Skip to Content

6º Curso

INTERNATIONAL WOMEN ́S DAY

INTERNATIONAL WOMEN ́S DAY

March, 8th

O alumnado de E. Primaria, sumouse á campaña #ChooseToChallenge.

Todos/as nós somos responsables dos nosos pensamentos e accións todos e cada un dos días, non só o 8 de marzo.

Tes toda a información no enlace https://www.internationalwomensday.com/2021Theme.

So, hand up high to show you're in!

All of us are WOMEN!

Despedida do profesorado de prácticas

Hoxe tocou despedir ás tres mestras de prácticas que nos acompañaron no traballo escolar ao longo destes meses tan peculiares por mor da pandemia. Foron moitas as bágoas que se derramaron nas aulas e no corredor do colexio… motivo polo cal se teñen que sentir orgullosas e satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no noso alumnado, e mesmo no profesorado.

Desde aquí queremos agradecerlles o seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.

Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.

Encontros con Antía Yáñez: "Plan rescate"

O 19 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo un encontro coa autora do libro Plan de rescate, Antía Yáñez, natural de Burela, e que está publicado po Ed. Xerais.

No mes de decembro o libro foi facilitado a todo o alumnado deste cursos pola Concellería de Educación de Ourense para que o traballase na aula cos seus titores.

O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, gañou o III Premio Agustín Fernández Paz á igualdade 2020.

Antía cóntanos as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballaban na aula de apoio do seu colexio.

É unha divertida aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e incluso un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, camaradería, traballo en equipo e incluso algo de amor.

A idea que subxace detrás dun argumento aparentemente convencional é que calquera persoa pode resolver un misterio ou desenvolverse na vida, e que non ten sentido que menosprecemos a ninguén por non ser coma nós.

En definitiva, estamos ante un bo libro que fai que tanto as persoas pequenas como maiores gocen coa súa historia.

Obradoiro de Ecopercusión.

O 9 de decembro realizamos na aula de psicomotriciade do cole un obradoiro de percusión da man de Didier, mestre en percusión titulado polo conservatorio de música José White de Camagüey (Cuba).

A actividade consistiu nunha clase práctica de ecopercusión no que so se empregaron materiais reciclados e outros elementos cotiáns como bidóns, cubos, etc.

Os nenos e nenas aprendemos a reutilizar estes materiais ao mesmo tempo que coñecemos técnicas de agarre e golpeo e patróns rítmicos relacionados a palabras como recurso de fixación.

Creamos poliritmias experimentando con distintos ritmos (afrocaribeños, conga, Batucada…. ).

O produto final do traballo realizado foi unha gran obra que tivo as seguintes partes: introducción, ritmo, cortes e final, que se poden contemplar no vídeo final de máis abaixo.

Foi unha experiencia sensacional onde todo o alumnado e profesorado participante saíu entusiasmado.

Samaín 2020

O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID.

A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade.

Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror...

Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración.

Pasámolo xenial!!

 

 

Vídeo resumo do curso 2019/2020

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.

Esperamos que vos guste!!

Orlas do curso 2019/2020

Orlas do alumnado que rematou etapa educativa no curso 2019/2020:

Alumnado de 6º de Ed. Infantil

Alumnado de 6º de Ed. Primaria

Igualdade e traballo en equipo

O curso escolar 2019/2020 estivo marcado polo un feito insólito, nunca sucedido ata o día de hoxe  no ensino obrigatorio como foi o confinamento iniciado o día 16 de marzo de 2020. Neste curso, o P.D.I. do centro ten como lema “Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía”, e os grupos de 5º e 6º de Educación Primaria centrámonos no tema na: Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas, para o cal utilizamos diversos materiais entre os que se encontran os seguintes:

  • Libros da hora de ler durante o curso escolar 2019/2020: Billy Eliot. Barco de Vapor, Todo cambió con Jacob. Alfaguara; El club de los raros. Barco de Vapor; La aventura del 8 de mar-zo. Anaya; Mi padre quiere casarse con tu madre. Barco de Vapor ; De chico a chica. Barco de Vapor;As peripecias de Extravaganza Pérez de Ledicia Costas; Iciar quere cambiar o mundo de Fina Casalderrey; O principiño de Antoine de Saint-Exupery e  O brazalete máxico de Rocío Rueda.
  • Materiais didácticos centrados na igualdade de xénero:
    • Caderno de actividades para primaria. Proyecto Equal Vía Verde para la igualdade.
    • Guía para la coeduación para el alumnado de primaria. Deputación de Zaragoza.

