Skip to Content

Novas

NOVAS ANPA: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DE CONCILIACIÓN CURSO 24/25

A ANPA Andaravía mantén aberto o prazo de prazo de matrícula para as actividades extraescolares e de conciliación para o curso 2024-2025. A planificación foi realizada tendo en conta o cambio de horario no centro para o vindeiro curso.
 
En materia de conciliación, continúa o programa Bos días cole (madrugadores/as) e incorpóranse como novidade as Tardes divertidas. Canto ás extraescolares, proponse unha oferta diversa para todas as idades.
 
Importante: só se impartirán as actividades que teñan máis de 8 alumnos/as matriculados/as o 28 de xullo. Con todo, no caso de haber prazas libres, poderán sumarse outros alumnos/as na matrícula extraordinaria de setembro.

RESOLUCIÓN SOBRE O CAMBIO DE HORARIO NA SAÍDA DOS AUTOBUSES ESCOLARES PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025

INFORMAMOS que o procedemento para o cambio do horario de transporte xa está resolto de forma FAVORABLE nos seguintes términos:

A petición do centro escolar foi reformulada polo servizo de Apoio Aos Servizos Educativos que determina que pode aceptar, cos medios actuais adscritos ao contrato o seguinte:

  • Entrada sen modificacións: 9:35h chegada transporte escolar e 09:45h horario escolar.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Luns, Mércores, Xoves e Venres: 15:35 h.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Martes: 16:20 h.

Polo tanto, esta Dirección Territorial, unha vez vistas as alegacións, resolve: 

Autorizar o cambio de horario de transporte escolar solicitado polo CEIP de Pedrouzos (Brión) nos termos das alegacións presentadas pola empresa contratista con data de efectos do inicio do curso escolar 2024/2025.

Dirección.

PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (BECAS NEAE)

Están convocadas para o curso 2024-2025, axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Lembrade que o prazo remata o vindeiro 13 de setembro.

Para calquera dúbida, podedes chamar ao centro e solicitar falar co Departamento de Orientación.

Toda a información está no seguinte enlace: 

 

BECAS NEAE

 

ORGANIZACIÓN ENTROIDO 24

 

Organización DESFILE

 

HORARIOS:

BO NADAL!!

             

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA CURSO 2023-2024

Desde Xunta Directiva da ANPA‘Andaravía’ informase da proposta de actividades extraescolares para este curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut