Skip to Content

Novas

SERVIZO COMEDOR

Infórmase de que nestes días, os menús están sendo modificados, debido a estar dúas persoas en cociña de baixa por enfermidade.

Moitas gracias pola vosa comprensión e colaboración.

Excursion Fin de Curso

08/06/2020 09:30
12/06/2020 23:59

Entrega dos premios do Concurso de tarxetas de Nadal 19

Este luns,  na biblioteca do cole, fíxose a entrega dos agasallos aos gañadores e finalistas do Concurso de tarxetas de Nadal que organiza o Concello de Brión, e no que todos os anos colabora o noso centro.

Parabens aos autores/as dos traballos escollidos e agradecer a todo o alumnado a participación nesta iniciativa!!

FROITAS FRESCAS

O noso centro participa no plan de consumo de froita nas escolas coa axuda financiera da Unión Europea.

Ao longo de 2 semanas consecutivas, (dende o 13 ao 24 de xaneiro), e durante o recreo, repartirase a cada alumno/a unha peza de froita, polo que informamos ás familias para que o teñan en conta na merenda dos/as seus fillos/as.

Luns 13 xaneiro

Martes 14 xaneiro

Mércores 15 xaneiro

Xoves 16 xaneiro

Venres 17 xaneiro

Mandarina

Plátano

Mazá Golden

Pera conferencia

Laranxa

 

Luns 20 xaneiro

Martes 21 xaneiro

Mércores 22 xaneiro

Xoves 23 xaneiro

Venres 24 xaneiro

Uva

Mandarina

Plátano

Mazá

Laranxa

Pregamos animen aos seus fillos/as a participar nesta campaña. (Lembren que por motivos alleos ao centro, pode sufrir modificacións)

XA ESTAMOS DE VACACIÓNS!!!

Hoxe desfrutamos dunha xornada de actividades e obradoiros, de chocolate con rosca, de sesións de cine, da visita dos Paxes Reais para os máis pequenos...

As vacacións de Nadal rematarán o martes 7 de xaneiro, para reiniciar as clases, o transporte, comedor, actividades extraescolares... o mércores 8.

Desexámosvos novamente, Bo Nadal e mellor Ano Novo.

NADAL 19

Este ano seguimos ambientando o cole  cunha gran árbore de Nadal feita con material de refugallo. O alumnado de primaria encargouse de aportar o material para a construcción da árbore.

 

E como todos os anos realizouse un concurso de postais de Nadal que se atopan expostas na entrada de primaria e de infantil.  Na foto podemos ver as gañadoras. 

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!

 

 

... E CHEGA O NADAL...

De novo é tempo de Nadal. Coma tódolos anos, queremos contar coa vosa colaboración para encher os corredores do colexio con postais navideñas. O tema deste ano vai sobre as Festas do Nadal, pero para a realización das postais, haberá que respetar a temática que estamos traballando no centro sobre a reciclaxe (reciclar-reducir-reutilizar), polo que se deberá ter en conta para a súa elaboración.

Pódense entregar nas titorías ata o 10 de decembro.

Moitas gracias pola vosa colaboración

E. de Dinamización Lingüística, Biblioteca, e Act. Extraescolares.

 

 

MAGOSTO...

Até agora non foi posible realizar o magosto debido ao mal tempo que fixo durante este mes, e ante as datas nas que nos atopamos, suspendemos o Magosto deste ano.

Grazas pola paciencia e a vosa colaboración.

Dirección

PORTAS DE MEDO...

Outro ano máis, todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo, que contamos o 30 de outubro.
Ao longo desa semana o alumnado, acompañado polo seus titores percorreron os corredores para ver as portas, e anotarse neses contos.

Os contadores e contadoras foron mestres e mestras do centro, e o noso alumnado volveu disfrutar dunha sesión de medo.

Distribuir contido


by Dr. Radut