Skip to Content

6º Curso

Auga, cada pinga un tesouro

Comezamos a nosa colaboración con UNICEF o curso pasado, cando grazas á súa campaña de vacinas para a paz, convertémonos en axudantes dunha vacinación tan necesaria.

Este curso, de novo, desenvolvemos algunhas actividades a prol do medio ambiente, con materiais facilitados por UNICEF.

Do 25 de outubro ao 5 de novembro, temos no cole a disposición da comunidade educativa unha exposición de 10 paneis que axuden a tomar conciencia da necesidade de  non malgastar auga, e entender que a mesma é fonte de vida.

Cada curso debateu sobre o que a exposición lles facía sentir e reflexionou sobre a mensaxe.

Ao longo da semana, cada un dos nenos e nenas escribirá nunha pinga de auga as súas reflexións sobre a exposición, co fin de elaborar un libro colaborativo sobre o tema. Enviaremos a actividade ao comité de UNICEF en Galicia ao remate da mesma, agradecéndolles que nos faciliten os materiais dos que dispoñen, no nome de Marta Andrade Blanco.

Exposición do Samaín 2021

TRABALLOS MÁIS VOTADOS POLO ALUMNADO E PROFESORADO

Circuítos eléctricos

Na última semana do curso disfrutamos aplicando os coñecementos que adquirimos sobre electricidade e magnetismo, e fomos quen de realizar a montaxe dos nosos circuitos ademais de electroimáns.

Escalando no rocódromo do pavilllón de Ourense

O pasado 25 de maio participamos nunha actividade que organizou a Secretaría para o Deporte no rocódromo do Pavillón de Ourense e que foi xestionada por membros do Club Alpino de Ourense.

A actividade foi recibida con moito entusiasmo polo noso alumnado, xa que se divertiron moitísimo realizando as actividades que lles ían propondo os monitores.

Para o próximo ano pensamos repetir.

Na galería de imaxes podedes ver o valentes que somos!

Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos

 

O curso escolar 2020/2021, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu traballo cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais sendo una das ferramentas fundamentais para mellorar o autoconcepto e a autoestima. dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro, co título “Os teus superpoderes están dentro de ti: descúbreos”.

O obxectivo xeral centrouse en que Que o alumnado sexa capaces de coñecer e identificar as súas emocións e interpretar os seus sentimentos e así poder xestionalos como instrumento de mellora da convivencia cos demais e como ferramenta para mellorar o autoconcepto e a autoestima.

O traballo desenvolveuse a través dunha por semana, cunha duración de 50 minutos. A metodoloxía centrouse nunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte escrito, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.

As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:

1º trimestre:
Lectura do libro: No soy un penoso. Editorial SM.
Actividades:

  • A miña Autobiografía.
  • Escala de emocións:
  • A Escala de emocións:
  • Escala de emocións:
  • As emocións nos poden axudar ou prexudicar.

2º trimestre:
Lectura do libro: Y de regalo... ¡Superpoderes!. SM.
Actividades:

  • Cambiando a comunicación interna.
  • Os pensamentos negativos: Ao lixo.
  • Aprendemos a dicir non.
  • O resto das persoas tamén senten: a empatía.
  • Que podemos mellorar.
  • Temos dereito a confundirnos.

3º trimestre:
Lectura do libro: ¡Al ataque!. SM.
Actividades:

  • Situacións positivas e negativas.
  • Como actividade de conclusión: Acróstico de elementos positivos de cada un de nós.

Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

Letras Galegas 2021

Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:

Kick out Loneliness

 

Decidimos dar unha patada ben forte á SOIDADE, e facernos fortes no grupo, sentindo o apoio, lealdade e orgullo ben entendido de pertenza a un grupo, no noso caso á aula de 6º E.P. da nosa escola.

Tomando como referencia a fundación do Liverpool FC, aprendemos a historia do clube e os valores nos que se fundamenta.

Mighty Red foi o guía no noso camiñar cara a igualdade, inclusión e diversidade. Aprendeunos que a nosa forza está na unidade e o esforzo, e que, co apoio de todos/as nós, ninguén se sentirá so ou soa.

Somos os mellores supporters da grada KOPT. Non hai KOPITE mellor ca nós cando se trata de axudar e acompañar a quen se sinta apartado dalgún xeito.

Porque como di o seu himno,

AT CEIP MANUEL SUEIRO,
YOU’LL NEVER WALK ALONE!

Semana da auga

Na primeira semana da Primavera celebramos a semana da Árbore e da Auga. Dende o luns 22 ao venres 26 de marzo realizamos diversas actividades centradas no libro que nos achegou a Deputación titulado “No país das augas”.

Unha vez realizada a lectura da historia de forma colectiva durante esta semana pedímoslles ao alumnado que realizase un debuxo sobre o libro.

Amosamos algúns dos seus traballos.

Xogos populares

O 25 de marzo voltamos a disfrutar no noso centro da presencia de Lito, membro da Fundación Xaquín Lourenzo, que é a persoa de Ourense que máis está a facer pola recuperación dos xogos cos que se divertían os nosos antepasados.

Nesta ocasión, por mor do COVID, só puido gozar coas actividades que nos propuxo o alumnado de 6º de Ed. Primaria. Foron varios os xogos practicados, como se pode observar na galería de imaxes:

  • Zancos.
  • Peonzas.
  • Aros.
  • Xogos con chapas.
  • Enredos...

As dúas horas que durou o obradoiro pasáronse rapidísimo.

 

 

Practicando bádminton

Ao longo do segundo trimestre o alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria estivo practicando bádminton nas clases de Educación Física.

Na última semana fíxose entrega de diplomas a todas as persoas participantes por ter superado con creces os abxectivos propostos:

  • Alumnado de 4º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 5º de Ed. Primaria.

  • Alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut