Skip to Content

Normalización

VISITA A CASA ROSALÍA EN PADRÓN...

 

 

 

 

 

 

 
   
     

ADIVIÑA DE QUE SE TRATA I...

No seguinte folleto, o alumnado elaborou unha pregunta sobre o seu traballo da Muller para que o resto do alumnado localice ou adiviñe...

EStos son os retos para o alumnado de infantil, 1º 2º e 3º de Educación Primaria.

Esperamos que o pasen ben...

folleto_cara1           folleto_cara2

 

 

ADIVIÑA DE QUE SE TRATA...

 

No seguinte folleto, o alumnado elaborou unha pregunta sobre o seu traballo da Muller para que o resto do alumnado localice ou adiviñe...

EStos son os retos para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Esperamos que o pasen ben...

 

folleto_cara 1      folleto_cara2

 

PASAPALABRA ELENA FERRO

 

ROSCO ELENA FERRO: pincha aquí

 

MULLERES GALEGAS

Cada clase elixe unha muller galega de relevancia para o alumnado; e coñece, le e profundiza na súa vida e obra. Posteriormente elaboramos cartaces visuais que poñeremos nos nosos corredores para que o resto do alumnado poda achegarse a esas mulleres. Entre elas destacamos; Antia Cal, Marga Tojo, Elena Ferro, Angeles Alvariño, Luz Fandiño, Marilar Alexandre, Ledicia Costas, Sés, Luz Casal, Yolanda Castaño,... entre outras.

    

   

 

   

  

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS_ FLORENTINO DELGADO GURRIARÁN

Este ano celebramos o día das Letras Galegas achegándonos á figura do homenaxeado neste ano 2022; Florentino Delgado Gurriarán a través de diferentes recursos impresos e dixitais que colgamos na aula virtual do centro (na categoría de dinamización da lingua).

 

Asimesmo fixemos cunha pequena exposición acerca do homenaxeado deste ano.

    

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cunha xornada de xogos populares no patio da escola. Durante esta xornada poidemos disfrutar xogando a diversos xogos como a chave, a comba, os zancos, as chapas,... entre outros moitos.

O alumnado de 6º de Primaria en colaboración coa mestra de Educación Física e asTitorías foron os encargados de seleccionar, organizar e dirixir os xogos. Agradecemos a súa implicación e o seu bo facer de toda a xornada, axudando e xogando cos máis pequenos e pequenas.

 

    Unha mostra de todos esta xornada, podémola ver na galería de imaxes no seguinte enlace:

       GALERÍA DE IMAXES_ XOGOS POPULARES

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

DIA DA NARRACION ORAL

O dia 20 de marzo conmemórase o día da Narración Oral; Dende o equipo de dinamización da lingua sumámonos á celebración e contaremos cunha sesión de contacontos.. Desta volta será o alumnado de sexto o que contará os contos que el@s mesm@s escribiron para participar nun concurso de microrrelatos.

Os seguintes cartaces; mostran os títulos dos diferentes microrrelatos

 narracionoralinfantil   narracionoral2pri  

 

 O ALUMNADO DISFRUNTA ESCOITANDO OS CONTOS,...

.
     
     

 

 

EU SON PERSOA, EU SON MULLER, EU SON...

cartaz8m_1

 

Conmemoramos o día da Muller, o 8 de marzo, achegándonos a mulleres da nosa contorna que teñen relación co mundo das letras. Desta forma, pretendemos visibilizar as súas profesións así como as súas vivencias no seu eido profesional como mulleres.

Queremos agradecer a súa implicación a todas estas mulleres polo seu bo facer e por contarnos as súas vivencias profesionais que nos achegaron ao coñecemento e reflexión da muller na sociedade actual.

Galería de imaxes

 

DÍA DE ROSALÍA

 

 

 

Hoxe, 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha ampla actividade no Ceip Pedrouzos; un mural co seu retrato, a plantación de pensamentos e a recreación “As árbores de Rosalía” coa súa biografía e os seus versos.

 O alumnado de 6º de primaria fixo unha andaina dende o Rubial ata Bastavales donde posteriormente participou na homenaxe realizada no adro da Igrexa de Bastavales organizada polo Concello de Brión.

 

Acceso á galería de imaxes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 As árbores de Rosalía decoran toda a escola cos seus versos....

 e o alumnado prantando as "plantas de Rosalía", os pensamentos...

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut