O próximo mércores celebraremos no centro "O día de Rosalía de Castro", para ir quentando motores deixámosvos un enlace á canción "Rosalía pequeniña" interpretada por Uxía Senlle.
Desde o Equipo de Biblioteca do CEIP de Pedrouzos, poñemos en marcha os proxectos de "FAI O TEU MONSTRO", Destinado ao Alumnado de Educación Infantil e "RELATOS DE MEDO",Para o alumnado de Educación Primaria).
Outro ano máis, todas as portas das aulas do centro convertíronse en portadas de contos de medo, que contamos o 30 de outubro. Ao longo desa semana o alumnado, acompañado polo seus titores percorreron os corredores para ver as portas, e anotarse neses contos.
Os contadores e contadoras foron mestres e mestras do centro, e o noso alumnado volveu disfrutar dunha sesión de medo.