2008-2009

S.P. "A Contorna de Rianxo" 28 de xaneiro de 2.009

Seminario permanente:“.A  CONTORNA DE RIANXO RECURSOS EDUCATIVOS E PROPOSTAS DIDÁCTICAS  PARA A AULA”
Data: Mércores 28-01-09
Centro:    CRA de Rianxo

Asuntos:
1.- Reunións anteriores (informe de 14 de xaneiro de 2009):  portal-web e o C.R.A., modificacións estructurais no portal – web, Unidade didáctica
2.- Actuacións feitas
Novo estructura e contidos no portal, comentar
A unidade didáctica concreción da súa estructura:
-textos a traballar (adaptación da narración de Castelao “A aldea abandonada”, tentar poner o texto no portal
-outros textos de autores cercanos: Faustino Rey Romero, de Isorna, José María Brea Segade de Taragoña
-Lenda e cantigas
-estructuración do Libro –web sobre Rianxo
-Actividades de exploración
-Os recursos TIC, para traballar a unidade: portal, contidos, software
- Estructuración dos materiais para o profesorado
- Estructuración dos materiais para os alumnos e alumnas.
As comunicación co claustro: reunión martes 20 de xaneiro e correo electrónico de Tobías
3.- Tarefas para realizar.

DÍA ESCOLAR POLA PAZ

COÑECEDES ALGÚN DESTES LIBROS ?
SABEREDES QUE NAS ESCOLAS E NA SEDE TEMOS UN MONTÓN DE LIBROS QUE TRATAN DE UN E MIL TEMAS DISTINTOS.
PARA ESTES DÍAS NOS QUE TANTO ESTAMOS A FALAR DA PAZ, DENDE A BIBLIOTECA DE ASADOS PROPOÑÉMOSVOS A LECTURA DALGÚN DESTES CONTOS.
QUE NOS PROPOÑEDES VÓS DENDE AS VOSAS ESCOLAS?

Semana Polideportivo

SEMANA POLIDEPORTIVO

2 AO 5 DE FEBREIRO

Luns 2: Capela e Outeiro
Martes 3 Quintáns, Rañó e Abuin
Mércores 4 Cuvide e Cruceiro
Xoves 5 Vacariza e Pazo.


Recollida na 1ª escola ás 9.00 e recollida no poli ás 13.10 (hai que ser moi puntuais).


A profesora de Educación Física

ESTE ANO OS REIS MAGOS....

TROUXÉRONNOS MOITAS COUSAS PARA A ESCOLA. CADA UN DE NOS

ABREU UN REGALO.SABEDES QUE ERAN?

 12 LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA, UN CARRIÑO DA LIMPEZA 

E UNHA PRANCHA COA SÚA MESA PARA A CASIÑA

 

                 

Como todolos xoves, Ángel foi o primeiro en chegar,

pouco a pouco chegaron todos os nenos e nenas. Menuda sorpresa!!!

Ben, algo xa esperabamos, pois fomos moi bos e escribímoslles

unhas cartas moi chulas.

                                                                      

                                                                       

Nerea contounos que Os Reis Magos  desembarcaron no nautico,

 e viñeron polo paseo. A nosa escola queda moi cerca e deulles tempo

 a pasar por aquí antes de marchar de novo para Oriente. 

No patio da escola vimos as pegadas dos camellos e algúns caramelos

 que lles caeron. Este ano seguiremos sendo igual de bos, 

vale a pena!! 

Materiais para a celebración do Día da Paz

 

Debuxo da Paz  - Capela 0607

No curso 06-07, elaboráronse os seguintes materiais ao redor do Día da Paz:

"As Normas da Paz", presentación Power Point con son, elaborada na Escola de Cruceiro.

"O Foguete da Paz", presentación Power Point con son, elaborada na Escola de Capela.

Esta presentacións están depositadas na Web Antiga do C.R.A., podedes acceder  a estes traballos no enlace que se inserta a seguir:

MATERIAIS PARA O DÍA DA PAZ

 

Debuxo Día da Paz Escola de Cruceiro

 

 

 

Podedes aportar máis traballos para compartir na web.

TÁBOA DE INFORMACIÓNS

DOCUMENTOS PARA A REALIZACIÓN DAS MEMORIAS DE FIN DE CURSO

  1. Departamento de Orientación

CONVOCATORIAS REUNIÓNS

S.P. "A Contorna de Rianxo"

  1. 28 de xaneiro de 2.009
  2. 18 de Febreiro de 2.009

ACTAS REUNIÓNS

Educación Infantil

  1. 20 de Xaneiro de 2.009

Educación Primaria

  1. 3 de Marzo de 2.009
  2. 18 de Decembro de 2.008

Equipo de Biblioteca:

