Skip to Content

Ed. infantil

O universo

O alumnado de 4º e 5º de Ed. Infantil pescudou sobre o Universo no seu PDI.

Partiron do conto "Como atrapar a unha estrela", de Oliver Jeffers, para motivalos a pensar sobre todos aqueles aspectos que lles resultan intrigantes sobre o universo.

Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:

  • Debuxamos o conto
  • Escoitamos as cancións:
    • Os Planetas, canción de cuna
    • "Veo, veo el Sistema Solar", canción infantil
    • Canción dos planetas para nenos
  • Contamos o conto "El Espacio al dedillo", de Ed. Combel.
  • Coloreamos o mural da nave co astronauta e os planetas.
  • Montamos o mural na porta.
  • Contamos o conto "El pez que quería ser astronauta" de Mar Cerdá Albert.
  • Debuxamos o conto .
  • Debuxamos a nosa ficha do mural.
  • Fixemos un móbil cos planetas.
  • Ordenamos planetas de maior a menor.
  • Fixemos debuxos do Universo.
  • Cantamos cancións dos planetas.
  • Fixemos os nosos disfraces, cada un axuda ao seu persoaxe.
  • Disfrazámonos do Universo.
  • Sacamos unha foto co noso amigo o astronauta.
  • Fixemos postais con eclipses da Lúa.
  • Pintamos estrelas e fixemos constelacións.
  • Observamos as distintas fases da Lúa e fixemos fichas.
  • Coloreamos distintas naves espaciais.
  • Aprendemos distintas adiviñas e fixemos os debuxos correspondentes.

O traballo con este PDI foi moi motivador para os nenos e nenas.

O xinete das árbores

O 8 de maio contamos coa presenza do maxistral contacontos de Chantada, Anxo Moure, que trouxo ao noso centro o espectáculo “O xinete das árbores” co que puxo de manifesto o seu amor e defensa dos bosques galegos.

Anxo transformouse nun home-árbore, un ser humano “boscoso”, un xinete das árbores, un carballo coas vellas botas da antiga fábrica ourensá dos calzados Mosquera, fuxindo dos incendios forestais que este verán asolaron terras da montaña de Ourense, para que as nenas e nenos lle axudaran a cabalgar de novo a lomos dos carballos, dos teixos e as aciñeiras, dos buxos e as sobreiras, para salvar os bosques, que son a esperanza do seu futuro, o aire para respirar.

O obxectivo principal era que as nenas e nenos coñeceran o nome das árbores e a súa importancia, a través de contos, lendas, poesías, música e imaxes para sentilas como as súas “irmauciñas” (según contaba o escritor ourensán Otero Pedrayo) emparentándoas coas árbores da sua cidade.

Todo o alumnado participante na actividade quedou con gañas de seguir escoitando as historias deste gran contacontos…

… esperamos que volva pronto a visitarnos!!

Programa Cores

O 27 de abril realizamos no centro, coa colaboración da Escola Galega de Consumo, un obradoiro destinado a promover no alumnado a educación para o consumo responsable.Traballando a igualdade a través da publicidade dentro do programa Cores.

As temáticas que se trballaron foron as seguintes:

  • Análise da escolla de xoguetes desde o punto de vista do xénero. Influencia da publicidade e dos estereotipos de xénero empregados nos recursos publicitarios dirixidos á infancia.
  • Xoguetes: Diferencias entre os xoguetes e aqueles outros produtos que non o son. Envases e etiquetado dos xoguetes. Pautas de seguridade para un uso responsable dos xoguetes.

Para rematar o obradoio o alumnado máis cativo realizou un pao de chuvia que levaron para a súa casa.

Antón comodón

O día 3 de abril o alumnado de Ed. Infantil asistiu á unha representación de monicreques no Auditorio de Ourense titulada "Antón comodón".

Nesta ocasión contáronnos a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanlle todo, non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás illas verdes?.

Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto, buscando as illas verdes.

Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carro de xeados, como dous bos amigos.

Pasámolo xenial!!

 

Día da árbore

Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos no colexio a Semana escolar da Árbore e da Auga seguindo o programa da Deputación de Ourense que este ano estivo dedicada ao salgueiro.

Na Hora de ler o alumnado traballou o conto de Xosé A. Perozo e Viki Berre titulado "A invención do salgueiro en Ourensanía".

O día da árbore prantamos un salgueiro no partio do centro e cantamos a canción de Paco Noguieras "Cos pes na terra".

GALERÍA DE IMAXES

 

Contacontos CIFP Portovelo

Na semana previa ao Día mundial da meteoroloxía, teatro e poesía o alumnado do Ciclo de animación do CIFP Portovelo realizou catro contacontos no noso centro, relacionados, todos eles, co tema dos PDI que se entán a desenvolver en Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de ED. Primaria.

  • O alumnado de 4º e 5 de educación infantil participou na representación dun conto sobre planetas titulado "A que sabe a lúa" que mantivo aos máis cativos do centro pendentes de todo o que acontecía no teatriño de monicreques.
  • O alumnado de 6º de educación infantil presenciou a representación dun teatrillo de monicreques sobre robots.
  • O alumnado de 1º e 2º asistiron ao contacontos titulado "A noite das mudanzas". Ao remate, realizaron unha pequena sesión de xogos populares dentro da aula.
  • O alumnado de 3º presenciou a representación con sombras chinescas de "Wangari e os árbores da Paz". Ao remate do conto, realizaron un pequeno obradoiro medioambiental para concienciarse da importancia da auga nas nosas vidas.

O alumnado do CIFP Portovelo fíxoo xenial, e nós pasámolo moi ben.

Temos que repetir!!!

 

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”

Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.

Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!

Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.

Axente Riciños

Na semana da Paz, Iago López, o contacontos co que Ed. Xerais nos agasallou este ano, realizou unha sesión de contacontos para os máis cativos do cole na nosa biblioteca. O título do conto foi "Axente Riciños"

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno.

O público infantil disfrutou con Martiño e as historias de Riciños. Esperamos que volva pronto á nosa bilioteca.

 

Traballando por unha mocidade saudable

O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria participou nun obradoiro organizado pola Consellería de Sanidade titulado “Por unha mocidade saudable” co que traballamos aspectos relacionados cos hábitos saudables.

Con el pretendemos inculcar no alumnado que sexan conscientes da importancia da alimentación saudable e como a actividade física nos axuda a ter un corpo san.

Introducíronse conceptos básicos sobre unha boa alimentación. Traballáronse, tamén, aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. Elaboramos un almorzo saudable e cada alumno elaborou un prato favorito.

Ademais, este programa tamén inclúe o concurso de “Chefs saudables” dirixido a alumnos e docentes dos centros participantes. Trátase de que deseñen e elaboren unha receita propia, cun menú saudable, dacordo cos  coñecementos adquiridos.

Esta campaña, “Por unha mocidade saudable”, pretende sensibilizar e educar para prever a obesidade, xa que o 8% dos nenos galegos de 6 a 9 anos son obesos e o 25% deles sofren  sobrepeso.

Saúde bucodental

O 20 de novembro contamos coa presenza de persoal especializado da Consellería de Sanidade para impartir un obradoiro de saúde bucodental a todo o alumnado do noso centro titulado "Coidando a miña boca".

Falounos da importancia de manter unha dieta non carioxénica, e adquirimos competencias que perseguen o fomento dunha hixiene oral efectiva e despois de cada comida.

Durante o relatorio púxose de manifesto que actualmente os escolares galegos teñen unha saúde bucodental equiparable á dos escolares dos países europeos máis avanzados neste campo. Unha das principais razóns deste importante avance foi o incremento da educación para a saúde bucodental na escola. Para todo isto a importancia da comunidade educativa foi, e continúa sendo, indiscutible.

Distribuir contido


by Dr. Radut