O curso 2008-09 comeza

O día 11 de Setembro  comeza o curso escolar 2008-09. Dende o día 1 de Setembro o profesorado do C.R.A. tense reunido para preparar o inicio do Curso Escolar  en cada unha das escolas C.R.A. de Rianxo.

Ao claustro incorpóranse 10 profesoras novas, e ao centro 37 alumnos e alumnas novaS.

A todos e a todas e as familias dámosvos a benvida, e desexamos que o curso que comeza constitua unha experiencia fermosa, plena e compartida para todos e todas.

O PROFESORADO DO C.R.A. DE RIANXO