Skip to Content

Tic's

Proxecto Abalar: Navega con rumbo - 2018

O  luns, 21 de maio, na biblioteca do centro,  ao longo da mañán e ás 17:30h. da tarde haberá charlas  divulgativas sobre internet e o uso seguro e responsable da rede,  dirixidas ao alumnado, profesorado e pais/nais, titores/as responsables do alumnado do centro.

As conferencias enmárcanse dentro das charlas divulgativas ABALAR que pretenden  xerar coñecemento na comunidade escolar. Creemos moi importante a participación de pais e nais, de xeito que os nenos e nenas os poidan considerar unha referencia á hora de consultar dúbidas ou situacións comprometidas e mesmo que perdan o medo a introducirse nas novas tecnoloxías.
As charlas serán impartida por Mario Barcala, pai de alumno do centro,  do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a duración será aproximadamente dunha hora.
Agardamos a súa presenza

Dirección do centro – Coordinación Abalar

Máis información en: http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html

PROYECTO DE INNOVACIÓN “OBSERVA_ACCIÓN”

O noso centro educativo foi invitado a participar pola Consellería de Educación (CAFI) e a Consejería de Educación de Castela e León no proxecto:

PROYECTO DE INNOVACIÓN “OBSERVA_ACCIÓN”

Formación para el desarrollo profesional docente a través de la observación, el intercambio y la formación en la acción educativa» durante el curso escolar 2016-17

Profesorado do centro intercambiará e observará boas prácticas educativas na utilización das TIC's na educación.

 

 

Abalar: Navegar con rumbo

Enrique Sedes, enxeñeiro Informático impartiu unha interesante charla divulgativa a un reducido grupo de pais/nais, alumnado e profesorado do centro sobre como utilizar internet de forma segura e tamén sobre as últimas tendencias e usos da rede.

Iniciamos así unha serie de charlas enmarcadas dentro do Proxecto Abalar, no que participamos neste centro educativo, e que seguirá con outras nas que esperamos contar con maior afluencia de público.

Premendo na imaxe podemos acceder a presentación empregada na charla.

Horario preferente para a Aula de Informática

3ºA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
9:45-10:45 4ºA 2ºB
10:45-11:45 2ºA 1ºB 3ºA
11:45-12:45 Recreo Recreo Recreo Recreo Recreo
12:15-13:15 6ºB Infantil    3º B 4ºA Infantil   4ºB Infantil   
13:15-15:00 Comedor Comedor Comedor Comedor Comedor
15:00-15:45 5ºB Infantil 5ºA Infantil     5ºA 6ºA Infantil  6ºA
15:45-16:30 1ºA 1ºC 5ºB 4ºB 6ºB

Este horario é de uso preferente para os cursos sinalados. Cando alguén necesite a aula de informática durante unha hora de uso preferente terá que negociar co titor/a do curso afectado para que lla libere no caso de ser posible.

Plan TIC

Plantic – Punto básicos

1.Formación do profesorado

Como nos cursos 2008/9 e 2009/10, este curso seguiremos coa formación continuada do profesorado. A participación no proxecto Abalar esixe un formación que pretendemos acadar mediante un obradoiro que se desenvolverá do mes de outubro a maio con máis de 50 horas de formación.

2.Software libre
Dendo setembro de 2008 este centro educativo apostou polo software libre e gratuíto. Todos os equipos do centro teñen como sistema operativo Linux. (Só tres equipos manteñen windows XP por motivos administrativos: secretaría, biblioteca e PDI de infantil).

Empezouse con OpenSuse e este curso 2010/11 mudamos a Ubuntu porque o proxecto Abalar ten nos seus portátiles Ubuntu e decidimos unificar sistemas.

Son xa tres anos de software libre nos que podemos valorar como moi positivos especialmente pola estabilidade dos equipos e a ausencia de virus informáticos.

