Skip to Content

Ed. infantil

O xinete das árbores: Baño de bosques

O 5 de febreiro visitou a biblioteca do noso centro un home-árbore, un ser humano “boscoso”,  un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que os verán asolan as  terras da montaña, para que as nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras,  para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar.

Con gaitas e peitoques de teixo, con frautas de pereira, pandeiretas de castiñeiro, e co burro Caramulo de madeira de bidueiro, as nenas e os nenos alimentados coa música das árbores viaxaron, dun xeito imaxinario, polo corazón de cada un para comprobar que os seus corazones están sans e fortes, como a mascota  CARDIO. no seu peregrinar pola saúde deles.

Con contos, cantigas, xogos, e moita risa rematamos “plantándonos” todas e  todos con forma de árbores a favor dos nosos bosques, refuxio do oxixeno que alimenta o corazón,  transformándonos en nenas e nenos xinetes das árbores, esperanza dos nosos bosques.

Premiados no concurso de postais do Colexio de economistas

O alumno de 6º de Ed. Infantil, Tiago Blanco Torreiro, resultou premiado no V concurso de postais do Colexio de economistas de Ourense.

Na web do colexio podedes ver a nova sobre o concurso.

Moitos parabéns para Tiago polo seu traballo!

 

 

Traballando con códigos QR

O alumnado de educación infantil estivo traballando na aula con códigos QR grazas ao alumnado de prácticas do grado de Ed. Infantil.

Pescudaron, a través de móbiles e tabletas, sobre as partes máis importantes do noso sistema locomotor cunha metodoloxía lúdica basada nos códigos QR e no xogo. Disfrutaron moito con esta metodoloxía baseada nos códigos QR e no xogo ao sentirse protagonistas da súapropia aprendizaxe.

 

A polkadot Christmas

A POLKADOT CHRISTMAS

O mellor xeito de agasallar a YAYOI KUSAMA este nadal é, sen dúbida, facer que os nosos Christmas Trees e os Santa´s hats relozan cheos de polkadots.

Desde as sección bilingües querémosvos desexar en todas as linguas nas que desenvolvemos o noso proxecto,

MERRY CHRISTMAS
メリークリスマス
BO NADAL
FELIZ NAVIDAD

Presentación PDI Infantil

Visita de Leanne Rivera á nosa biblioteca

O 5 de outubro tivemos o privilexio de contar coa presenza da poetisa de orixe cubano Leanne Rivera grazas á colaboración do Círculo poético ourensán.

O alumnado do noso centro rendeulle unha pequena homenaxe cos traballos que realizaron nas súas clases ao longo dos días previos á súa visita:

Despois de sometela a unha pequena encerrona, con preguntas de todo tipo sobre a súa vida e obra, Leanne recitounos o poema que tiña preparado para participar nos IX encontros internacionais de poesía que organizou o Círculo poético ourensán.

Na seguinte galería amosamos os principais momentos do encontro coa poetisa.

Viaxe a Marcelle

O 6 de xuño realizamos a última saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!

Debuxos do alumnado de Ed. Infantil

Hora de ler de 6º EI

A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso na aula de Ed. Infantil coma no resto dos cursos do cole.

Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • Estimular o interés pola lectura.
  • Favorecer o desenrolo da creatividades, atención e linguaxe.

As principais actividades realizadas foron as seguintes:

  • Comenzamos lendo o conto o mesmo tempo que verán e tocarán as ilustracións con moito coidado.
  • Inventar outro títulos relacionados co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista e outras personaxes do conto.
  • Debuxos relacionados cos contos.
  • Elaborar morcegos con rollos de papel hixiénico e facer un gorro da bruxa protagonista do conto “A bruxa Mel” con gomaeva.
  • Memorizar o conto “O casamento do piollo e a pulga” e representalo na clase. 


      

Hora de ler dos máis cativos

Ao longo do curso, realizamos múltiples actividades na Hora de ler, entre as que destacamos:

  • O SAMAÍN.
  • LIBRO DA CASTAÑA QUE REVENTOU DA RISA .
  • SAÍU O SOL.
  • Contamos historias como "El espacio al dedillo" e debuxámolo.
  • Memorizamos e recitamos poesías.
  • Plantamos alpiste para ver como crece a planta dunha das poesías.
  • Utilizamos cómics e logo fixeron debuxos.
  • Memorizamos pequenas adiviñas.

A Hora de ler é uha das actividades do Plan de lectura que máis lles gusta ao alumnado. Encántanlle os contos, as rimas, poesías, cómic,...

Construímos robots

O alumnado de 6º de Ed. Infantil dedicou o seu PDI a traballar o pensamento computacional. Para elo, os seus traballos xiraron en torno ao estudo e creación de robots.

Os obxectivos que se perseguiron foron os seguintes:

  • Desenrolo da creatividade
  • Comparar o seu esquema corporal co dos robots que construíron.
  • Discriminación e trazo das letras que forman os nomes dos robots.
  • Clasificar formas e tamaños das pezas que os forman.

Entre outras, relizamos as seguintes actividades:

  • Escoller un robot e píntalo para o mural da porta.
  • Decorar libremente con plastilina gomets…etc.
  • Construír quebracabezas de robots.
  • Recortar as formas xeométricas que os compoñen.
  • Formar con letras recortadas o nome do seu robot e o dos seus compañeiros.
  • Escoller e explicar que traballo poderá realizar para axudar os humanos.
  • Facer con caixas o disfrace do entroido .
  • Obra de teatro que representaron o día do libro.
  • Guiñol “Quiero una mamá robot”.

GALERÍA DE IMAXES DO TRABALLO DESENVOLVIDO

Distribuir contido


by Dr. Radut