Skip to Content

4º Curso

Concurso escolar Hazlo Verde

Este curso participamos na VI edición do Concurso escolar Hazlo Verde de Leroy Merlín, para traballar a educación medioambiental, de forma transversal na clase, realizando varias actividades a nivel de aula (como a recollida de residuos e a súa separación) e participando tamén a nivel de escola (por exemplo, coa recollida de tapóns e a realización da obra das mariscadoras, para apoiar a asociación Art for Dent https://artfordent.es).

Despois de presentar un collage e un informe de todo o realizado este curso (e durante estes anos) sobre o tema das tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar), o que engadimos tres R máis: Recoller, Reflexionar e Recordar.

Con este lema, fomos seleccionados entre os 10 primeiros na nosa Categoria A (3° e 4° de Primaria).

O premio sería non so para 4°A, se non para toda a escola (2.000 euros para un proxecto educativo medioambiental).  Así que é un premio para tod@s!! E para o medioambiente, que tamén é moi importante!! Así que A VOTAR!!! (fai clic aquí)

Aquí tedes toda a información:

https://www.hazloverde.es

Material 4º A. Curso 2021-2022

Adxunto listado do material para o alumnado de 4º A. Cambiei a versión por unha en formato .pdf para que non teñades problemas ao abrir o arquivo.

Listado material

Adxuntamos o listado de material para o curso 2020-2021

Este Nadal... Pensamos en cores.

Traballo realizado polo alumnado de 4° de primaria. 

CURTAMETRAXES EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado xoves, 3 de outubro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria acompañado de oito profes, fomos ao Salón Teatro de Santiago.

O bus deixounos frente ao IES Rosalía de Castro e fomos andando ao Salón Teatro que está na rúa Nova. Alí vimos nove curtametraxes moi chulas. A min, as que máis me gustaron foron Fóra de pista e Mohgu e Perol.

Logo merendamos na alameda e volvemos cantando cancións !!!!!

MOHNGU  E  PEROL

Mohngu cociñaba moi ben. Facía a comida para él pero Perol comíalla. Un día Mohngu estaba collendo moras azuis e como Perol tiña moita fame colleu unha. Comeuna, picoulle moito, enfadouse con él e díxolle que xa non eran amigos. Pola noite saiu a ver que era ese  ruído e viu a Perol. Tiña moita fame!!!

Mohgu empezou a cociñar a toda présa e montou un banquete. De alí a un pouco empezaron a comer coma bestias.Mohgu fixo un pastel de moras e o amigo non se atrevía a probalo. Probouno, cerrou os ollos e dixo: está boísimooo!!!

                                                                                   Andrés Martínez - 4º Primaria

Relatos ortográficos

Ilustración de Lúa

Fraguas, cóntoche un traxe.

 

Esta é a actividade que trouxo hoxe  Montse Rivera ao noso Centro para falarnos de como era o traxe tradicional galego, o de diario e o de festa, o dos homes e os das mulleres,  mentres nos ía pondo as distintas prendas que compuñan os catro traxes que nos mostrou. E todo isto acompañado de cantigas !

Foi esta unha  homenaxe a Antonio Fraguas,  un grande  estudoso do traxe galego, que inspirou a Montse para facer este obradoiro.

   

Para finalizar, como non había traxes para todos, puidemos pasar por un photocall para pornos na pel dos nosos devanceiros.

 
   

Visita ás exposición de Arte Galega e Castelao Maxistral

 
   

 

 

O 10 de outubro fomos ao Museo Gaiás da Cidade da Cultura a ver as exposicisións Castelao Maxistral e Arte Galega.

Na exposición de Castelao vimos o cadro A derradeira lección do mestre , que me produciu tristeza porque aparecía un profe morto, que asasinaran  por ensinarlles aos nenos a pensar como quixeran .

Na exposición de Arte Galega destaco  o cadro Vista de Paris, do pintor Virxilio Blanco Garrido, que me sorprendeu  do bonito que era. O cadro tiña pintado casas de París e ao fondo víase a Torre Eiffel.

Lúa López Rodríguez

 

Video e música de Umpa Lumpas

Xuntamos arquivo de son e ligazón a video coa coreografía para os UmpaLumpas

Video

Son

 

Distribuir contido


by Dr. Radut