O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes, tales como:

  • Máis motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
  • Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
  • Maior compromiso mellorando o desempeño.
  • Máis ideas.
  • Máis creatividade e a aprendizaxe.
  • Mellora a comunicación e reduce a tensión.
  • Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
  • Traballamos os seguintes obxectivos:
  • Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
  • Establecer obxectivos comúns
  • Crear sentido de pertenza
  • Involucrar ao alumnado na toma de decisións
  • Buscar o entendemento entre partes
  • Impulsar a comunicación
  • Aproveitar a diversidade
  • Celebrar os éxitos do grupo
  • Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida

Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados en “Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas” son os seguintes:

Obxectivos:

  • Fomentar igualdade, o respecto e a amizade entre os distintos nenos e nenas da clase, independente das súas características persoais.
  • Establecer un diálogo no que se destaquen actitudes que favorezan a igualdade e solidariedade.
  • Comentar as actividades positivas e negativas dos nenos e nenas: na aula, no patio, no ximnasio, nos servizos e nas escaleiras.
  • Comentar a importancia do voluntariado, fomentando hábitos de colaboración e altruísmo.
  • Afianzar nos alumnos a capacidade de elección e de toma de decisións propias, estimulando un espírito critico e reflexivo.
  • Descubrir as capacidades e limitacións persoais para favorecer o intercambio e a convivencia.
  • Desenvolver condutas de igualade e socialización.
  • Aprender a descubrir o mellor de cada un para lograr a autoconfianza e a autoestima.
  • Resolución non violenta de conflitos:
  • Promover o diálogo e desenvolver técnicas para alcanzar o consenso.
  • Lograr a aceptación da diversidade e a non discriminación.
  • Progresar na adquisición das pautas do traballo en equipo fomentando a igualdade.
  • Potenciar a empatía para facer fronte á indiferenza.
  • Analizar condutas sociais que determinan a marxinación e poñer en marcha alternativas.
  • Asumir compromiso de revisar e mellorar actitudes e valores.

Contidos.

  • Pautas para o logro do consenso.
  • Características do traballo en equipo.
  • Contidos dos Dereitos Humanos e Dereitos do Neno.
  • Estudo da riqueza artística do noso país: museos, xardíns, monumentos, bibliotecas.
  • Valores da convivencia humana: igualdade, non violencia, axuda,....
  • Realización de dinámicas nas que, por grupos, discútanse os contidos daqueles Dereitos Humanos que cada un xulgue máis importantes, tratando de contrapoñer opinións para impulsar a autocrítica e a reflexión.
  • Establecemento entre o alumando de solucións non violentas a algúns dos problemas que máis afectan á clase.
  • Realización de xogos e dinámicas que impliquen a interrelación de todo o alumnado da clase e favorezan o seu achegamento e contacto centrados no respecto e na igualade.
  • Interese por traballar en equipo, capacidade de valoración do esforzo e traballo dos compañeiros/as.
  • Grao de participación nestas actividades e conduta no traballo cos compañeiros/as.
  • Capacidade para manter un diálogo: escoitar, comprender e comunicar.
  • Descubrimento das capacidades persoais: autoestima.
  • Aceptación no grupo de todos os membros e non marxinación.
  • Toma de conciencia da importancia de reflexionar e analizar as opinións dos demais como paso previo á exposición das nosas.

As actividades realizadas en relación ao PDI, ao longo do curso, foron as seguintes:

