Skip to Content

6º Curso

Formación inicial alumnado de meteoescolas

O luns 3 de outubro comezamos o rexistro de datos meteorolóxicos da nosa estación sita no patio do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Antes de comezar o rexistro de datos realizamos unha formación inicial aos meteorólogos e meteorólogas. A formación inicial corre a cargo do coordinador do programa Meteoescola.

A formación consta de dúas partes.
1º) Datos de temperatura e rexistro dos mesmos. 

Dentro da estación meteorolóxica atópase o termómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de temperatura o termómetro non se pode coller coa man xa que a temperatura sube xa que lle estamos a dar calor coas nosas mans.
  • Anotar a temperatura máxima, actual e mínima.
  • Comprobar que temos os datos anotados no libro de rexistro.
  • Pulsar clear.

2º) Datos de chuvia e rexistro dos mesmos. 

Na parte posterior da estación meteorolóxica atópase o pluviómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de chuvia e preciso retirar dos soportes a tapa do pluviómetro.
  • Coller a probeta que se atopa no interior.
  • Comprobar que non hai auga no recipiente metálico. No caso de que haxa auga facer a medición da auga da probeta. Baleirar e engadir auga na probeta. Sumar as dúas cantidades.
  • Anotar a choiva no libro de rexistro.
  • Colocar o probeta no pluviómetro.  
  • Pechar poñendo a tapa do pluviómetro nos soportes.

3º) Realizas a fotografía.  

Na parte dianteira da estación meteorolóxica realizaremos a fotografía do noso traballo. Na fotografía debe saír a estación meteorolóxica e o ceo para poder observar o tempo do día

Equipos de meteoroloxía do curso 2022/2023

O venres 30 de setembro de 2022 constituímos 4 grupos de meteorólogos e meteorólogas que se encargarán do rexistro das temperaturas (máximas e mínimas) e os datos das precipitacións do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro levando o seu rexistro no caderno de rexistro diario.

Orlas do curso 2021/2022

Orlas do alumnado que rematou etapa educativa no curso 2021/2022:


EDUCACIÓN INFANTIL


 


SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


Festa de Fin de Curso nas aulas

O último día de clase fixemos festas de despedida en todas as aulas do cole. Se premedes nas imaxes de máis abaixo podedes ver o ven que o pasamos ese día.


Educación Infantil



Terceiro de Ed. Primaira


 


 SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA



PREMIDOS NO CONCURSO DE LOGO PARA A BIBLIOTECA


Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Visita as túas institucións

O 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade “Coñece as túas institucións” realizando a visita ao Parlamento de Galicia e as dependencias da Xunta de Galicia en San Caetano.

Na visita ao Parlamento de Galicia puidemos ver as obras de arte que están expostas ao longo dos corredores, a biblioteca e o salón de Plenos así como ver en directo unha comisión de traballo dos deputados e deputadas.

Na visita á Xunta de Galicia ensináronnos o edificio no que se pode existe un xardín interior, sala de secretarios e a sala onde traballan os conselleiros e conselleiras.

Para rematar a visita fomos a xantar á Cidade da Cultura.

Foi un día interesante e moi proveitoso... pero sobre todo poder xogar nas instalacións da Cidade da Cultura.

Palabras de auga

O derradeiro libro traballado no club de lectura de sexto curso foi Palabras de auga de Macos Calveiro e publicado por edicións xerais.

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado...

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

O libro móstranos como é a vida diaria duha sociedade africana que non dista moito do que podería ser a vida no Neolítico.

Como remate final, realizamos o concurso de lectura sobre o libro no que participou a totalidade do alumnado de 6º curso de Ed. primaria. Para elo, conformamos catro equipos heteroxéneos creados aleatoriamente por sorteo.

O equipo vencedor foi o formado por Diego, Gustavo e Andrés. Recibiron como agasallo o libro titulado El ladrón del rayo de Rick Riordan.

Obradoiro sobre o cultivo de plantas ornamentais

O 3 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou o obradoiro “Introdución ao cultivo de plantas ornamentais”, na Aula da Natureza de Oira onde aprendemos a diferenza entre arbusto e árbore.

Ensináronos como podiamos reproducir plantas, con sementes e con corte. Aprendemos que á hora de compor un xardín e moi importante que a composición de cores fora armónica.

