Skip to Content

Educación física

Actividades de sensibilización sobre a discapacidade en Educación Física

Dende a área de Educación física, tratamos de sensibilizar ao alumnado sobre a discapacidade física a través do desenvolvemento de actividades onde os alumnos e alumnas teñen que poñerse no lugar dunha persoa invidente e experimentar as dificultades de movilidade coas que se atopan.

(VER FOTOS)

Visita de Andres Tuñez

Como remate das actividades realizadas o mes de maio en torno ao deporte, tivemos a sorte de contar cun gran futbolista da nosa comarca: Andrés Túñez, xogador do Celta de Vigo e da selección de Venezuela.

Andrés contestou ás preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas sobre a súa vida deportiva.

Na galería podedes ver máis fotos deste día e dos outros convidados este mes: Corbacho do Obradoiro e Alex do Lobelle.

Moitas grazas a todos eles e aos seus clubs pola súa colaboración!


O DEPORTE TAMÉN NA BIBLIOTECA

Dentro da programación de actividades que estamos a realizar este mes sobre o deporte, acabamos de estrear na biblioteca unha mostra bibliográfica sobre este tema. Nela os nenos e nenas poden ver, ler e disfrutar de novos títulos que teñen como punto común o deporte.

Agardamos que vos guste!

MES DE MAIO, MES DO DEPORTE

Ao longo deste mes temos organizadas unha serie de actividades relacionadas co deporte. A intención é promover entre o noso alumnado a práctica de exercicio e de hábitos saúdables. Teremos a sorte de recibir no noso centro a visita de destacadas figuras do mundo deportivo galego, xa vos iremos informando...

Na biblioteca realizaremos un ciclo de películas relacionadas co deporte  e tamén unha mostra de libros e vídeos sobre este tema.

Entre os rapaces do segundo e terceiro ciclo repartiuse un decálogo de boas prácticas deportivas que podedes descargar aquí.

E lembrade:            Se queres estar forte,

                       practica moito deporte!

Distribuir contido


by Dr. Radut