Skip to Content

Animación á lectura

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN 2022.

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo verán a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.

Lecturas de Nadal 2021

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo Nadal a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións.

LECTURAS DE NADAL

Como é habitual nestas datas, dende a biblioteca elaboramos unha guía de lecturas de Nadal con suxestións e  ideas  para os Reis Magos  e que así, entre os agasallos que deixarán dentro de poucos días aos nosos nenos e nenas, non falte un bo libro.

LECTURAS DE VERÁN!!

Neste fin de curso, dende a Biblioteca de Pedrouzos, non queremos deixar de recomendarvos algunhas lecturas que poidan facer máis levadeira a espera da volta ó colexio.

Vémonos pronto!!

FESTIVAL ATLÁNTICA 2020

Un ano máis volvemos partipar no Festival ATLÁNTICA, (Festival Internacional de Narración Oral). Ao longo da vindeira semana teremos con nós aos/ás seguintes contadores/as de historias:

XA ESTÁ!!

Xa temos unha nova amiga na biblioteca do cole. Chámase "Landriña", e vén para quedar unha boa tempada con nós. 

Moitas grazas a todos e todas os que participachedes neste concurso, e como non, Noraboa, Julia!!.

 

NOVA MASCOTA DA BIBLIO!!

O equipo da Biblioteca precisa da vosa axuda, xa que "Lupiña" fíxose maior e marcha para o Instituto.
É hora de buscarlle unha substituta, que represente á Comunidade Educativa de Brión (a ser posible que faga referencia ao entorno, á historia, aos monumentos... do Concello ).
Para tal fin, convocamos un concurso para que todo o alumnado participe de xeito voluntario, coas seguintes bases:

 - Debuxo co nome da mascota en cartolina branca, que se pode recoller en conserxería.
 - Data límite de entrega nas titorías, o 27 de xaneiro.
 - Nome do alumn@ por detrás.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Tod@s Lemos

A ANPA Andaravía comparte con toda a comunidade o video resume desta actividade de animación á lectura proposta dende a biblioteca do centro. Esta iniciativa reuniu a todo o alumnado, afillados/as cos seus padriños e madriñas de lectura, para compartir un momento emocionante coa literatura.

 

 

No Samaín, contos de medo!!!

Todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo que agardan para ser contados o día 31 de outubro, véspera da conmemoración do Samaín.

Os/as improvisados/as contadores serán mestres/as do centro que ese día transformaranse en terrorríficos narradores. Ao longo desta semana o alumnado, acompañado polo seu titor/a percorreu os corredores para ver as portas e anotarse "os/as máis valentes" nalgún deses contos.

Agradecemos a colaboración da anpa Andaravía na realización deste vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut