Palabras de auga

O derradeiro libro traballado no club de lectura de sexto curso foi Palabras de auga de Macos Calveiro e publicado por edicións xerais.

O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado...

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.

O libro móstranos como é a vida diaria duha sociedade africana que non dista moito do que podería ser a vida no Neolítico.

Como remate final, realizamos o concurso de lectura sobre o libro no que participou a totalidade do alumnado de 6º curso de Ed. primaria. Para elo, conformamos catro equipos heteroxéneos creados aleatoriamente por sorteo.

O equipo vencedor foi o formado por Diego, Gustavo e Andrés. Recibiron como agasallo o libro titulado El ladrón del rayo de Rick Riordan.