Cando planificamos unha ruta de sendeirismo, debemos ter en conta unha serie de aspectos que nos axuden a facer a ruta máis fácil e así poder disfrutar plenamente dela.
O alumnado de 5º primaria, elabora un cartaz coas recomendacións do bo camiñante.
Cada grupo de clase realiza un folleto. Nesta ocasión, tócalle á ruta realizada ó Castro Lupario, un lugar emblemático e cheo de historia no Concello de Brión.
Recomendamos á toda a vecinanza a achegarse ó Castro para disfrutar das vistas dende o alto do Castro.
Todo sendeirista debe levar unha mochila. Analizamos os elementos necesarios para realizar unha ruta e entre eles atopamos a necesidade de levar roupa cómoda, auga, froitos secos, compás, un mapa, un kit de primeiros auxilios, .... entre outros.
O alumnado de 6º curso de Educacion Primaria realiza o folleto informativo do Torres de Altamira.
Investigaron a orixe das Torres de Altamira, unha construcción que forma parte da historia de Brión. As Torres son as ruínas dun castelo medieval que foi a casa da familia Moscoso, famlia poderosa na Idade Media en Galicia.
Elaboramos unha descrición da ruta paso a paso,por todos os lugares polos que pasamos, así como de diferentes elementos da arquitectura tradicional (hórreos, cruceiros, lavadoiros,...).