Skip to Content

4º Curso

Don Quijote de la Mancha

Publicada a actividade feita con Ardora, Don Quijote de la Mancha.

Preme na imaxe para acceder

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 4º DE PRIMARIA

O pasado mércores, 1 de xuño, todo o alumnado de 4º de Primaria e cinco profes fomos a Marín.

O primeiro que fixemos foi ir a ver os petróglifos de Mogor e debuxamos un con forma de laberinto. Despois explicáronnos o significado de cada un. Logo sentámonos a merendar.

Cando rematamos, baixamos á praia de Mogor. Máis tarde José Antonio, o director, deunos permiso para meternos na auga. Uns bañáronse e outros xogaron coa area.

A cotinuación, fomos ao Parque dos Sentidos. Alí comemos e os que acabaron foron a un tobogán enorme. Tamén había moita vexetación.

Finalmente fomos ao Ecoparque Multiaventuras que está nas aforas de Marín. O primeiro que fixemos foi colocar as mochilas nunha caseta. Logo baixamos e puxéronnos os arneses. Fixéronnos unha proba para ver como poñiamos os mosquetóns e o buo. Quen o aprobase pasaba a fase 1, logo á 2 e así sucesivamente.

O que máis me gustou foi a tirolina do Ecoparque. Eu recomendariallo a todos os nenos e nenas do mundo.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos.

Manuel Alonso

UNHA XORNADA ESPECIAL CON LEDICIA COSTAS

Onte, 12 de abril, visitounos Ledicia Costas, a autora de Escarlatina, a cociñeira defunta.
Recibímola na biblioteca o profesorado e o alumnado de 4º de Primaria. Canto entrou, levouse unha grata sorpresa porque fixemos algunhas receitas das que había nos capítulos da novela e tamén polos impresionantes debuxos de Escarlatina, Román e Dodoto.
          

A TAN DESEXADA VISITA DE LEDICIA COSTAS

O próximo martes, 12 de abril, visitaranos a autora da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, Ledicia Costas.
Recibirémola na biblioteca, o alumnado e profesorado de 4º de Primaria, ás 13:30 h. E, se dispón de tempo, gustaríanos que nos respondese ás preguntas-curiosidades que lle enviamos por correo electrónico. Tamén aproveitaremos para que nos asine os libros, tanto o de Escarlatina coma o de Esmeraldina. Ésta última, precuela da primeira, xa houbo quen sentiu a curiosidade de mercala e seguir lendo estas apaisonantes aventuras.
A todos nos encantou a súa obra e esperamos, ansiosos, a súa chegada.
 
Alumnado de 4º de Primaria
 

Escarlatina, cociñeira defunta

Accede as actividades interactivas do libro Escarlatina,a cociñeira defunta premendo na imaxe da portada do libro.

O MELLOR MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Onte, 25 de febreiro, todo o alumnado de 4º fomos de excursión ao Museo de Historia Natural de Santiago coas profesoras: Paz ,Mariló ,Bea , José Antonio, Nadia e Olga. Fomos todos no mesmo autobús e chegamos ás 11.

Cando chegamos fixeron dous grupos: 4ºA e a metade de 4ºB e o segundo grupo 4ºC e o resto de 4ºB. 

Vimos animais disecados, plantas, minerais , ósos de animais da prehistoria e pedras preciosas.

Na primeira actividade unha das guías denos unha cartolina para crear un ecosistema sobre unha fraga ou un río. Logo  insináronnos pedras preciosas, meteoritos , unha tartaruga xigante e os animais disecados enriba do seus países.

Finalmente fomos a merendar e subimos nos autobuses para voltar ao colexio.

  O que máis me gustou foron os ósos de animais da Prehistoria.

  Luzía  4ºB

 
 

DE VISITA POR NOIA

O luns, catorce de decembro, todo o alumnado de cuarto fomos a Noia, en autobús, coas profes: Belén, Mariló, Paz e Bea para visistar o museo do Mar e facer un obradoiro no supermercado Eroski. O martes irán os nosos compañeiros/as de terceiro cos seus profes: Gabriel, Benedicta, Mª José e Teresa.  (ver fotos)

 

Ao baixar do bus, tivemos que ir andando ao museo de Santa María, a Nova, que antes era unha igrexa. Primeiro, vimos as laudas gremiais e despois, un belén moi grande que tiña un río con peixes.

Imos ler ao parque.

Hoxe, para despedirnos de todo un curso de lectura conxunta cos nosos afillados e afilladas de 1ºA, fomos todos xuntos ao parque que está preto do colexio. Lemos nos columpios, no tobogán, nos balancíns, tirados na herba...e tamén aproveitamos para xogar un pouco.

Pere Tobaruela visita o noso colexio

 

 Hoxe veu Pere Tobaruela, autor do libro que estivemos lendo o alumnado de 4º de Primaria: FORMIG4S Misión París.

 Non só nos falou deste libro, senón temén doutros que publicou coma FORMIG4S Misión Nova York. Tamén nos fixo un adianto doutro dos seus libros que sairá en setembro e que se vai titular FORMIG4S Misión Barcelona. 

Por último, contounos cousas da súa infancia, como que empezou escribindo cun ano, cun lapis, nas paredes da súa habitación.

A nós pareceunos un señor moi divertido e simpático. A súa charla pareceunos moi interesante e amena. Gustaríanos que volvera algún día.

 Alejandra Iglesias e Adela Carril

 

Visita a Corrubedo e Porto do Son

O mércores desta semana , o alumnado de 4º curso de Primaria fomos de excursión a Corrubedo e Porto do Son.

En Corrubedo estivemos no Centro de Interpretación do Complexo Dunar, onde nos falaron da fauna e flora deste lugar, e dos recursos que utilizan as plantas para adaptarse ás condicións deste territorio. Despois visitamos a gran duna móbil.

En Porto do Son visitamos primeiro o museo Marea, museo da memoria mariñeira, onde puidemos ver algúns aparellos de pesca e marisqueo, e por último, coñecemos o traballo das redeiras do porto.

Sofía Álvarez e Alba Negreira

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut