2008-2009

AULA DE MÚSICA -BIBLIOTECA

DE NOVO FOMOS A AULA DE MÚSICA

¡ QUE DIVERTIDO FOI TODO !

OS XOGOS,PROBAR OS INSTRUMENTOS..

 

 

TAMÉN ESTIVEMOS NA BIBLIOTECA

DONDE NOS ESPERABA "A BRUXA REGAÑADENTES"

CON UN CONTO DE MOITO, MOITO MEDO... 

 

 

 

 

 

Equipo de Biblioteca 3 de Febreiro de 2.009

Membros do equipo: Sol Beiroa Troiteiro, Ana de Castro Corral, María Rodríguez León, Mª Belén Vázquez Freire, Tobías Betanzos Rego.

Asuntos e acordos:

  1. Clasificación de fondos: ante a dúbida a respecto dos libros que narran algún conto ou historia utilizando recursos poéticos: versificación ou   rima, acórdase clasificar estes libros no grupo de poesía (82-P, según adaptación da C.D.U., realizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares)
  2. Utilización dos fondos bibliográficos adquiridos con pola  Biblioteca do centro a suxerencia dalgún departamento. Estas fondos depositaranse na Biblioteca, podéndose utilizar por todo o profesorado, salvo aqueles que necesite reservar o departamento para o seu uso.
  3. Valoración da Semana de Biblioteca, celebrada a semana do 26 ao 29 de xaneiro, coincidindo coa semana de Música na Sede. Faise unha valoración moi positiva e satisfactoria do desenrolo das actividades. Sol pide que poida haber unha continuidade das actividades de animación á lectura a través da web.

En Rianxo a 3 de Febreiro de 2.009

A BRUXA REGAÑADENTES

NA ESCOLA DE CRUCEIRO FIXEMOS VARIAS SESIÓNS DE PLÁSTICA A PARTIR DA ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA EN ASADOS. NUNHA DELAS QUIXEMOS RETRATAR A BRUXA: O NARIS E O PETEIRO AFIADOS, OS DENTES DE FERRO, A MIRADA MALVADA E FALSA...

AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚNS DOS TRABALLOS QUE PUIDEMOS COPIAR NO ORDENADOR.

   
   
   

 

Reunion Orientadores do Concello 3 de Febreiro de 2.009

MEMBROS:
Orientador C.E.I.P. Castelao      Fernando
Orientadora do C.E.P. Brea Segade e Ana María Dieguez     Pepa
Orientador do C.R.A. de Rianxo    Tobías
Orientadora IES.
DATA:
Martes 3 de Febreiro de 2.009
LUGAR:
C.E.I.P. Castelao
HORA :
9:30 horas.
ASUNTOS E CONCLUSIÓNS
1.    Reunión anterior (13 de xaneiro) Coméntase
2.    Programación de actividades conxuntas.
a.    Visita dos alumnos/as do Castelao ás Escolas: estase pendente da reunión do equipo de Ciclo de E.P. do C.E.I.P. Castelao
b.    Planificación Día das Letras en Campo Maneiro: dende o C.E.P. Brea Segade cóntase con participar como xa se fixo o curso pasado, Tobías dende o C.R.A. poñerase en contacto coa profesora de E. Física, ao obxecto de concretar as actividades da xornada.
3.    Coordenación entre o profesorado:
a.    Coméntase o correo remesado dende o C.R.A., no que se comunicaba o interés do profesorado do C.R.A. na reunión e a proposta de que esta se celebrara con antelación ao fin do presente curso.
b.    Despois dunha breve valoración proponse, por parte dos orientadores/as  que se celebre ao remate da 2ª avaliación, en concreto na última quincena de Abril:
i.    Por parte do Colexio Castelao hai interés dos titores de 2º e de 3º de E.P. en asistir, e valórase que a reunión se realice fora do horario lectivo polas dificultades organizativas que supoñería facelo dentro do horario lectivo, como datas posibles suxírense o luns 20 ou o luns 27 do mes de Abril, en horario de 16:00 a 18:00
ii.    Por parte do Colexio Brea Segade, infórmase que é posible realizar a reunión en horario lectivo, e asistirían as titoras de 1º, 2º e 3º de E.P.
iii.Por parte do C.R.A., infórmase que se trasladarán as propostas concretas ao profesorado, que por parte das titores hai interés en participar na reunión, e que previsiblemente participen as titoras das escolas das que se trasladan alumnos/as.
c.    Como asuntos da reunión propoñense:
i.    Contidos mínimos para a promoción
ii.    Informacións trasladasdas nons expedientes persoais
iii.A diversidade na organización das aulas nos centros.
d.    Valórase como importante que a reunión amáis de servir para compartir as preocupacións e dificultades a respecto dos alumnos que se trasladan de centro, sirva de punto de inicio de novas comunicacións que deberán en cursos posteriores, valórase que ao menos deberá haber un encontró cada curso.
4.    Planficación e desenrolo das Avaliacións de Diaganóstico. Coméntase sobre a organización desta avaliación que atinxirá aos alumnos/as de 4º de E.P.

