Skip to Content

Ed. infantil

Premiados no Concurso da Constitución

Cinco alumnos e alumnas de Ed. Infantil, do noso centro, resultaron premiados no concurso da Constitución deste ano. O día 6 de decembro, recolleron o seu galardón na Festa da Constitución que se celebrou no Auditorio provincial, ante as autoridades de Ourense.

Parabéns para todos os premiados!!!

Entrega de premios

Decoración do recanto de meteoroloxía

O alumnado de Educación infantil decorou o recanto de meteoroloxía con varios traballos que foron realizando ao longo do curso.

 

Viaxe a Monforte

O 31 de maio todo o alumnado do centro viaxou a Monforte para coñecer unha das vilas galegas polas que pasa o Camiño de Inverno, como ben sabe o alumnado de 3º de Ed. Primaria, grazas aos cales puidemos disfrutar desta visita cultura.

A viaxe fixémola en tren. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño e do Sil.

En Morforte esperábanos un membro da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra que, amablemente, nos fixo de guía na vila. Asemade, agasallou ao centro con varios exemplares do Camiño de Inverno a Santiago.

Subimos ata o Castelo de Monforte, e puidemos contemplar de cerca a embergadura da Torre do Homenaxe que se conserva en bo estado. Desde o outeiro no que se atopa, contemplamos as vistas espectaculares sobre o val do río Cabe. Neste lugar, tamén visitamos o claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino que agora foi transformado nun hotel de luxo.

Ao rematar a visita a este conxunto monumental dos condes de Lemos, baixamos ata o parque dos Escolapios, lugar no que aproveitamos para xantar e descansar.

De regreso ata a estación fomos polo paque que hai na ribeira do río Cabe.

Hai que repetir!!

 

 

Formación de usuarios: O alumnado

A formación de usuarios estivo presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. Cada titor se encargou de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

Os máis cativos do cole, no primeiro trimestre, aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.

Visitaron a biblioteca unha vez por semana, e traballaron coas seguintes normas:

  • Entrar en silencio
  • Coller os libros cando diga a profesora.
  • Non interromper aos nenos/as que estean nela.
  • Sentarse ordenadamente sen arrastrar cadeiras...etc

Asemade realizaron outras actividades de formación:

  • Observaron os andeis dicindo a diferenza entre os que estean coa letra vermella e coa amarela.
  • Colleron algún libro en castelán e en galego.
  • Escolleron algún conto para contarlles na biblioteca .
  • Fixeron debuxos do conto.
  • Debuxaron a biblioteca.
  • Cada venres ían á biblioteca para cambiar o libro da mochila viaxeira.

As actividades gustáronlle moito pois a biblioteca é un lugar máxico para eles.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria seguiu tamén esta dinámica. Seguiron o programa de Formación de usuarios do PAL e realizaron as seguintes actividades:

  • Coñeceron a función da biblioteca e os seus servizos. Visitaron a biblioteca escolar, polo menos, unha vez por semana.
  • Cumprimentaron  fichas de libros..
  • Elaboraron un listado de accións para coidar os materiais da biblioteca.
  • Iniciáronse no coñecemento e interpretación da CDU simplificada, con actividades acordes á súa idade.
  • Aprenderon a interpretar os “tejuelos”.

O alumnado máis grande do cole realizou as seguintes actividades:

  • Repasou o sistema de clasificación da CDU e identificamos os seus elementos, facendo actividades de clasificación e cumprimento de fichas.
  • Coñeceu buscadores de internet e realizou pescudas para a documentación do traballo sobre escultura. Traballo realizado en Google presentación de xeito colaborativo.
  • Asemade, tamén fixeron pescudas en libros informativos: enciclopedias, biografías, etc e distinguimos pés de páxina, gráficos etc.



Hora de Ler de 6º de Ed. Infantil

No tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado de 6º de Educación Infantil, ademais de traballar programado para esta hora, realizou as seguintes actividades promovidades desde a biblioteca e que lles resultaron moi atractivas:



Hora de Ler dos máis cativos

Este curso, os nenos de cuarto e quinto de Educación Infantil realizaron unha serie de actividades na hora de ler que resultaron ser de moito proveito e moi divertidas.

No primeiro trimestre aprenderon a gardar silencio e colocar os libros nas baldas correspondentes.

Comezamos cunha colección "Cuentos para portarse bien " editorial CCS. Primeiro contábaselles o conto, despois facíanse unhas preguntas moi sinxelas e, por último, eles facían debuxos sobre os contos.  Algúns como "El pulpito Moradito", "La osa Rosa" , "El ratón Antón"... gustáronlle moito.

Traballamos  a colección "En familia" que nos recordan canto nos queren e canto lles queren.  Entre outros debuxos quedou moi bonito o que fixeron coa súa nai.

Tamén se traballou con contos clásicos: La ratita presumida, Hanssell y Gretell , Ricitos de Oro... disfrutáronos  moito facendo debuxos de cada un deles.

Representaron en teatro de monicreques "Os tres porquiños" e "Carapuchiña vermella".

O día do libro, na biblioteca, contaron  a todos os  nenos e nenas do colexio o conto "A que sabe la luna" e fixérono cada un en cartolina e levárono a casa para contarllo a súa familia.

Memorizaron e recitaron poesías o día  da inauguración da biblioteca e o día da poesía.

O libro viaxeiro

O alumnado de Educación Infantil leva dentro da súa mochila da biblioteca o "Libro viaxeiro" que consiste nun caderno que deberán ir completando, coa axuda das súas familias, sobre os libros que lean nas súas casas.

Esta actividade, que xa leva varios anos en funcionamento, ten gran aceptación por parte da comunidade educativa o que redunda en que a calidade dos produtos realizados sexa cada vez mellor.

Achegamos algunhas mostras de dito traballo.

Moitas grazas e parabéns para as familias dos cativos.

 Libroviaxeiro

 

Pinocchio en inglés

O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense.

Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade.

Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea.

Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura.

Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade.

Pasámolo xenial!!

Vincent Van Gogh

Os nenos e nenas de cuarto e quinto de Educación Infantil fixeron un proxecto sobre Vincent Van Gogh, facendo actividades ao longo de todo o curso. Resultou  moi bonito e con  moito colorido adaptándose moi  ben a  súa idade e os dous niveis da aula.

  • No primeiro trimestre  falamos de quen era este pintor, vimos láminas e coñecemos un pouco da súa vida e obra consultando un libro da biblioteca “Me llamo Vinent Van Gogh” de editorial Parramón.
  • Decoramos a porta da clase cun mural feito con retratos de Vincent Van Gogh e estampados de flores de cor azul inspirado no cadro dos lirios, resultando moi vistoso no que colaboraron todos estampando cada un varias flores.
  • Sobre un retrato ampliado do pintor eles punteárono con rotuladores de distintos cores quedando moi vistoso.
  • No segundo trimestre axudaron a confeccionar o disfrace  de Xirasol  inspirado no cadro dos xirasoles de Van Gogh. Os nenos e nenas colaboraron recortando os pétalos, pegando..etc 
  • No terceiro trimestre estamparon, cada neno/a, sobre a súa cartolina flores azuis para facer unha composición inspirada no cadro "Los lirios".
  • Por último envolveron o regalo do día da nai cun lirio estampado no papel de regalo.

 

Gatuxo: teatro para escolares

O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco.

A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos.

Pasámolo xenial!!

Distribuir contido


by Dr. Radut