Selección de marzo

Chegou marzo e con el ...

(clica no título para seguir lendo)

...o  noso estante de recomendacións enchiuse de historias e biografías sobre mulleres destacadas que nos siguen recordando a importancia de conmemorar o Día da Muller. Tamén hai oco para contos sobre o Consumo e a Prensa. Rosalía, tampouco abandoou o estante xa que viaxaremos a Padrón a coñecer o seu último fogar. E, ademais, incluímos 2 novas adquisicións: "A pita xefa" e a sua revolución no poleiro; e "O herbario de Rosalía" onde deleitarnos coas fabulosas imaxes das prantas que inspiraron as verbas de Rosalía.