O muiño dos Paus do Cura
O MUIÑO DOS PAUS DO CURA
PRETO DA FONTE DO MOURO, NO LUGAR DE VILANUSTRE (ASADOS)
ATÓPASE O MUIÑO DOS PAUS DO CURA
ESTE MUIÑO É UN DOS MÁIS GRANDES DO CONCELLO E ATA FAI
POUCOS ANOS ESTABA HABITADO POLOS MUIÑEIROS.
Estas son as canles polas que entraba e saía a auga para o muiño.
NESTE LUGAR HAI UNHA PONTE QUE UNE VILANUSTRE COA LAXE
(no lugar de Taragoña)
»
- APIs de Blogue
Este é o muiño de Francuin?
Eu estiven neste lugar, que está como indicades moi pero do Río Té, á altura da ponte que como dicides une a aldea de Asados de Vilanustre coa aldea de Taragoña de A Laxe, mais eu pensei que se trataba dos Muiños de Francuin, non están por aquí eses muiños??
Un saudo
Tobías
Muiño dos Paus do Cura ou de Francuín
Ola Tobías
É moita a xente de Asados que coñece estes muiños como os dos Paus do Cura, pero como ben expós, tamén recibe o nome do muiño de Francuín. Trátase pois do muiño onde estiveches, un lugar que merece a pena visitar.
Paula