  1. 3 de Febreiro de 2.009

Orientación

  1. Orientadora familiar do concello 26 de Marzo de 2.009

Coordenadora Orientación Rianxo

  1. 3 de Febreiro de 2.009

S.P. A Contorna de Rianxo

  1. 28 de Xaneiro de 2.009

INFORMACIÓNS E MATERIAIS:

  1. Boletín de Biblioteca Nadal 08-09
  2. Materiais para o Día da Paz
  3. Orientacións da Direccións Xeral de Orientación e Innovación Educativa para a elaboración de Programacións Docentes e  Informes de Avaliación Final (28 de xaneiro de 2.009) Documento PDF.
  4. Cancións do Entroido 2.009

EQUIPO E.I. Reunión 20 de xaneiro de 2.009

 En relación ao acordo que tomamos no equipo de infantil de deixar
aberta a posibilidade de reducir entre 2 ou 3 horas en función das
circunstancias de cada unidade, quero explicar que foi debido ao que
observamos este curso nas distintas escolas. Nalgunhas, so entraron
dous e adaptáronse moi ben. Noutras entraron moitos máis e foi difícil
a súa adaptación. En fin, xa sabemos que as circunstancias poden chegar
a ser moi diferentes... ( número de nenos, niveis ). Na xuntanza deste
martes volveuse a falar e pareceunos ben. Aínda se fixo outra
suxerencia, que estaría ben reducir unha hora con todo o grupo, como xa
se facía antes en xuño e setembro, para traballo de organización da
aula de cada mestre. Pero eso como vén dado no calendario escolar ...
De todas maneiras podemos seguir concretando os detalles. Saúdos.

A RESPONSABLE  DO EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

ADELA  NOVO  GUTIERREZ

RIANXO A 20 DE XANEIRO DE 2.009

 

 

EQUIPO DOCENTE DE EDUCACIÓN PRIMARIA 18-12-08

EQUIPO DOCENTE DE PRIMARIA

Membros asistentes:
-Ana Mª Varela Ferreiro (Inglés)
-Ana Mª Fernández Alfaro (Pedagoxía Terapéutica)
-Mª del Carmen Horta Insua (Primaria)
-Purificación Salgueiro Martínez (Infantil-Directora)
-Tobías Betanzos Rego (Orientador)
-Ana María de Castro Corral (Primaria)
-Maria Luisa Rodríguez Veloso ( Música)
-Enrique Gil Gil (Primaria- Secretario)
-Mª Josefa Otero Romero ( E.Fisíca-Xefa de estudos)

ASUNTOS DA ORDE DO DÍA
•    .Período de adaptación en infantil.
•    .Planificar saida ao planetario
•    .Acordar sobre novos libros de comprensión lectora.

ACORDOS E CONCLUSIÓNS
-Sobre a proposta que chega dende infantil, sobre o periodo de adaptación dos nenos e nenas de 3 anos (propoñen que sexa de 2 a 3 horas con libertade de elexir cada titora),pensase que e mellor que haxa uniformidade no tempo que podería ser:  
             1ª semana ----------------3 H
             2ª semana ----------------2 H

-A saida ao Planetario e Domus para o 11 de febreiro queda como sigue:
      -11:00 H chegada a Domus
     -11:00 -11:30 visita a Domus
     - 11:30 as 12:45 cine (os dinosaurios)
     - 13:00 as 13:45 xantar (temos reservado o comedor)
     - 13:45 as 15:30 Domus ou casa Ciencias
     -15:30 as 16:15 Planetario

  -Quedase en facer os cadernos de comprensión sobre os libros seguintes:
1.    “.Quen me quere adoptar.”(Xerais)
2.     “Os tres amigos” (Xerais)
3.     “O coche de carreiras” (Xerais)

Sen máis asuntos a tratar péchase a sesión as 18:30

En Asados a 18 de decembro do 2008

                         A coordinadora.: Ana María de Castro Corral

Libro de Rianxo

 

Porto de Rianxo

CONVIDACIÓN DE ANO NOVO

 

 
MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS :
NESTAS VACACIÓNS DE NADAL XA REMATADAS PENSEI MOITO EN VÓS MENTRAS LÍA E ESCOITABA  HISTORIAS DE TESOUROS, ANIMAIS QUE FALAN, BRUXAS, MONSTROS E OUTROS SERES ESTRANOS.
AGORA QUE XA COMEZOU UN ANO NOVO GUSTARÍAME QUE VIÑÉSEDES OUTRA VEZ A ASADOS, A NOSA BIBLIOTECA, E GOZÁSEMOS TODOS XUNTOS  DAS AVENTURAS DO MUNDO DOS LIBROS.
QUEREDES EXPLORAR NOVAS HISTORIAS?
QUEREDES SABOREAR DE NOVO ALGUNHA XA COÑECIDA ?
POIS NON DEIXEDES DE VIR ! AQUÍ VOS ESPERO.
DANIEL
Distribuir contido