2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O VENRES 5 DE XUÑO, COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DESPLAZARASE ATA A PRAIA DE TANXIL, EN RIANXO, PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL.

4ª SEMANA DA FROITA

SANDÍA, LARANXA, MAZÁ, NECTARINA E PLÁTANO

FORON AS FROITAS ELEXIDAS PARA ESTA CUARTA E ÚLTIMA SEMANA DA FROITA DESTE CURSO.

AARON VISITA A REPÚBLICA DOMINICANA

 

 

 

FAI UNS DÍAS AARON E A SÚA FAMILIA VISITARON A REPÚBLICA DOMINICANA.

 

TROUXONOS MOITAS FOTOS E ALGUNHAS COUSIÑAS QUE GARDARÁ COMO RECORDO DA SÚA VIAXE.

CONTOUNOS QUE ALÍ HABÍA MOITAS PALMEIRAS E MOITOS COCOS, QUE VEU CORAIS,...

VIAXOU NUNHA LANCHA A UNHA ILLA CERCANA E ALÍ EXPLICÁRONLLE COMO NACEN AS TARTARUGAS

E COMO CHEGAN AO MAR (NON TODAS...A ALGUNHAS CÓMENAS OS PAXAROS)...

VISITOU OS MERCADOS TÍPICOS DESTE PAÍS E COÑECEU ALGUNHAS FROITAS

DISTINTAS ÁS QUE HAI AQUÍ...E BEBEU COCO!!!

 

AARÓN PASOUNO MOI BEN E NÓS AGRADECÉMOSLLE

QUE QUIXERA COMPARTIR CONOSCO ESTA EXPERIENCIA

O ESPANTALLO AMIGO

HOXE FOMOS AO AUDITORIO DE RIANXO PARA VER A OBRA "O ESPANTALLO AMIGO" DE NEIRA VILAS E REPRESENTADO POR "OS QUINQUILLÁNS". A OBRA GUSTOUNOS MOITO, RIMOS MOITO COAS AVENTURAS DO ESPANTALLO E OS AMIGOS QUE ÍA FACENDO: OS MERLIÑOS, O CAN, O GATO,...

 

ADEMÁIS ANTES DA OBRA FIXEMOS UNHA FOTO CO ESPANTALLO QUE FIXO A ESCOLA DE OUTEIRO!

 

 

 

 

 

DESPOIS DA OBRA FOMOS Á BIBLIOTECA MUNICAL E Á CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO

ÚLTIMA SEMANA DE FROITA

A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO CELEBRAMOS NO CRA DE RIANXO A ÚLTIMA SEMANA DA FROITA. TOD@S @S NEN@S DO CRA DISFRUTAMOS DE FROITA VARIADA.

 

ESPANTALLO AMIGO

A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" DO CRA DE RIANXO TEN PLANIFICADO UN PROGRAMA DE ACERCAMENTO Á FIGURA DO RECOÑECIDO ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS , A TRAVÉS DA OBRA CLÁSICA DA LITERATURA GALEGA "ESPANTALLO AMIGO"

UNHA DAS ACTIVIDADES PLANIFICADAS É A ASISTENCIA Á ADAPTACIÓN TEATRAL DESTA OBRA A CARGO DA COMPAÑÍA "OS QUINQUILLÁNS" O XOVES 28 DE MAIO NO AUDITORIO MUNICIPAL

XOGOS DE LETRAS

ACEPTAMOS A CONVIDACIÓN DE ELECTRA E FOMOS VISITALA A PADRÓN PARA SEGUIR XOGANDO COAS LETRAS, COÑECER AOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS NO MUSEO E ADMIRAR OS DEBUXOS EXPOSTOS

PARA PROTEXERNOS

TAMÉN OS BOMBEIROS REGRESARON Á ESCOLA PARA LEMBRARNOS AS NORMAS BÁSICAS DE AUTOPROTECCIÓN EN CASO DE PERIGO NA AULA.

CONTAMOS CON VÓS

UN CURSO MÁIS, ALUMNOS E ALUMNAS DO INSTITUTO VIÑERON CONTARNOS CONTOS Á ESCOLA.  NÓS ESCOITAMOS E DEIXÁMONOS SORPRENDER...

Distribuir contido