Skip to Content

ENTROIDO 2015 "UN PASEO POLA HISTORIA"

O venres 13 de febreiro celebramos o Entroido no noso colexio.

Representamos diferentes épocas históricas desde a prehistoria ao futuro. Se queres ver as fotos preme no cartel.

E se queres ver como se preparou o Entroido e os adornos que levamos durante esa semana preme nesta outra imaxe.

O XENERAL DA ULLA DÁ A BENVIDA AO ENTROIDO NO COLE.

Grazas ás habilidades artísticas do profe Manolo e á colaboración de Jose ,o coidador, e máis do noso conserxe Ernesto, o Xeneral da Ulla preside a entrada do noso cole e nos indica cada día o adorno que debemos lucir nesta semana do Entroido.

O LUNS: Xuntamos as espadas

             como marca a tradición,

             para dar as "Vivas" do Entroido

             con moita satisfacción.

O MARTES: Como o Xeneral manda,

                has lucir unha banda!

O MÉRCORES: Un espello has conseguir

                     para a escola poder vir.

O XOVES:  Sorprende con plumas especiais

                como as que amosan os nosos Xenerais.

O VENRES : Pon o teu disfrace axiña.

                 De que época da historia?

                Adiviña!

 

CHEGA O ENTROIDO!

Se queres saber máis sobre o Entroido en Galicia e na nosa comarca, podes realizar unha chea de actividades neste Edilim elaborado pola Concellaría de Educación do noso Concello.

Con recursos para todos os ciclos de primaria e para educación infantil.

Para acceder preme na foto da "Pantalla"

Ademais este curso dispoñemos dunhas unidades didácticas sobre o Entroido dos Xenerais da Ulla, elaboradas polos Concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Con diversos materiais para imprimir adaptados para primaria e infantil. Preme na imaxe do xeneral para acceder a eles.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2015

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día Paz.

Expresamos de corazón os nosos desexos de paz, respecto, tolerancia, solidariedade...

E fixémolo cantando un tema titulado: " Eu teño alguén no meu corazón" empregando, ademais das nosas voces, a linguaxe de signos.

Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.

 

Día escolar da non violencia e a Paz.

Acabamos de colgar, no blogue da nosa aula (6º C), os murais dixitais que elaboramos para conmemorar o "Día da Paz".

Preme na pomba para ir ao blogue.

LENDO NO NADAL

 

Sempre temos boas recomendacións de libros

para os bos lectores e lectoras (para os regulares tamén)

Preme na imaxe se as queres descubrir.

Bo Nadal!!!!

OS ÍNDIOS DE GRANELL

ARMANDO UNHA DE INDIOS E INDIAS!

Unha vez máis, os nenas e nenas de Educación Infantil, vimos de participar no certame de Arte escolar que a Fundación Granell convoca todos os anos por estas datas. Nesta ocasión o tema proposto foi: "Os indios de Eugenio Granell". Documentámonos, sacamos moitos materiais de todo tipo do noso cuarto segredo e definimos que facer e que utilizar. O resto xa sabedes, mans á obra e moita imaxinación.

Queredes ver todo o proceso e as indiadas que fixemos?

Premede sobre a imaxe.

 

ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME DE ARTE NA FUNDACIÓN GRANELL

O 17 de decembro ás 18.30 da tarde tivo lugar a entrega dos premios. Con toda ledicia e toda honra celebramos varios de eles. Unha tarde para lembrar!

Clica na foto para ver toda a reportaxe

 

ESTES FORON OS GALARDÓNS ACADADOS
Iago Duro Lojo: categoría única de educación infantil
Alexio Félix González: categoría de debuxo.
 Claudia Castro Asorey: categoría pintura.  
 Xoel Pascual Souto: categoría escultura (construción).  
 Samuel Montes de Asís: categoría escultura (construción).  

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2015

Hoxe chegou ao noso Centro o Calendario Solidario 2015 do CEIP da Ramallosa.Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa (persoal do colexio, profesorado, familias e ao propio centro educativo) imos conseguir xuntar aproximadamente 1000 euros que serán destinados ao Banco de Alimentos do noso Concello para aliviar as necesidades básicas dos máis desfavorecidos.

MOITAS GRAZAS A TOD@S!

 

 

 

 

 

 

 

 

O ALUMNADO DE TERCEIRO CURSO NO AUDITORIO DE GALICIA.

 O 26 de novembro o alumnado de terceiro curso  asistiu a un concerto da Real Filharmonía de Galicia que interpretou obras de grandes compositores como:Bach, Ravel, Stravinsky e Manuel de Falla. Se queres ver as imaxes desta saída preme na foto.

 

 

 

 

 

 

 

"Malala", Premio Nobel da Paz 2014

Con motivo do nomeamento de Malala como Premio Nobel da Paz 2.014 os alumnos e alumnas de 6º C fixemos un traballo que vimos de publicar no noso blogue de aula.

Inclúe unha síntese do traballo, elaborado entre todos e todas, e un vídeo-resumo elaborado por Alba M.

Se che interesa preme na foto de Malala y chat.

Distribuir contido


by Dr. Radut