionados co exercicio físico, a alimentación equilibrada e o emprego saudable do tempo libre.

Quérovos agradecer tanto a compañeir@s, nais/pais/familias, alumn@s e a toda a comunidade do CRA de Rianxo por involucrarvos tanto en todas e cada unha das actividades que se propoxeron dende a miña área, e sobre todo, por facerme sentir tan querido, mellor mestre e, por suposto, mellor persoa.

 

Sodes xeniais, non cambiedes nunca!

 

Mil grazas por todo, saúde e terra irmáns!

 

 

 

 

 

Podedes descargar o vídeo na seguinte ligazón: https://dl.dropboxusercontent.com/u/168280162/Recordos%20CRA%20de%20Rianxo%203.mp4

POLIDEPORTIVO

ACTIVIDADES NO POLIDEPORTIVO PARA REMATAR O 2º TRIMESTRE

BOCADILLOS DE MAR

DENDE O 11 AO 15 DE ABRIL NAS AULAS DO CRA DE RIANXO, E GRAZAS Á COLABORACIÓN DE CONSERVAS CORTIZO,  ESTANSE PREPARANDO NA HORA DA MERENDA DISTINTOS TIPOS DE BOCADILLOS ELABORADOS A BASE DE CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR.

ESTA ACTIVIDADE ENMARCASE "PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA", CAMPAÑA DESEÑADA POLA CONSELLERÍA DE MAR EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A CONSELLERÍA DE SANIDADE CO OBXECTO DE PROMOCIONAR AS MÚLTIPLES VIRTUDES DAS CONSERVAS DE PRODUTOS DO MAR

ACTIVIDADE NO POLIDEPORTIVO

AS AULAS DO CRA DESENVOLVERON NA ÚLTIMA SEMANA DO TRIMESTRE UNHA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN FÍSICA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE RIANXO,
NA QUE PUIDEMOS ACHEGARNOS AO BALONCESTO, Á "NATACIÓN SINCRONIZADA" E OUTRAS DISCIPLINAS OLÍMPICAS.

XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP "ANA Mª DIEGUEZ"

NA MAÑÁ DO 17 DE XUÑO, ORGANIZADA POLOS DEPARTAMENTOS DE EDUCACIÓN FÍSICA DOS CENTROS EDUCATIVOS, REALIZOUSE UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA DAS AULAS DO CRA DE RIANXO COAS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL  E 1º E 2º CURSO DE PRIMARIA DO CEIP "ANA Mª DIEGUEZ" DE ASADOS.

Educación en saúde

Promovido polo programa de Educación en Saúde do Cra de Rianxo, e grazas á colaboración de Conservas Cortizo, desenvolvéronse nas nosas aulas distintas actividades de degustación de alimentos do mar en conserva.

A PRIMEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

HOXE É A PRIMEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA DESTE NOVO CURSO

E ESTAMOS MOI IMPACIENTES AGARDANDO AS DIFERENTES ACTIVIDADES

QUE O MESTRE ALEX NOS TEN PREPARADAS!!!

 

PERO...NO NOSO PATIO EXTERIOR COMEZOU A CHOVER

E TIVEMOS QUE REMATAR A SESIÓN DENTRO, NA SALA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Sesión de Paracaídas

Bos e saudables días!!!

Espero que estiverades a realizar un pouquiño de actividade física este fin de semana, xa que, o tempo deunos unha tregua.

Agora dispóñome a explicar unha sesión que levamos a cabo no primeiro trimestre co Paracaídas, na que tratamos de potenciar aspectos como a cooperación, o traballo en equipo, respecto polas normas e a importancia do colectivo.

Primeiro, na fase de información, aprendemos as normas básicas do paracaídas que son:

- Agarralo polas asas.

-Non pisalo, nin arrastralo polo chan.

-Manter o paracaídas tenso para unha maior diversión.

Logo comezamos, na fase de animación, para familiarizarnos co obxecto, con xogos moi divertidos coma o “Tio-vivo” no que tod@s agarran o paracaídas e semellan ser un tio-vivo que se move para un lado e o outro pero sempre, de xeito circular e mantendo a tensión do mesmo.   Logo, comezamos a “subir e baixar” o paracaídas e posteriormente xa eramos capaces de saudar aos compis cando o subían.

Despois, na fase principal, fixemos xogos coma “Terra, Mar e Aire” onde colocabamos o paracaídas onde o propuxera o mestre (Terra na cintura, Mar no chan e aire por enriba da cabeza) ; logo houbo momentos de “Tempestade e calma”, na tempestade tod@s @s nen@s axitaban o paracaídas sen parar, na calma, relaxabámonos un pouquiño, fixemos a “Ola” e xogabamos “ás cores”, un nen@ dicía unha cor e @s que tiveran unha prenda desa cor tíñanse que intercambiar a posición cando o paracaídas estaba a subir.

 Xa para rematar, na volta á calma, coa axuda de tod@s @s alumn@s creamos un” Iglú” co paracaídas e comezamos a contar historias dentro del, incluso, nunha desas historias, @s nen@s tiñan que chamar polo buratiño do iglú ao lobo e ao final, este viña...que medo!!!

Déixovos agora coas mellores imaxes desta sesión en Quintáns:


 

Boas pequen@s deportistas!!!

Son o voso mestre Alex, de Educación Física e Psicomotricidade, e este vai a ser o noso recuncho web.  Poderedes ver e recordar algunhas das sesións e actividades que estamos a realizar durante este curso e, en definitiva, un espazo onde aprender un montón de cousas relacionadas coa actividade física e o deporte.

Como pratos iniciais, aproveito para amosarvos dúas ligazóns creadas por min:

 

 

Agardo que vos gusten e que desfrutedes moito con elas!!!Guiño

MENS SANA...

DICÍAN OS ROMANOS:

 "MENS SANA IN CORPOREN SANO"

NÓS PODEMOS DICIR :

"MENTE SANA NUN CORPO SANO"

Distribuir contido