2008-2009

Visita ao Colexio Castelao

 

 

Os nenos e nenas de 2º de E.P. das escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza, visitan o colexio Castelao, e conviven unha xornada cos nenos e nenas que o vindeiro curso serán seus compañeiros e compañeiras.

 

VER FOTOS DA VISITA

 

UNHA ALBORADA INESPERADA

HOXE, EN PAZO, TRABALLÁBAMOS ARREO COMO TÓDOLOS DÍAS.

CANDO, DE SÚPETO, COMEZAMOS A ESCOITAR UNHA MÚSICA.

SABEDES QUE ERA? ERAN OS GAITEIROS QUE VIÑAN TOCANDO A ALBORADA.

Ó VERNOS, PARARON DIANTE DA NOSA ESCOLA E ADICÁRONNOS UNHA PEZA.

COMO NOS GUSTOU!!!  MOITAS GRAZAS 

LOGO SOUBEMOS QUE ERA O DÍA DE SANTA RITA E QUE Á NOITE HAI FESTA EN RIANXO

 

A Capela de San Pedro e a Fonte da Tixola

OLA, EU SON NEREA.

QUÉROVOS ENSINAR A CAPELA DE SAN PEDRO DE VILAS.

OS MEUS AVÓS CONTÁRONME QUE FAI MOITOS ANOS ESTA ROMARÍA

ERA MOI IMPORTANTE E QUE HABÍA MOITA XENTE:

POLA MAÑÁ VIÑAN Á MISA E LOGO QUEDABAN A COMER NO MONTE 

E NON MARCHABAN ATA A NOITE.

OS GAITEIROS TOCABAN TODA A XORNADA. 

 

Preto do lugar de Vilas (Asados) e do Barral atópase esta capela rodeada dunha fraga de piñeiros.

 Foi reconstruida no 1671 polo que a súa orixe debe ser moi antiga

MONTE ABAIXO, DETRÁS DA CAPELA,

HAI UN REGATO CUNHA FONTE.

É A FONTE DA TIXOLA.

CHÁMASE ASÍ PORQUE TEN FORMA DE TIXOLA, CON MANGO E TODO.

O DÍA DE SAN PEDRO É O 29 DE XUÑO. ANTES, A ROMARÍA FACÍASE

O MESMO DÍA, AGORA FAISE O SÁBADO MÁIS PRÓXIMO.

ESTE ANO VAI SER O 4 DE XULLO.

TEÑO MOITAS GANAS DE QUE CHEGUE ESE DÍA PORQUE HABERÁ

UNHA ROMERÍA MOI GRANDE E VOU IR COS MEUS PAIS E AVÓS.

GUSTARÍAME QUE  POUCO A POUCO VOLVESE A SER COMA ANTES. 

                 A familia de Nerea

 

A praia do Pazo

OLA, SON DIEGO E TEÑO 5 ANOS.  VOU Á ESCOLA  DO PAZO.

PRETO DA MIÑA CASA E DA NOSA ESCOLA

ESTÁ A PRAIA DO PAZO.

CANDO O RÍO TÉ CHEGA Ó MAR DEIXA  Ó LADO ESQUERDO

ESTA PRAIA TAN BONITA, 

(e á marxe dereita deixa A PRAIA DA TORRE).

A PRAIA DO PAZO ESTÁ Ó LADO DO CASTELO DA LÚA E  DO PASEO MARÍTIMO

QUE VAI DE RIANXO Á PRAIA DA TORRE.

ANTIGAMENTE ESTA PRAIA RECIBÍA O NOME DA PRAIA DA BOCA DA TORRE.

OS NOSOS ANTERGOS COLLÍAN ALÍ BERBERECHOS, LONGUEIRÓNS, AMEIXAS, CARAMUXOS E MEXILÓNS.

(na actualidade non se permite)

A praia do Pazo conta con magníficas visitas á ensenada de Rianxo 
  
O paseo marítimo vai por enrima da praia e moi preto dela pódense atopar
estes monolitos onde hai poemas de Manuel Antonio, un dos nosos ilustres poetas (ben chamado Poeta do Mar)
                                                                      
 SUSANA E DIEGO

Os nenos e nenas do Castelao visitan as escolas do C.R.A.

Os nenos e nenas de 2 º A e 2ºB do C.E.I.P. do Castelao, visitan as escolas do C.R.A. de Rianxo. Os nenos de 2º A cos nenos de Pazo e de Abuin foron á escola de Rañó e os nenos e nenas de 2º B e os nenos de Quintáns foron á escola de Vacariza.

 

NEREA   que é unha nena de 2º B, e que visitou a escola de Vacariza dixo:paseino moi ben

NOELA que tamén é unha nena de 2º B e que tamén estivo na escola de Vacariza: Gustáronme moito os xogos

O Castro Barbudo

♣   ♣   ♣  
♥   ♥   ♥
♣   ♣   ♣

Colaboracion da Biblioteca coa Revista Escolar

O departamento de Biblioteca colabora na  Revista Escolar "Cousiñas do noso C.R.A." cos materiais que se insertan no seguinte enlace:

COLABORACIÓN COA REVISTA ESCOLAR

Estes materiais incluen unha carta de Daniel e unha colaboración do Escritor García Teijeiro

Departamento de Biblioteca

Maio de 2.009

CARREIRA DAS LETRAS

 

O venres fomos a carreira das letras.

Pasámolo moi ben.

E deronnos unhas medallas moi chulas.

 

RAÑÓ 19 DE MAIO 2009.

ÁNGEL, ISMAEL E SILVIA.

LETRAS GALEGAS 2009

As primeiras mostras literarias en galego datan do século XII

Entre este século e o s. XIV o galego convértese na lingua por excelencia de toda a lírica da península ibérica. Deste período datan as cantigas de amigo, de amor e de escarnio.

Neste ano de 2009, xa no século XXI, seguimos facendo posible (na escola, na casa, na rúa,...) que o galego sexa a nosa lingua.

E para seguir celebrando as Letras Galegas 09, nada mellor que facerse acompañar da lectura dalgún libro.

Deixovos aquí recomendados algúns para os máis pequechos da casa...

     

e outros para os maiores...

     

O voso amigo

Daniel.

 

Distribuir contido