Petroglifos

Cervo petroglifo dos Mouchos

Fotografía no petroglifo dos Mouchos (retocada para realzar o grabado)

Son gravados rupestres ao aire libre, dátanse na Idade de Bronce, uns 3.000 ou 4.000 anos A.C.. Localízanse sobre rochas graníticas e hai unha variedade grande de motivos: animais, figuras xeométricas, raramente figuras humanas.

Ríanxo é un concello moi rico en achádos de estacións de petroglifos, algúns como os da Foxa Vella ou os dos Mouchos cunhas singularidades  en canto a motivos e conservación importante.

Os incendios, as diversas obras, pistas, estradas, construccións, son na actualidade unha ameaza moi seria para a permanencia e pervivencia destes restos arquolóxicos únicos.

 

PETROGLIFO DOS MOUCHOS - BRIÓN LEIRO  este conxunto de grabados, petroglifos,  están  situados na aldea de Brión, parroquia de Leiro, moi cerca da pista á Praia das Cunchas, nun camiño que a esquerda se interna no monte. Son moi interesantes as representación de cervos.

PETROGLIFO DA FOXA VELLA MONTE DAS BARRAS LEIRO. este petroglifo atópase no monte das Barras moi cerca do lugar onde a pista do monte que vai de Leiro a Asados se atopa coa Vía do Barbanza. Nesta zona hai máis grabados sinalizados polos comuneiros do Monte de Asados. Este petroglifo da  Foxa Vella foi estudado por investigadores da Facultade de Xeografía e Historia coa colaboración de veciños da parroquia de Leiro, esta investigación abranguiu estes petroglifos e as Mámoas dos Campiños, que se atopan cerca  deste lugar, todos estes xacementos están es estado de bastante abandono e risco por causa dos incendios, do descontrol da vexetación, da apertura de pistas forestais, e coa construcción da propia Vía do Barbanza. .