Para finalizar aprendemos que para que as plantas crezan fortes debemos mesturar terra con compós. Experimentamos todo o aprendido, mesturando terra e plantando pipas de cabaza e xirasol que levamos para casa onde imos coidalas e ver como crecen.

Planeta verde, planeta azul

Neste curso escolar 2021/2022, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) cuxo obxectivo principal é que o alumnado fose capaz de participar na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, co título: "O Sueiriño a diversidade respecta, traballemos xuntos a prol do planeta!
A temática centrouse na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente(“ Planeta verde, plane-ta azul “) . 0 grupo de 6º de Educación Primaria centrouse en di-versas accións que permitirán mellorar o noso medio ambiente re-lacionadas coa vexetación e a auga, para elo utilizamos diversos ma-teriais entre os que se encontraron os seguintes:
Libros da hora de ler durante o curso escolar 2021/2022: A folla azul de Andrea Maceiras.; Palabras de auga de Marcos Calveiro.; ; Cuando la Tierra se olvidó de girar. Fina Casalderrey. Ed. Sm; Cuentos para salvar el planeta . Anna Casals y Paolo Ferri,...
Atlas de la emergencia climática de Pere Estupinya. Tu plane-ta te necesita de Philip Bunting. Los ciclos de la vida de Sam Falconer.
Vídeos didácticos.
Coidemos ao noso planeta.
Amazonia.
A auga , un recurso limitado.
A vida salvaxe na Amazonia.
Orixe do planeta Terra.
Metodoloxía:
Traballamos a través dunha metodoloxía activa e do descu-brimento guiado, para que o alumno fose capaz de construir as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiámonos  na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás caracte-rísticas do alumnado.
0 desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvol-vemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á competencias sociais e cívicas.
Obxectivos xerais:
Ser capaz de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais sendo una das ferramentas fundamentais para mellorar o autoconcepto e a autoestima.
Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta, do coidado e aportación persoal do mesmo e da súa diversidade.
Obxectivos específicos:
Recoñecer e identificar as propias emocións en distintas situacións.
Interpretar o que sentimos en diferentes momentos da nosa vida.
Coñecer e practicar a empatía como instrumento para mellorar a convi-vencia cos demais.
Recoñecer as emocións e sentimentos positivos propios, como ferramenta para mellorar a nosa autoestima e autoconcepto.
Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do pla-neta.
Comprender o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
Realizar unha acción de coidado do medio ambiente que po-damos compartir co resto da   con torna educativa e comunitaria.
Recoñecer a importancia de protexer a biodiversidade no planeta
que habitamos e o valor dos bosques e a auga..
Criterios de avaliación.
Coñecer e enumerar distintas emocións.
Identificar diferentes feitos que poden producir una mesma emoción.
Enumerar distintos modos de actuación ante unha mesma emoción.
Analizar situacións reais, identificando a emoción producida e a resposta ante a mesma.
Definir estratexias e/ou ferramentas para anticiparse á resposta ante unha emoción.
Practicar a empatía nas relacións cos demais como instrumento para mellorar a convivencia cos outros.
Describir modelos de comportamento propios baseados en emocións e sentimentos positivos.
Indicadores de logro ou desempeño.
Identificar os elementos da natureza e do planeta.
Describir o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e no resto do mundo.
Realizar unha acción de coidado do medio ambiente que podamos compartir co resto da contorna educativa e comunitaria.
Identificar e recoñecer a importancia de protexer a biodiversidade no planeta que habitamos.
Describir as consecuencias que ten a sobreexplotación dos recursos naturais no medio ambiente.
Participar na defensa do medio ambiente.
Desenvolver unha posición crítica e participativa con respecto ao noso modelo de consumo, a relación coa natureza e a utilización sostible dos recursos naturais.
Coñecer o papel das mulleres, novas e comunidades ao redor do mundo na defensa do medio ambiente.
Promover accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente nas nosas contornas educativas e comunitarias
Metodoloxía: 0 desenvolvemento desta unidade contribuiu ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial á competencias sociais e cívicas.
Traballouse a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. Esta situación de respecto e empatía será fundamental para unha mellor defensa e coidado do medio ambiente e , polo tanto , do noso planeta .A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

Distribuir contido


by Dr. Radut