  • Día 27 de setembro de 2019: actividade grupal para celebrar a Semana polo Clima. La Cumbre do Clima é un foro político na que diferentes partes, conformadas por representantes de máis de 200 países, empresas, organizacións da sociedade civil e outros grupos reúnense para tomar decisións en pos de reducir os efectos do cambio climático e continuar co Protocolo de Kioto e o Acordo de París. En 2019, a edición número 25 tivo lugar en Madrid.
  • Día 16 de outubro: Día mundial da alimentación. Celebramos no colexio o día mundial da alimentación sa, que ten como lema Unha alimentación sa para un mundo #HAMBRECERO. O primeiro é apostar polas comidas feitas na casa e axudar a concienciar sobre a importancia do consumo de produtos coma vexetais, froitas e verduras, realmente ricas en vitaminas e minerais onde o traballo en equipo en de toda as sociedades fan que todos poidamos desfrutar dunha alimentación sa.
  • Día 24 de outubro: presentación do PDI da aula de 5º e 6º de Educación Primaria que leva por título “Igualdade e traballo en equipo: superando as diferenzas entre todos e todas”. O alumnado de 5º de Ed. Primaria representou unha obra de teatro que eles mesmos elaboraron e titulada "A nosa biblioteca", co fin de iniciar a formación de usuarios do novo alumnado do noso centro aos que lles foi entregado o seu carné de biblioteca.
  • Día 27 de xaneiro de 2019: Plan Director. O 27 de xaneiro de 2020 o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria recibiu a charla formativa sobre o acoso escolar nos centros educativos. O relatorio foi realizado por Lorena, membro do Corpo Nacional da Policía. Un dos obxectivos principais desta actividade é contribuír a formar ao alumnado no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, e nos valores de dignidade e igualdade entre homes e mulleres, así como conciencialos sobre a necesidade de erradicar as condutas violentas do ámbito escolar, buscando o desenvolvemento de condutas pro-activas no rexeitamento e denuncia destes comportamentos e informarlles dos recursos de que dispón a sociedade para axudarlles.
  • Día 30 de xaneiro: xogos populares. O 30 de xaneiro, o alumnado 5º e 6º de Ed. Primaria participou nun obradoiro de xogos populares que desenvolveu a fundación Xaquín Lorenzo, no noso centro ao longo de toda a xornada lectiva. Os xogos que realizou o alumnado de 5º e 6º, nesta ocasión, foron a billarda, os bolos, a birolla. A realización de xogos ten como obxectivo principal a Igualdade e traballo en equipo buscando a superación das diferenzas entre todos e todas.
  • Día 5  de febreiro: Por cuatro esquinitas de nada . Lido e traballado co alumnado de educación infantil , en sesión PELO,  o alumnado que asiste o aula de audición e linguaxe e cos  alumnos e alumnas  de  sexto de educación primaria, dentro da hora de ler. Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, coa ensinanza de que non é cadrado  o que ten que cambiar, se non a porta. O alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecían ou que poderían acontecer na vida real, e máis elaboraron  en grupo pequenos murais cunha mensaxe que lembraba  a integración das diferenzas como algo positivo.
  • Día 6 de febreiro: encontros co autor: Kusuma. O 6 de febreiro o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nos “Encontros co autor” con Héctor Cajaraville, autor do libro “Kusuma” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores. A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para o alumnado de 5º curso de Educación Primaria e a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro. Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador. Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas, e tras a lectura, realizouse o encontro con Héctor Cajaraville, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecelo e conversar con el sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura. O resumo argumental do libro, trata da historia de Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. Neste libro profundan na cooperación, superación da amizade, un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos co descoñecido.
  • Semana do 10 ao 14 de febreiro: Semana do amor e da amizade. Un dos obxectivos da Igualdade e traballo en equipo buscando a superación das diferenzas entre todos e todas, debe centrase na amizade e para iso o CEIP Manuel Sueiro celebra a Semana do amor e da amizade. A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade. Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.
  • Día 21 de febreiro: Entroido. O 21 de febreiro realizamos  desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado. Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas. En 5º e 6º representamos o descubrimento dun asteroide e a súa colonización despois de viaxar ata el, pola nosa galaxia, no Apolo Sueiro.
  • Día 8 de marzo: terminación do traballo “A Ecopanda e o Románico”.  O alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Manuel Sueiro traballou durante o segundo trimestre a lectura do libro “A Ecopanda e  misterio do Románico” centrándose na investigación dun grupo de nenos e nenas (Marta, Xiana, Henrique e os xemelgos Álvaro e Xaime) ao longo da ruta principal do camiño de Santiago intentando descubrir os roubos das pexas románicas. O traballo rematouse o 8 de marzo de 2020.
  • Padriños lectores:  Búsqueda e selección na biblioteca, por parte dos alumnos e alumnas de 6º curso , de contos para os alumnos de Educación infantil  con  temática de aceptación das diferenzas .  Entre outros títulos destacaron :“ O año que é un porquiño” ; “ Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores”;  “Elefante  Elmer “  e “ La princesa que quería escribir”.

O 16 de marzo de 2020 prodúcese un feito insólito nunca sucedido ata o día de hoxe como é a suspensión da actividade lectiva quedando sen concluír a actividade programada para o 3º trimestre como era: 

  • Lectura dos libros centrados na Igualdade e traballo en equipo superando as diferenzas entre todos e todas.
  • Billy Eliot. Barco de Vapor.
  • Todo cambió con Jacob. Alfaguara.
  • El club de los raros. Barco de Vapor.
  • La aventura del 8 de marzo. Anaya;
  • Mi padre quiere casarse con tu madre. Barco de Vapor.
  • De chico a chica. Barco de Vapor.
  • El principito. Antoine de  Saint-Exupery.
  • El brazalete mágico . Rocío Rueda.

Materiais didácticos centrados na igualdade de xénero:

  • Caderno de actividades para primaria. Proyecto Equal Vía Verde para la igualda-de.
  • Guía para la coeduación para el alumnado de primaria. Deputación de Zaragoza.

Recollida de información e materiais didácticos para traballar co alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria:

  • Como cambiaron os tempos.
  • Distintos traballos da vida dunha persoa.
  • Dobre xornada e usos do tempo.
  • Iguais e diferentes.
  • Conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
  • Que podo facer eu.

Metodoloxía e recursos utilizados:

A metodoloxía de traballo foi a lectura individual e en voz baixa dos libros que se entregan na mochila viaxeira e nas diferentes actividades propostas polo docente e centradas na igualdade e traballo en equipo. Cada quince días realizarase a posta en común de cada unha das actividades propostas. Dita exposición permitirá ao resto do seus compañeiros/as a elección do libro que máis lle guste.

A nosa intención foi a de propor unha serie de obxectivos que sexan realistas, coherentes e avaliables, que estean estreitamente ensamblados e non poidan separase uns doutros. Con todos e cada un dos contidos para traballar tentamos:

  • Poñer de manifesto a discriminación da muller a causa do sexismo imperante en áreas como a familia, a escola, o traballo, os medios de comunicación,..
  • Expoñer e criticar os estereotipos sexistas, así como as liñas de actuación para superalos.
  • Someter a reflexión e crítica o uso sexista da linguaxe
  • Reflexionar ao redor da idea de que o sexismo non se basea tanto en contidos como en valores, actitudes, e comportamentos
  • Propoñer medidas de acción positiva destinadas a cambiar as actitudes sexistas en homes e mulleres, e a loitar por unha relación máis igualitaria

Avaliación:
Para avaliar o resultado utilizouse a seguinte táboa de dobre entrada, sen embargo non é posible a realización da mesma xa que está planificada no 3º trimestre e coincide co período de confinamento.

Como conclusión, e aínda que non foi posible a realización completa do PDI é importante destacar que cando as persoas traballan en equipo melloran notablemente os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas, todo isto foi posible durante o 1º período comprendido entre o 4 de outubro de 2019 e o 13 de marzo de 2020.

Hora de ler en 6º de Ed. Primaria

A configuración da hora de ler foi deseñada os martes  e mércores por Dna. Tatiana Mª Fernández Abuín (Audición e Linguaxe)e os luns , xoves e venres por D. José Antonio Regal Vázquez ( titor de 6º curso).

Coma no curso anterior , mantivemos durante a hora de ler varios tipos de lectura ( en voz alta, silenciosa, individual e en grupos) e concretamos os resultados de tales lecturas nos dous CONCURSOS DE ANIMACIÓN Á LECTURA celebrados en base aos libros lidos.

Os títulos traballados no presente curso foron:

  • No corazón do bosque” de Agustín Fernández Paz.
  • Alas de mosca para Ángel” de Fina Casalderrey.
  • A balada dos unicornios” de Ledicia Costas. Lemos varios capítulos do libro pero , por mor do estado de alarma, non se rematou nin se fixo o concurso de animación á lectura para este  título.

No presente curso tamén se fixeron outro tipo de actividades, entre as que cabe salientar:

  • LIBRO :POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA. Lido e traballado co alumnado de educación infantil , en sesión PELO,  o alumnado que asiste o aula de audición e linguaxe e cos  alumnos e alumnas  de  sexto de educación primaria, dentro da hora de ler.

Lingua de signos Española (LSE)

A LSE foi integrada nas diferentes actividades e datas conmemorativas realizadas no centro co dobre obxectivo de dar visibilidade e que sexa accesible tanto para as persoas que asistan como aquelas que visualicen a paxina do centro.

  • Presentación do PDI do centro: realizado por alumnado de 6º EP. :“Hola, bos días ímosvos a presentar o PDI que leva por titulo “ cidadanía, igualdade e integración, valores do planeta son”.
  • Peche do festival de Nadal ca canción "Más allá del amor", onde o alumnado de sexto interpretaba en lingua de signos a canción, mentres que o resto do alumnado e profesorado a cantaba e os acompañaba signando o estribillo da mesma.
  • Canción do día da Paz, realizada por todo o alumnado as estrofas da mesma, primeiro en lingua de signos e logo cantada.
  • Programa aliméntate, onde o alumnado de sexto colaborou signando o menú semanal do comedor do centro.
  • Libro viaxeiro para o aprendizaxe de signos básicos, que levaron cada semana un dos alumnos de 6º EP, e posteriormente incorporouse a biblioteca para que todo o alumnado poda seguir practicando e aprendendo para poder utilizalo na comunicación cun dos alumnos do centro.

Lectura  funcional: follas de pedido, billetes de tren,  seguimento de instrucións para facer unha figura de Origami e  elaboración  da receita do brownie de chocolate co microondas do comedor na aula de audición e linguaxe.

Padriños lectores: Achado e selección na biblioteca de contos para os alumnos de Educación infantil  con  temática de aceptación das diferenzas : “O año que é un porquiño” ; “Princesa Kevin”; “Vivan las uñas de colores” ; “Elefante  Elmer “ e “ La princesa que quería escribir”.

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Distribuir contido


by Dr. Radut