En Rianxo a 2 de Febreiro de 2.009

AMIGO DANIEL

DANIEL FIXEMOSCHE UN DEBUXO.ESPERARAMOS QUE CHE GUSTEN.Desi e todos nos

PARECECHE QUE SAICHES GUAPO?

   
   
   
   
   
   

Día da Paz

Os Nenas da Escola de Quintáns

queremos axudar a que haxa máis Paz

 Fotografía Pomba da Paz en Quintáns

 

 Queremos:

PORTARNOS BEN

SER BOS

NON PELEXAR

XOGAR XUNTOS

 

Dende Abuin, para un Mundo Mellor

Día da Paz en Abuin

 
Escola de Abuin

 

Escola de Abuin

 

Queremos

AMOR

COIDAR O PLANETA

AMIZADE 

 

DIA DA PAZ

   

 

   

 

 

 

HOXE LEMOS UNHAS POESIAS QUE FALABAN DA PAZ.

TAMÉN LEMOS OS LIBROS "O HOMIÑO DE PAPEL" E "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA".

DESPOIS FIXEMOS UNS DEBUXOS E UN CARTEL.

ESPERAMOS QUE ALGÚN DÍA TODOLOS NENOS E NENAS DO MUNDO SAIBAN O QUE É A "P A Z

 

POR QUE TODOLOS DÍAS SEXAN O DÍA DA PAZ

NESTES DÍAS QUE LEMBRAMOS A PAZ (SEN ESQUECER QUE OS DÍAS DA PAZ DEBEN SER TODOS)

LEMOS NA ESCOLA DO PAZO DOUS CONTOS: "O HOMIÑO DE PAPEL" E "A BIBLIOTECARIA DE BASORA".

OS DOUS NOS GUSTARON MOITO.

UN POUQUIÑO MÁIS O HOMIÑO DE PAPEL, A BIBLIOTECARIA DE BASORA É ALGO TRISTE.

FIXEMOS UNS DEBUXOS BEN BONITOS, OU NON?

 

 

  

 

 

 

 

QUERÉMOSLLE DAR AS GRAZAS A DANIEL POR TER LIBROS TAN BONITOS NA SÚA BIBLIOTECA E NÓS ÍMOSLLE  AXUDAR A COIDALOS COMO FIXO ALI (a bibliotecaria do conto)

ESTES SON ALGÚNS DOS NOSOS DEBUXOS DA BIBLIOTECARIA DE BASORA

 

 

 

 

Material de apoio á lecto-escrita

Material de apoio á lecto-escrita. Modelo de ficha para traballar dictados de frases para nenos e nenas que teñen dificultades de fragmantación. A ficha propón a realización das seguintes actividades sobre cada frase:

  1.  Escoitar con atención a frase: cun xesto: palmeo, patada no chan etc. sinalar as palabras.
  2. Escoitar a frase e poñer unha cruz en cada redondel, contar as cruces postas
  3. Escribir as palabras unha dentro de cada rectángulo.

Trátase dun material moi simple pero que pode ser útil, na iniciación de dictados ou para nenos/as que teñen dificultades de fragmentación. As actividades póndese introducir variante: no lugar de cruces poñer un punto se a palabra é curta e unha raia se a palabra é  longa, ou nos redondeis poñer unha raia por cada sílaba que ten a palabra.

Enlace ao material para descargar (utiliza a fonte /escolar/, polo que se non a tes instalada no ordenador debes tentar descargala e instalala, senón o documento non se verá adecuadamente)

Distribuir contido