Skip to Content

O UNIVERSO

CLICA AQUÍ PARA VER O VÍDEO DO UNIVERSO

Pedimos un libro aos Reis?

As recomendacións de lecturas do noso Roki

Onde viven os monstros: a película

 Estréase no cine a adaptación do fermoso álbum ilustrado "Onde viven os monstros" de Maurice Sendak

Novos Vídeos

Clica para ver os vídeos do Magosto e o Samaín

Kika Superbruxa, novidades!

Está publicada unha nova colección de Kika Superbruxa e ademais... hai que ver a película!(máis na imaxe)

Nova colección

Nuestro cuerpo, colección de libros informativos para coñecer o funcionamento do noso corpo. 

Día dos Dereitos do Neno e a Nena

Este venres, 20 de novembro, cúmprese o vixésimo aniversario da declaración dos Dereitos da Infancia aprovada polas Nacións Unidas en 1989. Esta declaración recolle aqueles dereitos que teñen todos os nenos e nenas menores de 18 anos en todo o mundo sen distinción de raza, sexo, color ou condición social.

A pesares de teren pasados vinte anos, todavía hai moitos países no mundo onde estes dereitos non son disfrutados por todos os nenos e nenas. Así, segue a haber menores sen fogar, sen familia; nenos e nenas que son maltratados, que traballan, que non van á escola,...

Este pode ser un bo día para pensar en todos eles e na sorte que teñen os que si poden disfrutar destes dereitos.(clica aquí para coñecelos)

NOVAS ACTIVIDADES PARA O 3º TRIMESTRE

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

De novo por mor do tempo, tivemos que cambiar de plans e cambiar o Xirimbao, coa súa contorna única e especial polo noso centro. A pesares de todo, non estivo nada mal. O máis importante e que as criaturas gozaron enorrmemente co xogo de pistas, intentando atopar á meiga,  cos xogos no patio cuberto e como non, cos hinchables. E como colofón, e como non podía ser doutra maneira, a música!

Clicade aquí ou na foto para ver parte desa mañá intensa de celebración.

QUEN TEN UN MESTRE ETNÓGRAFO?

NESTE OCASIÓN ESTIVON NO NOSO CENTRO SERAFÍN MARCOS, UN ARTISTA DE NOIA, QUE NESTE ANO QUIXO RECALCAR A FIGURA DO HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS, ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, COMO EL SABE FACELO; DUN XEITO DRAMATIZADO.

SERAFÍN FIXO DÚAS SESIÓNS, UNHA PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E OUTRA PARA O 1º CICLO DE PRIMARIA, ONDE DUN XEITO DRAMATIZADO CONTOULLES COUSAS DA VIDA E DA OBRA DO AUTOR. FOI UNHA GRAN ACTUACIÓN, AMENA PERO CARGADA DE INFORMACIÓN SINXELA SOBRE FRAGUAS, TRATANDO EN TODO MOMENTO DE BUSCAR A ATENCIÓN D@S NEN@S.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut