O día 22 teremos no cole unha actuación moi especial. O grupo musical
"Mamá
Cabra" actuará para todos os nenos e nenas de Pedrouzos. Será unha gran
festa de despedida de curso. A profe de música leva días preparando está
actuación e o repertorio que interpretarán.
Nos pasillos do
centro hai unha pequena exposición co material publicado por este grupo
musical: "Cantos rodados", "Cartas que veñen e van", "Cantando
comigo"... e cos traballos realizados polos nenos.
Seguro que o pasamos fenomenal!
![]() |
![]() |