3.Contornos web
Para facilitar o traballo a profesorado e alumnado optamos por aplicación educativas en contornos web. Profesorado e alumnado non ten que instalar aplicacións nos equipos.
Todos os nosos recursos educativos funcinan en contorno web. Incluso a publicación de traballos se realiza en aplicacións con procesadores web.

4.Intranet

O feito de dispoñer dun cableado integral do centro, permítiunes dispoñer dunha intranet na que dispoñemos de servidores que nos permiten traballar en rede e dispoñer dunha impresión centralizada que abarata os costes dun xeito importante.
Na intraet dispoñemos dun servidor de contidos multimedia, e de ferramentas de xestión para a publicación interna de traballos. No servidor de contidos temos unha réplica das aplicacións de ewebsdinámicas.
Tamén temos un servidor de terminais lixeiros e estamos desenvolvendo un servidor de video e son.

5.Portal web
O centro participa no proxecto Websdinámicas da consellería de educación. Websdinámicas porporcionanos dun portal web (Drupal) , dunha aula virtual (moodle) e dunha galería de imaxes (Coppermine).
A través da páxina web pretendemos informar as familias e ao contorno da vida do centro, tratando de ser un elemento integrados da comunidade escolar.
Coa aula virtual pretendemos ofrecer ao alumnado un espazo de formación no que atopar recursos para apoiar a ensinanza presencial na aula.
A galería é una selección  de momentos gráficos na vida do centro.

6.Equipamento
Non somos un centro especialmente equipado, pero si un centro que se preocupou por aproveitar todos os recursos por moi obsoletos que se supuxeran.
Elo significou recuperar como terminais lixeiros os antiguos pc's do centro. Todas as aulas do centro dispoñen dun terminal lixeiro con acceso a internet e coas funcionalidades de calquera pc.
Dende 2º nivel de primaria todas as aulas teñen cañón de proxección, así como os espazos comuns do centro: Aula de inglés, biblioteca, usos múltiples, sala de profesorado e psicomotricidade.
As titorías e profesorado do centro dispón de equipos portátiles se así os solicitan.

7.Abalar

Este centro solicitou a participación no Plan Abalar e foi selecionado, polo que durante este curso o alumnado de 5º curso de primaria disporá tun portátil permanentemente na aula así como dunha pizarra dixital.

8.Equipo TIC

O equipo TIC é o encargado de dinamizar as tecnoloxías da información e comunicación no centro. Encargase de organizar a formación do profesorado, do mantemento dos equipos, da actualización das aplicacións web do centro, da publicación de contidos e do asesoramento ao rsto da comunidade educativa.

Todos o ciclos teñen responsables no equipo tic.

9.Novos proxectos 2010/11

  • Iniciación dun proxecto de róbotica
  • Instalación dun servidor de video e son
  • Instalación dun novo sistema de terminais na biblioteca

Desenvolvemento do Plan Abalar no centro

O luns 18 de outubro empezamos o obradoiro de formación do profesorado do centro para o Plan Abalar. De outubro a maio desenvolverase este plan de formación baseado no software libre, no traballo colaborativo, no desenvolvemento de contidos e nos contornos web.

O mércores 27 de outunro chegou ao centro todo o equipamente ABALAR que se prevé sexa instalado na primeira semana de novembro.

Esperamos ir incorporando progresivamente so novos equipos no traballo didáctico diario do alumnado de 5º curso da primaria.

Somos centro ABALAR

Se o curso pasado o noso proxecto TIC foi seleccionado e subvencionado pola REDETIC da Consellería de Educación, neste curso 2010/11 implantarase o proxecto Abalar nas dúas aulas de 5º curso de Primaria.

Este proxecto implicará unha formación específica para o coordinador e o profesorado implicado.

Suporá a dotación de dúas aulas Abalar con Pizarras táctiles e proxectores, portátiles para os titores/as, miniportátiles para cada un dos alumnos de 5º curso (os portátiles serán propiedade do centro)  e un novo servidor de contidos.

Distribuir contido


by Dr. Radut