ONDE EU VIVO

   

Ola, son Andrea e,como vedes nesta foto,estou sentada co meu irmán no lavadoiro dun río que hai onda a nosa casa.

Onde eu vivo chámase o Burato e vou contarvos por que ese nome.

Ó pouco de irmos vivir ó Burato, un veciño que ten moitos libros antigos preguntoulle ó meu pai se sabía por que lle chamaban así ó lugar onde viviamos.

O meu pai respondeulle que non, e logo aquel señor díxonos:

" Pois ben, neste lugar moi, moi antigamente vivía un señor que tiña un pequeno burato nunha man e sempre lle dicían "o home do burato, o home do burato" e, ó longo do tempo, ese home morreu e seguíronlle chamando ó lugar "o burato, o burato".

E así foi cocmo o meu pai e todos os da nosa casa coñecemos o significado do lugar no que vivo.

Espero que vos gustase a explicación. Gústame moito onde vivo porque dende o meu cuarto podo ver o mar e moi cerquiña teño a praia. Tamén viven cerca de min as miñas compañeiras e amigas de cole Laura e Silvia.

Ai, por certo! O lavadoiro agora é novo pero antes estaba a carón do muro da nosa casa e tiña unhas pedras grandes nas que se lavaba a roupa.

Texto: familia de Andrea.

 

 

OLA AMIGOS

GUSTOUNOS MOITO A TÚA HISTORIA. ESTADES MOI GUAPOS ABEL E MÁIS TI NESTA FOTO. UN BICO

                           Os nenos e nenas de Pazo Infantil 

Como se chama teu irmán?

Ola Andrea estás nun lugar moi fermoso.

O lavadoiro, a praia que dis está tan cerca e o mar.

Tamén é moi fermosa a lenda que nos contas do nome do voso lugar, O Burato.

Moi fermoso, o nome, o lavadoiro, todas as couas que nos contas, pero penso que non nos dís como se chama teu irmán tan lindo co que estás no lavadoiro.

Unha aperta e un saudo 

Tobías 

O MEU IRMAN CHAMASE  ABEL.

O MEU IRMAN CHAMASE  ABEL. GUSTOUNOS MOITO CANDO FOMOS A BIBLIOTECA. Andrea