Skip to Content

Ed. Musical

Instrumentos con materiais de refugallo

O alumnado de quinto de primaria reutilizaron materiais como tubos, latas, botes e botellas, madeiras ... para construir instrumentos musicais. As súas familias axudáronlles na construcción.

Na entrada do colexio está instalada unha exposición que reune todos estes instrumentos e á que toda a comunidade educativa está convidada  visitar.

Tamén, coa colaboración da anpa Andaravía, graváronse vídeos nos que algúns dos nenos e nenas presentaban as súas produccións.

Ver fotos

Concerto de Nadal

Na última semana de decembro, dentro das actividades do Nadal, celebramos un gran concerto. Futuros músicos, entre o noso alumnado, foron os protagonistas desta actividade, coordinados polo profe Diego. Cada neno/a comezou presentando o seu instrumento antes de interpretar e facernos disfrutar cunha melodia tocada de xeito individual ou en pequeno grupo. Ao rematar os seus compañeiros puideron facerlles preguntas sobre esta gran aficción

Concerto despedida de curso

Alba, Marta, Javier, Daniel, Víctor e Yasin son alumnos do cole e estudantes de música. No recreo ofreceron na biblioteca do cole un pequeno concerto para os seus compañeiros. Interpretaron pezas moi coñecidas como "Piratas do Caribe", "Canon de Pachelbel", "What makes you beautiful" (Tadeo Jones", "o himno galego", unha peza barroca para frauta travesera... ver fotos

Moitas grazas a estes grandes artistas!

Venres 22 de xuño - Fin de curso - "PESDELÁN"

O próximo 22 de xuño rematamos o curso cunha actividade musical a cargo do grupo Pesdelán, na que participará todo o alumnado e profesorado do Centro. Contaremos tamén coa participación do alumnado e profesorado da escola unitaria dos Ánxeles.
Aproveitaremos a ocasión para estrenar as camisetas con deseños de petroglifos, actividade coa que rematamos o Proxecto sobre a Prehistoria traballado ao longo deste curso.
Adxuntamos o cartel co programa das danzas de Pesdelán.

Yasin en Concerto

Yasín, acompañado da súa mamá Palmira, ofrecéronnos a interpretación de tres pezas musicais na biblioteca do colexio.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Mamá Cabra en Concerto

O día 22  teremos no cole unha actuación moi especial. O grupo musical "Mamá Cabra" actuará para todos os nenos e nenas de Pedrouzos. Será unha gran festa de despedida de curso. A profe de música leva días preparando está actuación e o repertorio que interpretarán.

Nos pasillos do centro hai unha pequena exposición co material publicado por este grupo musical: "Cantos rodados", "Cartas que veñen e van", "Cantando comigo"... e cos traballos realizados polos nenos.

Seguro que o pasamos fenomenal!

Distribuir contido


by Dr. Radut