Skip to Content

Proxectos

Mesa Redonda no IES de Brión "Os Bosques"

No IES están desenvolvendo este ano, coma nós, un proxecto sobre o Bosque.

Este martes, 13 de abril ás 18:30h, terá lugar unha mesa redonda onde se tratarán as seguintes cuestións:

    • A importancia do ecosistema bosque e a importancia de preservalo.
    • A evolución do uso dos bosques nos últimos corenta anos
    • Os bosques de Brión: estado actual e perspectivas de cara ó futuro.

Os convidados a esta mesa son: Adolfo Cordero Rivera (profesor da Escola de Enxeñería Técnica forestal da Universidade de Vigo).
Eduardo Rico Boquete (profesor da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela).

Se estades interesados neste tema, non dubidedes en asistir a ese acto!

MURAL DE LUPIÑA

Lupiña danos a benvida á biblioteca dende este mural que acabamos de rematar no patio cuberto. Tanto é  o que lle gusta ler que non perde o tempo e aquí a vemos lendo un libro sobre o colexio e que mellor  que facelo nun bosque un tanto "peculiar".

mural lupinha

2011 ano internacional dos Bosques

Este ano temos moito que conmemorar! Co gallo da declaración do ano 2011 como o Ano Internacional dos Bosques, queremos dende o cole realizar un proxecto de investigación sobre este tema. Aproveitaremos a nosa contorna para coñecer  e estudar este importantísimo ecosistema, reflexionar sobre as relacións que se establecen entre os seus compoñentes e tamén para darnos conta da importancia do seu coidado e conservación.

Vos deixamos un anticipo do traballo que realizaremos con este libro dixital interactivo feito dende o centro, agardamos sexa da vosa interese!

bosque

MOITOS POBOS, UNHA MESMA CASA

No noso centro temos a sorte de contar con nenos e nenas provenientes doutros países. Pensamos que unha boa maneira de conmemorar o día da Paz, sería dar a coñecer a todo o alumnado estes países, as súas costumes, paisaxes, xentes... en definitiva a súa cultura.

É a través do coñecemento e do saber como nos facemos máis libres e máis tolerantes.

Ao longo desta semana e por ciclos, as familias farán unha presentación do seu país e amosarán un "anaquiño" da súa cultura a través dun conto, canción, prato típico.... 

Agradecer a colaboración das familias destes alumnos que dende o primeiro momento involucráronse no proxecto.                       

                                                                                      Ver fotos da actividade

 

Como se fixo a adaptación de Frederick?

Explicación de como o alumnado de 6º de infantil fixo a adaptación da obra Frederick de Leo Leonni

sentímolo, flash non está dispoñible.

Frederick de Leo Lionni (6ºA infantil)

Adaptación do conto Frederick de Leo Lionni feita polo alumnado de 6ºA de Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Libros viaxeiros e colaborativos

Estamos a facer dous libros colaborativos entres os distintos centros educativos do concello, intervindo o alumnado das Escolas de Educación Infantil de Sabaxáns, Os Ánxeles e A Igrexa, do Ceip de Pedrouzos e do Ies de Brión. Son dous libros viaxeiros. O primeiro para infantil e o primeiro ciclo da primaria. O segundo para o resto da primaria e o primeiro ciclo da ESO.

De momento están en contrucción. Podese acceder a eles premendo nas imaxes.

   
 
Distribuir contido


by Dr. Radut