Skip to Content

Comedor escolar

COMEDOR ESCOLAR 2024-25 CORRECCIÓN DE ERROS NA SOLICITUDE

No día de onte, 4 de xullo, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, comunicou aos centros a existencia de erros na Instrución 1/2024 de COMEDORES E XESTIÓN DIRECTA.

Estes erros afectan ao CONCEPTO DE UNIDADE FAMILIAR E RENDA FAMILIAR ANUAL PER CÁPITA.

O prazo para presentar a documentación será de 10 días naturais rematando o 16 de xullo.

PRAZO PRESENTACION SOLICITUDES PARA COLABORADORES E COLABORADORAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2024-25

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2024/2025, ATA O 6 DE SETEMBRO.

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-25

O prazo para presenta as solicitudes é  dende o XOVES 20 DE XUÑO ATA O VENRES 5 DE XULLO.

Lembren que o horario de atención ás familias é de 9:30 a 13:30h.

Deberán descargar os impresos da páxina web do centro ou ben solicitalos na CONSERXERÍA.

 

CALCULADORA TAXA SERVIZO DE COMEDOR

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 3º TRIMESTRE 2023/2024

Xuntamos menús correspondentes ao 3º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 2º TRIMESTRE 2023/2024

Xuntamos menús correspondentes ao 2º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 1º TRIMESTRE 2023/2024

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

LISTAXES DEFINITIVOS ADMITIDOS/AS NO SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2023-24

Publicanse no taboleiro de centro as listaxes definitivas do alumnado admitido no servizo de comedor para o curso 2023-24.

SERVIZO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-24 - ENTREGA DOCUMENTACIÓN

ÁBRESE PRAZO extraordinario para a entrega do modelo de autodeclaración para o servizo de comedor para o curso 2023-24, daquelas familias excluidas nos listados provisionais.

Este prazo abrangue o MARTES 5 e MÉRCORES 6 de setembro, dende as 9:30h ata as 14:00h.

Pódense consultar as listaxes no taboleiro de centro. 

LISTAXES PROVISIONAIS SERVIZO COMEDOR CURSO 2023_2024

Publícanse as listaxes provisionais de admitidos/as para o servizo de comedor para o curso 2023_24.

Este listado está a súa disposición no taboleiro do centro, e pódese consultar en horario de 10:00h a 13:00h.

Estas prazas cumpren os requisitos recollidos na Instrucción 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2023/24 e están condicionadas a:

  1. Protocolos que publique a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade para a organización de comedores escolares.
  2. Dispoñibilidade de colaboradores/as suficientes para atender o servizo cumprindo con todas as medidas.
  3. Calquer outra circunstancia que incida directamente no desenvolvemento do servizo.

O prazo de subsanación de documentación remata o venres 28 de xullo.

As listaxes definitivas, publicaranse na primeira semana de setembro.

ADMISION SOLICITUDES PARA COLABORADORES NO SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2023-24

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024, ATA O 8 DE SETEMBRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut