Introdución.
O alumnado de 4º centrouse no estudo da CDU correspondente a biografías. Para o que pescudamos na vida e obra de Hans Christian Andersen.
O traballo comenzou cunha fotografía e descubrimos quen era a personaxe, o seu oficio, lugar de nacemento, etc. Utilizaremos libros de contos, enciclopedias, internet…
Os obxectivos previstos: coñecer a CDU de biografías, coñecer a CDU de xeografía, localizar Dinamarca en Europa, así como outros países deste continente, coñecer a vida e obra de Hans Christian Andersen foron alcanzados.
Fixemos unha entrevista ao autor. Despois de ler, comentar e afondar na biografía de Andersen o alumnado escolleu unhas preguntas e a súa resposta para facerlle.
Na aula de plástica fixemos un gran mural con Hans Christian Andersen e as fotografías do alumnado de 4º ao seu redor, onde quedou reflectido o seu traballo.
Falamos de varios dos seus contos, xa coñecidos polo alumnado, e no Entroido o noso disfrace foi de Libro. Como non podía ser doutra maneira cada alumno levaba a portada dun conto del.
Como ampliación do estudo das biografías, fixeron un traballo, por parellas. Biografías de mulleres cientificas que sendo descoñecidas ou casi, aportaron ou seguen aportando coñecementos e inventos, as vidas de todos nós. Utilizamos o libro Las Chicas son de Ciencias da editorial Montena: Mileva Maric, Patricia Bath, Stefanie Kwolek, Inge Lehmam, Beulah Louise Henry.
Estos traballos foron expostos na aula e a cada alumno/a chamoulle a atención unha personaxe distinta.
Neste curso traballamos en galego a alimentación saudable e a obesidade infantil con "Gordiño recheo" (Fina Casalderrey) da editorial SM.
En castelán, traballamos o libro de Anna Manso "El último violín" da editorial Anaya.
A poesía chogounos da man de Paco Velázquez con "Rebelión en la escuela" libro de poemas adicado a obxectos e material de aula, onde foron quen de engadir algúns versos.
O emprego das Tic ven da man de Chocolata (Marisa Núñez) ed. OQO que estamos desenvolvendo neste momento.
Tamén temos pendente de ler "El Lazarillo contado a los niños" (Rosa Navarro) ed. Edebé.
A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado independientemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprension lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI.
Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar.
Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:
A Hora de ler funcionou ao longo de todo o curso 2018/19, na aula de Ed. Infantil, coma no resto dos cursos do cole.
Con esta actividade alcanzamos, entre outros, os seguintes obxectivos:
As principais actividades realizadas foron as seguintes:
O máis complicado deste curso foi as veces escoller os contos para que lles gustasen a nenos e nenas de tres idades diferentes.
Este curso, continuamos realizando a Hora de ler todo o alumnado do centro ao mesmo tempo, nunha sesión estipulada no horario escolar lectivo, entre as 12:00 horas e as 12:20 horas, tocando o trimbre do colexio ao inicio e ao final da mesma.
Parte das actividades realizadas ao longo do curso 2018/2019, na Hora de Ler, pódense ver na seguinte ligazón:
Premendo nas seguintes imaxes podemos ver un resumo das actividades realizadas por cada curso:
4º, 5º e 6º de Ed. Infantil. | 1º de Ed. Primaria. |
2º de Ed. Primaria. | 3º de Ed. Primaria. |
4º de Ed. Primaria. | 5º de Ed. Primaria. |
6º de Ed. Primaria. | |
Na Hora de ler traballamos cunha metodoloxía participativa. Realizamos as seguintes actividades:
Consideramos que o tempo destinado á Hora de ler é imprescindible para fomentar e favorecer boas prácticas lectoras no noso alumando.
A axencia ADOS de doazón de órganos e sangue realizou no noso centro unha campaña de difusión da súa labor coa entrega ao alumnado do libro dos bolechas “Papá bolecha doa sangue” para que o alumnado traballase a súa lectura na casa coa súa familia.
Coñecer parte da historia da Grecia clásica mesturada con alguna andanza de Alejandro Magno foi máis sinxelo grazas á lectura do libro EL BRAZALETE MÁGICO de Rocío Rueda.
Previa á lectura buscamos información na rede sobre o patrimonio grego, completando información cos libros ATLAS DE LAS CIUDADES de Federica Magrin, ATLAS DE LA COCINA de Genny Gallo y ME LLAMO ALEJANDRO MAGNO de Pau Miranda e Christian Inaraja.
Despois da lectura reflexionamos sobre o expolio por parte dalgúns museos de pezas doutros países.
E como remate elaboramos os nosos brazaletes máxicos que nos transportan polo mundo da lectura.
O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:
Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":
Grazas á JMA (Japan Meteorological Agency), obtivemos cumprida información sobre o tempo meteorolóxico en tres lugares do Xapón: Tokyo, Funabashi e Hokkaido.
Cada un deles ten que ver co proxecto sobre Yayoi Kusama e Xapón: Tokyo, capital do país e onde se atopa o seu museo; Hokkaido, onde se atopan grandes extensións de lavanda; Funabashi, atopamos alí o parque Hans Christian Andersen.
No audio que podedes escoitar, os alumn@s de 6º E.P. , dan as novas do tempo: Japan Weather News.
Tamén elaboramos un mapa en relevo no que se poden visualizar os meteoros que inciden nesos tres lugares.
Situamos as Weather News no Plan Proxecta, Programa Meteoescolas e complementan o PDI da área de plástica nas sección bilingües de 1º e 2º E.P.