Skip to Content

Proxectos

Unha clase de francés con Pepa Pig

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo desenvolveron este trimestre un proxecto sobre dous países de lingua francesa: Costa de Marfil e Francia.

Rematárono do mellor xeito posible, cunha clase de francés de Carlos Valcarcel Riveiro, profe de didáctica da Universidade de Pontevedra.

A través dun capítulo de Pepa Pig "Las cartas de Papá Noel", Carlos foilles introducindo nesta lingua dunha forma moi divertida. Os nenos e nenas disfrutaron moitísimo con esta actividade. Ao final da clase xa coñecían algunhas palabras do vocabulario de Nadal en francés!

Mercy beaucoup, Carlos!

OS CONTINENTES E O BELÉN

O alumnado de 6º de Primaria e a profe de Relixión decidiron colaborar no proxecto de Pedrouzos polo Mundo cun Belén no que quedasen reflectidos os continentes. O primeiro paso constituiu na creación e a búsqueda de información dalgúns dos monumentos máis significativos de cada un deles; máis tarde as persoas e animais de cada lugar.

 FACENDO AS MAQUETAS  FACENDO OS ANIMAIS
    
 COLOCÁNDOO  COLOCÁNDOO

SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS PRESIONADE AQUÍ PARA IR Á GALERÍA

Bailamos o "Canadian Barn"

Hoxe estivo no noso colexio Ana, veu a ensinar aos nenos e nenas de terceiro un baile escocés. Eles están a traballar este trimestre sobre o Reino Unido e dentro deste proxecto unha parte importante é coñecer a cultura deste país.

A danza chámase "Canadian Barn". Trátase dunha danza tradicional orixinaria das zonas rurais na que despois do traballo no campo os labregos xuntabanse para divertirse bailando.

Temos uns bailarins magníficos e aquí podedes ver uns anaquiños dos bailes.

vídeo1, vídeo2 e vídeo 3

 

Charla sobre Costa de Marfil

O pasado mércores 27 de novembro, visitounos Xosé, o papá de Hans (alumno de 2ºC de primaria). Contounos moitas curiosidades sobre Costa de Marfil,  onde naceu Hans. Aprendemos moitas cousas sobre este país africano e amosamos moita interese.

Moitas grazas Xosé!!

(acceso ao cadeno de viaxes de Hans)

 

Un anaquiño de China

Dentro das actividades do proxecto do noso centro , Pedrouzos polo mundo, os alumnos e alumnas de quinto nivel están a traballar o país chinés. Grazas a colaboración da nosa alumna de quinto Inés e a súa familia recibimos o pasado venres, día quince, a unha alumna chinesa universitaria que veu a darnos unha charla.O seu nome é Catalina.
Catalina fixo unha exposición e unha charla espectacular que resultou moi edifiante e atractiva para os nosos alumnos e alumnas. Nesta charla falounos do país en si, as súas provincias, o seu goberno, monumentos e un largo etcétera ademais de falarnos da súa cidade natal. Tamén  recibiron unha extensa clase de chinés, na que trataron temas coma saúdos, números , nomes.....incluso Inés animouse a ter unha pequena conversación con ela en chinés.
Os alumnos e alumnas desfrutaron e aprenderon distintos aspectos da cultura chinesa, tomando nota de todo en cada momento e eliminando prexuízos que tiñan sobre este país e as súas xentes. A propia Catalina escribeulles a moitos deles o seu nome en chinés e deixou unha fermosa dedicatoria no noso libro de visitas. Non podemos máis que dar as grazas pola súa colaboración e o trato cos nosos nenos e nenas, foi unha actividade que quedará no noso recordo.
Esperamos que dentro deste proxecto podamos convidar a máis persoas autóctonas dos países que estamos a ver dentro do noso proxecto e nos poidan falar de primeira man das súas vivencias.

Blogue de viaxes

 

Este curso imos viaxar moito!

 

Comezamos curso e unha nova andaina “Pedrouzos polo mundo”. Desenvolveremos un novo proxecto de investigación no que descubriremos e aprenderemos moitas cousas sobre outros paises e outras culturas. Antes das vacacións, solicitamos a colaboración do noso alumnado e das súas familias. Pedímoslles que aproveitando as viaxes que fixeran no verán, recolleran información para elaborar unha reportaxe sobre os lugares visitados. Publicaremos neste blog os traballos que con tanta ilusión e esforzo realizaron. Comenzamos coa reportaxe que das súas viaxes fixeron dúas nenas de segundo, Minia e Area Lu.

 

Concerto despedida de curso

Alba, Marta, Javier, Daniel, Víctor e Yasin son alumnos do cole e estudantes de música. No recreo ofreceron na biblioteca do cole un pequeno concerto para os seus compañeiros. Interpretaron pezas moi coñecidas como "Piratas do Caribe", "Canon de Pachelbel", "What makes you beautiful" (Tadeo Jones", "o himno galego", unha peza barroca para frauta travesera... ver fotos

Moitas grazas a estes grandes artistas!




sentímolo, flash non está dispoñible.

OBRADOIRO DE NÓS E CARTAS MARIÑAS

O venres realizamos dous obradoiros relacionados co proxecto documental que estamos a realizar este curso sobre o mar.

Miguel Torres e Manuel Castro ensinaron aos alumnos do segundo ciclo  a facer algún dos maís coñecidos nós como o Chan ou de Envergue, o nó Cabestrinque ou o Ás de guía.

Enrique Blanco e Felíx G. Tuñez, este ultimo moi coñecido polos nosos alumnos ao ser o presidente do museo do Mar de Noia e o noso guía nas saídas que fixemos á ría de Noia, amosaron ao alumnado do terceiro ciclo como interpretar as Cartas Mariñas, explicándolles a súa simboloxía e ensinandolles como empregalas para orientarnos e dirixir unha navegación. Ámbolos dous obradoiros captaron a interese dos nenos e nenas por este tema e foi unha iniciación moi práctica e lúdica que lles deixou con ganas de aprender máis.

Moitas grazas a estes catro "homes do mar"!

Os Oficios do mar

 Estes días temos no colexio a exposición "Os oficios do mar". A mostra foi cedida pola FGCMF (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial) www.culturamaritima.org aos que lles agradecemos a súa colaboración.

 Esta exposición facilita o coñecemento do mundo da pesca a través dos oficios que xenera esta actividade, aportando algunhas pinceladas históricas, etnográficas, económicas, sociais e ecolóxicas en torno a este sector.

 Alumnos e alumnas de quinto de primaria farán de guías para os seus compañeiros, amosándolles a importancia da pesca en Galicia como unha actividade laboral que marca formas e xeitos de vida particulares e tradicionais.  Máis fotos

 


O Mar reciclado

Antes das vacacións de Semana Santa, propuxemos ao noso alumnado está nova actividade, incluída dentro do proxecto documental que estamoa a realizar sobre O Mar.

O noso obxectivo é que os nenos e nenas aprendan moitas cousas sobre este ecosistema e tamén fomentar neles actitudes de respecto e coidado ao medio ambiente en xeral e concretamente ao mariño.

A idea era construir o noso Mar empregando materiais de refugallo. A única condición que puxemos foi non mercar nada para elaborar o traballo, había que empregar cousas que tivéramos na casa. Todas as creacións están expostas na entrada do colexio e todos estades convidados a visitalas.

Ver máis fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut