Skip to Content

Comedor escolar

Menús 3º Trimestre curso 2011/12

Xuntamos menús para os tres últimos meses do curso escolar 2011/12: abril, maio e xuño. Prema na imaxe para acceder a eles:

Persoal voluntario colaborador do comedor escolar

Xuntamos listado co persoal colaborador do comedor escolar dende xaneiro ata xuño de 2012

.

Menús 2º trimestre 2011/12 (Xaneiro - Marzo)

Xuntamos menús do servizo de comedor escolar para o 2º trimestre do curso 2011/12.

Prema na imaxe para acceder ao documento.

Menús dos meses de outubro, novembro e decembro de 2011

Xuntamos os menús dos meses de outubro, novembro e decembro de 2011

Actualización prezos comedor escolar 2011/12

Xuntamos orde de actualización de prezos do servizos de comedor 2011/12

 

 

 

 

 

 

 

 



Persoal colaborador do comedor (Setembro 2011)

Profesora encargada do comedor: María Jesús Soto Infante

Profesorado colaborador: Todo o profesorado do centro, dous por día, en turnos semanais.

Nais/pais colaboradoras:

Ana Mª Calvelo Vilariño
María Calvo
Eva Castro Fernández
Benita Estévez
María Fernández
Carmen R Hermida Iglesias
Esther Iglesias Bermúdez
Mª José Pérez Novo

Sustitucións: María Sotelo Gendra

Actualmente as listas de persoal colaborador (nais/pais) están abertas. Quen desexe colaboral pode anotarse no centro e asinar o compromiso voluntario de colaboración.

Menús mes de setembro de 2011

Xuntamos menús para este mes de setembro. Prema na imaxe para abrir o documento.

Menús

Persoal colaborador comedor 2011/12

Relación de nais colaboradoras do comedor para o curso 2011/12.

Inicalmente comezarán a facer gardas no comedor, de 14:30h. ata as 16:30 h. durante o primeiro trimestre:

Eva Castro Fernández

Ana Belén Vila Paderne

Carmen Hermida Iglesias

Pilar Lesta Ferreira

Mª del Mar Abeledo Cereijo

Mª Dolores Carballeira Barros

Sharon Fionna Colledge

Esther Iglesias Bermúdes

Persoal colaborador para facer susbtitucións:

María José Touceda

Ana María Calvelo

María José Pérez

María Calvo

Beatriz Vilas

A lista de persoal colaborador estará aberta ata o 30 de setembro.

 

ADMISION COMEDOR ESCOLAR 2011/12

Informamos que todas as solicitudes de uso do servizo de comedor escolar para o curso 2011/12 do alumnado matriculado durante o periodo regulamentario (antes do 30 de xuño) que acreditou o seu empadroamento no Concello de Brión foron admitidas.

Tamén foron admitidas todas solicitudes de servizo de comedor do alumnado procedente doutros concellos matriculados durante o periodo regulamentario, que xa foi usuario do servizo durante o curso pasado.

Das solicitudes de servizo de comedor de alumnado empadroado noutros concellos, que se matricula por primeira vez neste centro, o Consello Escolar admitiu a:

-Laura Sánz Fernández - 4º de Educación Infantil

-Anxo Delgado Lorenzo - 4º de Educación Infantil

GRATUIDADE

1-O alumnado empadroado no Concello de Brión, que lle corresponde este centro educativo, e que vive a unha distancia superior aos dous quilómetros do centro terá o servizo de comedor gratuíto.

2-O alumnado empadroado no Concello de Brión pertencente a área de influencia do centro cuxo domicilio se atope a menos de 2 km do centro aboará 3,05€ por día de servizo, salvo que acrediten unha situación económica desfavorable (informe traballador/a social do Concello), familias numerosas ou unha renda familiar inferior a:

Gratuídade total:

Ata 3 membros na unidade familiar: 22.365,45 €

Ata 4 membros na unidade familiar: 25.560,52 €

Gratuidade do 50%:

Ata 3 membros na unidade familiar: 31.950,65 €

Ata 4 membros na unidade familiar: 35.145,71 €

3-O alumnado que non lle corresponde este centro educativo por ser das áreas de influencias das escolas unitarias ou pertencer a outro concello aboará 3,05€ por día de servizo.

CÁLCULO DA RENDA FAMILIAR PARA A BAREMACIÓN

casiña 450 + casiña452 - casiña454 + casiña457 + casiña460 - casiña461 - casiña741

ou tamén:

casiña455 + casiña451 + casiña453 + casiña465 + casiña458 - casiña74º

Queres solicitar praza no Comedor Escolar para o vindeiro curso 2011-12?

Lembra que tes que presentar a seguinte documentación:

-Solicitude por escrito (de non presentala enténdese que non se quere praza de comedor para o ano que vén).
-Certificado de Empadroamento dos alumnos solicitantes.
-Declaración da Renda 2009.

Ademais podes presentar:

-Certificado de traballo que demostre incompatibilidade horaria.
-Informe de Servizos Sociais.
-Informe de Discapacidade.
-Certificado de Familia Numerosa.

Lembra tamén que a Orde de Preferencia que dicta a Consellería é:
1º- Alumnado con dereito ao servizo de transporte escolar.
É dicir, os que vivan a 2 quilómetros ou máis do centro. Todos terían dereito preferente. 2º- Alumnado en situación socioeconómica desfavorable e/ou que teña unha discapacidade
 igual ou superior ao 33%, acreditado con informe da asistenta social do concello que corresponda. 3º- Alumnado membro de familias numerosas. 4º- Alumnado fillo de pais e nais traballadores con incompatibilidade
demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. 5º- Outro alumnado do centro. Neste suposto atópanse os escolarizados fóra da
área de influencia que lles corresponde.: outros concellos, área de influencia das escolas unitarias... 6º- Persoal docente e non docente que preste servizos no centro.

Graciñas pola vosa colaboración!
Distribuir contido


by Dr. Radut