Skip to Content

4º Curso

Entroido 2014

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2014 - 4º Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

O invernadoiro está a rebosar !! Ángela Pérez e Uxía Trenco.

 

 

O  4 de xuño fomos ao invernadoiro recoller as patacas, para iso seguimos un proceso:

1. Precisamos un sacho e un caldeiro. 

2. Intentamos chantar o sacho de forma que entre ben no fondo e que a pataca saia en bo estado. Para isto hai que ter moito cuidado de non rompela.

3.Unha vez arrincadas hai que gardalas nun lugar onde non lle dea a luz, para que non se estraguen. 

Tamén vimos as hortalizas que sementaron os dos outros cursos e que xa están listas para recoller: acelgas, cabaciños, cebolas, amorodos...

ESPERAMOS QUE ESTEAN BOAS!!!!!!!!!

 

See you later Amanda.

 

Amanda Jobe, a auxiliar de conversa que estivo este ano no noso Centro,  despídese de nós. Pero non é un adeus definitivo senón un ata o curso que vén, xa que Amanda decidiu prorrogar o seu contrato de auxiliar un ano máis no noso colexio.

Profesorado e alumnado que tivemos o pracer de traballar con ela dámoslle as grazas polo seu entusiasmo, polas ideas que nos aportou e pola súa axuda inestimable na aula.

We´ll miss you!!

Un clásico: Yasín e Pedro en concerto

O pasado martes 28 de maio, os nosos compañeiros Yasín de 5ºB e Pedro de 4ºB déronnos un miniconcerto na biblioteca.

Disfrutade dun anaquiño.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Concurso sobre Roberto Vidal Bolaño

 

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, o alumnado de 4º de Primaria tivo unha actividade moi especial organizada por Noemí Pazó, a nai de Daniel, que contou coa axuda de catro alumnos/as seus do instituto.

Consistiu nun concurso moi entretido, inspirado no programa Quién quiere ser millonario, no que houbo preguntas sobre Roberto Vidal Bolaño, distintas probas e no que incluso tiveron que disfrazarse os profesores.

Entrevista a Belén Quintáns, a viúva de Roberto Vidal Bolaño. Sonia, Iván, Sofía, Sergio e Hugo. 4º C

O día 5 de abril visitounos a que foi a última muller de Roberto Vidal Bolaño, coa que tivo unha filla. Cando morreu Roberto, os seus fillos tiñan 18, 15 e 9 anos.

Á entrevista fomos cinco representantes de cada clase, do 2º e 3º ciclo.A entrevista fíxose na biblioteca do centro.

 

Primeiro preguntámoslle sobre a súa infancia. Contounos que a Roberto lle gustaba xogar ás mesmas cousas que aos rapaces de entón: ao fútbol, aos indios e vaqueiros, aos romanos e roubar froita aos veciños. Tamén xogaba a tirarse pedras cuns amigos nun descampado, dun lado ao outro da muralla.Cos seus amigos ía a casas abandonadas a exploralas.En canto ao deporte que practicaba, como era moi alto metérono nun equipo de baloncesto.

 

Sobre os seus gustos de maior, contounos que era moi bo comedor. Gustáballe ler,viaxar, ir ao cine, falar coa xente, ir ao teatro e ir de viños.Tivo cans de caza porque o seu pai era cazador.

 

Tivo moitos traballos: nunha tenda de recambios, noutra de electrodomésticos, nun banco... Ao mesmo tempo estudaba para poder entrar na Escola de Cine, pero pecharon a escola. Finalmente deixou o traballo no banco, aínda que fora arriscado, para adicarse só ao teatro.

 

Aos 14 anos escribiu a a súa primeira obra de teatro para representala no seu colexio de Pontevedra. O primeiro libro escribiuno aos 27 anos.

Os seus escritores favoritos eran : Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Valle Inclán, Bertolt Brecht...

Primeiro interesouse polo mundo rural e as tradicións populares, logo interesouse polo mundo urbano. Inspirábase no que tiña ao seu redor. A obra Animaliños está inspirada na xente que vivía na súa urbanización, aquí en Brión.

 

Fixo unha obra en galego e pasouna a castelán para un concurso.

A obra de teatro da que estaba máis orgulloso era As actas Escuras. O personaxe máis difícil de interpretar foi o protagonista de Día sin gloria.

 

Escribía en calquera parte ( servilletas, manteis, posavasos... )

A súa obra teatral máis popular foi Sen ir máis lonxe. Interpretouna cento vinte e cinco veces. A súa vida de escritor era moi descontrolada porque cando tiña que acabar unha obra non comía, non durmía...

 

Cando morreu aos 52 anos tiña proxectos pendentes. A Roberto gustaríalle ter feito cine. Se soupera que lle ían adicar o Día das Letras Galegas non o crería porque normalmente adícase a escritores e poetas.

 

Por último, preguntámoslle porque levaba sempre sombreiro. Contestounos que era para acordarse dunha noiva que tivera, que morrera moi nova, porque lle dicía que estaba moi guapo con el.

 

 

 

 

 

 

 

 


Aprendemos a reciclar papel.

 

O 14 de marzo fixemos un obradoiro de reciclaxe de papel. Para reciclar papel hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Conseguir papel de periódico, rasgalo en tiras e despois en anacos pequenos.

  2. Deixar a remollo durante un día en auga quente para que se desfaga.

  3.  Nós, para acelerar o proceso, batémolo cunha batedora.

  4. Coller a pasta resultante cunha peneira.

  5. Secar cunha baieta o exceso de auga e desmoldar sobre unha folla de papel de periódico.


  6.    


  7. Por último, esperar tres ou catro  días a que seque para poder utilizalo.

Manuel Rivas, Daniel Souto, Diego Rey e Hugo Tubío.

LA LEYENDA DEL COLEGIO DE PEDROUZOS-BRIÓN- POR MILLENA DE 4ºA

Hace meses y años atrás el profesor llamado Gabriel, siempre abría la ventana.Con el aire la puerta se abría, y se cerraba.Todos del colegio se asustaba,todos pensábamos que era un fantasma,pero era  el profesor.Solo nós queria asustarBeso

 

 

 

 

 

ESCRITO POR:MILLENA BARBOSA CARDOSO NERES

Naceron as patacas. Sonia e Alexandra, 4ºC

 

Brotaron as patacas!!


O día 13 de marzo fomos  ao invernadoiro para ver se xa naceran as patacas... Naceron todas!  A planta máis grande medía  aproximadamente 6cm.

Aproveitamos para  regar as patacas, arrincar as malas herbas e remover a terra da nosa parcela. Nós fixemos un pouco, e despois Xan deulle un pequeno repaso .

Antes de marchar estivemos mirando as parcelas de infantil, nas que tiñan plantado varios tipos de flores e tamén miramos os seus carteis. Os profesores propuxéronnos facer uns carteis con información sobre as hortalizas que sementamos.

Por último, Xan díxonos  que outro día  imos plantar pementos de Padrón.  


Sonia e Alexandra, 4º C

   


 

Distribuir contido


by Dr. Radut