Skip to Content

Comedor escolar

MOI IMPORTANTE : Comedor escolar 2017/18

Recordamos a necesidade de que todo o alumnado do centro que desexe empregar o comedor escolar no curso 2017/18, ten que presentar a documentación necesaria para solicitar dito servizo.

A través do alumnado, no mes de xuño, enviouse información e documentos que como mínimo deberá presentar

  • Folla de relación de documentos presentados
  • Autobaremación ou renuncia ao servizo
  • Declaración responsable de domicilio do alumno/a

Está documentación debe presentarse antes do 30 de xuño de 2017.
No primeira quincena do mes de xullo só poderemos publicar a listaxe provisional de adxudicación de prazas de comedor de usuarios  que o solicitaron coa documentación correspondente e que se atopa nunha das seguintes situacións:

  • Alumnado usuario lexítimo de transporte escolar (alumnado da área de influenza do centro e os seus irmáns con domicilio a máis de 2 km)
  • Alumnado con situación socioeconómica desfavorable
  • Alumnado membro de familias numerosas
  • Alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%

O resto de solicitudes baremarase, publicando a listaxe definitiva no mes de setembro.

Semana da froita

Do 20 ao 24 de marzo tivemos a segunda "semana da froita" deste curso.

Todos estes días repartiuse froita entre o alumnado nas merendas do recreo.

Esta iniciativa pretende fomentar o consumo destes alimentos entre os/as rapaces/as, mellorando os seus hábitos de alimentación. Mazá, pera, plátano, amorodo e mandarina foron as froitas de tempada escollidas nesta ocasión.

Nalgunhas clases aproveitaron para elaborar unha ensalada de froitas que encantou, incluso aos que non lles gusta a froita.

Animádevos a facelo na casa!!!!!

 

 
   

Menús Comedor 2º trimestre 2016/17

Xuntamos relación de menús correspondentes ao 2º trimestre do curso escolar 2016/17.

Prema na imaxe para acceder ao documento.

Menú Comedor mes de setembro

Xuntamos menús para o comedor escolar para o mes de setembro do curso escolar 2016/17. Prema na imaxe para acceder á proposta:

Listaxes setembro comedor escolar 2016/17

 O Consello Escolar do centro, consultada a Consellería de Educación, e aplicando a instrucción 1/2016, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio de 2016, revisou e baremou as solicitudes presentadas, tendo en conta que as circunstancias e criterios segundo o cal foron concedidas as prazas no curso pasado variaron, polo que ser usuario do servizo no curso 2015/16, non será o primeiro criterio na orde de preferencia.

 O número de prazas totais ofertadas para o curso 2016/17 serán probablemente 368, reservándose 4 para posibles altas de alumnado con situación de risco de exclusión social.

9 de setembro de 2016

 

Colaboradores/as comedor escolar 2016/17

 

COMEDOR ESCOLAR 2016/17

 

 

ANUNCIO DE APERTURA EXTRAORDINARIA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE PEDROUZOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2016-2017.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2016/17, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin se atopan na dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o 11 de setembro de 2016, podéndose reabrir novamente o prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2016.

O Consello Escolar do centro, previsiblemente do 20 de xuño, tratará de asignar coloboradores de comedor xa entre as solicitudes inicialmente presentadas.

BRIÓN, 22 DE XUÑO DE 2016

Cumprimente o documento que xuntamos e entrégueo na secretaria do centro.

 

Menús comedor 3º trimestre 2015/16

Xuntamos menús para o cemedoir escolar no 3º trimestre do curso escolar 2015/16. Prema na imaxe para acceder á proposta:

Menús comedor 2º trimestre curso escolar 2015/16

Xuntamos menús do servizo de comedor para o segundo trimestre do curso escolar 2015/16.

Actualizada a lista de espera do servizo de comedor

Xuntamos actualizada a lista de espera do servizo de cormedor.

A medida que xurdan vacantes, iranse chamando aos solicitantes segundo a situación no listado de espera.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut