Skip to Content

CONCERTO DO DÚO FONKI NO CEIP DA RAMALLOSA!

  O venres 30 de maio asistimos a un concerto familiar e engaiolante, con temas de produción propia na nosa Lingua. Unha auténtica regalía!

Se queres acceder á galería de imaxes do concerto preme aquí.

EXCURSIÓN DO 1º CICLO Á CASA DO PATRÓN EN LALÍN

 O 28 de maio o primeiro ciclo do CEIP da Ramallosa visitou  a Casa do Patrón en Lalín.Auténtico museo etnográfico que nos fixo viaxar no tempo e onde aprendemos a facer pan e queixo.Se queres acceder á galería de imaxes preme aquí.

 

ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

 

PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES DA ROMERÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014 NA ÁREA RECREATIVA DO XIRIMBAO PREME AQUÍ .

LETRAS GALEGAS 2014

  Xosé María Díaz Castro (Guitiriz 1914 - Lugo 1990 ) é o poeta galego ao que se lle dedica este ano 2014 o Día das Letras Galegas.

Para traballar nas aulas sobre a figura deste persoeiro das nosas letras a continuación facilítansevos enlaces para acceder ás diferentes actividades interactivas e materiais para imprimir:

-Seminario Galán: para acceder ás actividades interactivas e imprimibles para todos os ciclos,  preme aquí.

- Xogo Pasapalabra sobre o homenaxeado do Ceip A Ponte (Lugo) ( 2º e 3º ciclo) para xogar preme aquí.

- Curta de animación e Brincaletras do Ceip García Barbón (Vigo).Se queres acceder a eles preme aquí.

-Pasapregunta do ceip A Ponte (Lugo). (3º ciclo)Se queres xogar preme aquí.

-Test sobre Díaz Castro.Do Ceip A ponte(Lugo)para 2º e 3º ciclo.Para facelo preme aquí.

-Telexornal Díaz Castro do CPI Dos Dices de Rois.Para poder velo preme aquí.

- Guía de Primaria do CEIP Lagostelle (Guitiriz) con actividades imprimibles para todos os ciclos ,tamén para Infantil. Se queres imprimilas preme aquí.

- Marcapáxinas Díaz Castro. Se queres imprimilo preme aquí.

-Documental: Nimbos de Poesía. Dirixido por Xulio Xiz, no que o propio Díaz Castro recita algúns dos seus poemas máis significativos. Se queres velo e escoitalo preme aquí.

-Materiais Letras Galegas 2014 da coordinadora galega de EDNL con multitude de propostas para todos os ciclos.Se queres acceder a elas preme aquí.

A ESCOLA DOS PIRATAS

Edilim baseado no libro de Agustín Fernández Paz  titulado " A Escola dos Piratas"  para traballar a comprensión lectora en galego no segundo ciclo de primaria .

 

Preme aquí para entrar.

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para ver as emisións e os vídeos resultantes preme no seguinte enlace:

http://goo.gl/Ha6vwC

ENTROIDO NA RAMALLOSA

Se queres acceder á galería de imaxes do Entroido na Ramallosa preme aquí.

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

CHEGA O ENTROIDO

O Entroido está a chamar á porta!

Se queres saber máis sobre o Entroido en Galicia e na nosa comarca podes realizar unha chea de actividades interactivas neste edilim elaborado pola Concellaría de Educación do noso Concello, no que atoparás actividades para todos os ciclos de primaria e para educación infantil. Para poder facelas preme aquí.

24 de febreiro DÍA DE ROSALÍA

 O 24 de febreiro celébrase o DÍA DE ROSALÍA en conmemoración do aniversario do seu nacemento  o 24 de febreiro de 1837.

 

Se es do 2º ou 3º ciclo e queres coñecer a vida e a obra desta gran poeta galega preme aquí.

Preme aquí para acceder a un banco de recursos sobre Rosalía de Castro para E.Infantil e Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut