Skip to Content

Proxectos

Teatro "A GALIÑA AZUL"

O alumnado de terceiro de primaria representaron esta obra de teatro ante o noso alumnado, alumnado do IES de Brión e ante as familias na festa de fin de curso que organizou a anpa Andaravia.

Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para estes alumnos, memorizar un texto e enfrentarse a un público permitiulles gañar en confianza e  habilidades orais.

   

A Galiña Azul

Nas clases de plástica fixeron interpretacións do persoaxe máis famoso de Carlos Casares, A Galiña Azul. Empregaron diferentes técnicas e materiais. Todos os traballos foron expostos na entrada do centro.

 

Exposición Carlos Casares

Na entrada do cole situamos unha exposición bibliográfica das obras do escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. Podemos atopara as obras literarias máis representativas e populares deste autor.

Obradoiros Oficios Tradicionais

Coñecemos os segredos dos oficios tradicionais nos oito obradoiros desenvolvidos na segunda quincena de maio e que aínda concluirán estes días.

Estes obradoiros contribúen ao noso obxectivo de pór en valor estes traballos artesanias e de achegar a tradición e a riqueza cultural da nosa contorna.
Os nosos alumnos e alumnas aprenderon e familiáronse coas tradicións da cestería, farmacia natural, cerería, cantería ...

Tivemos a sorte de contar con:
Eva Núñez no taller de plantas medicinais, José Luis e Adan de Rois que ensináronnos a técnica da cestería, a Nano Unzueta co seu obradoiro de cerámica, Xosé Manuel Penas Patiño, apicultor, José do obradoiro de pedra  Castelo da Excravitude, Che e Laura de Luaña que ensináronnos como construir instrumentos musicais tradicionais. Para rematar esta actividade, contaremos con Ana Sendón, artesá de coiro de Santiago e María Luisa Pena da cerería de Bastavales.

Moitas grazas pola colaboración de todos eles.

(Ver fotos)

Visita de Hakan Casares

O martes, 24 de maio, os grupos de alumnos de 4º de primaria, reunianse  na biblioteca do  cole agardando a un convidado moi especial: Hakan Casares, fillo do homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Veu acompañado por Noemi Pazó que fixo a súa presentación. De seguida  namorounos,  contando a vida de seu pai como se de un conto se tratase, coa súa presenza, cos seus xestos, coa súa mirada, co cariño con que o contaba.
Graciñas por transmitirnos as túas vivencias e achegarnos un chisco máis á vida de Carlos Casares, dun xeito tan próximo e afable.




Os Maios

"Maio, maiño, ponte de pé,

a ver se gañamos algo pra o café"

Os nenos e nenas de infantil baixaron cantando esta copla dos Maios de Redondela que lles ensinou Patricia, unha mamá da aula, cando ían construír o Maio da escola.

Todo comezou pedíndolle ás familias colaboración para a recollida dos elementos naturais que adornan os Maios: fieitos, bugallos, pampillos, xestas, camelias, etc...

Alumnos de cuarto de primaria encargáronse de explicar aos de infantil por que se fai esta celebración, orixe, tipos e partes que o forman.

Así de bonito lles quedou!!!

(ver fotos)

 

Letras Galegas na Carballeira 2017 - Carlos Casares

Ver fotos

O martes 16 de maio volvimos a xuntarnos na Carballeira de Santa Minia o alumnado do CEIP de Pedrouzos, as Escolas Infantís de Luaña, Os Ánxeles e Bastavales para a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano se lle adica a Carlos Casares. Contaremos coa participación do noso alumnado que nos farán disfrutar de cancións e bailes populares. Agradecemos a colaboración do Concello de Brión, da Policía Local e Protección Civil.

A GALIÑA AZUL - CARLOS CASARES

 

A GALIÑA AZUL de Carlos Casares da a benvida a todo aquel que se achegue ao noso centro. O noso alumnado e as súas familias colaboraron, realizando "Os ovos de cores" que tantos problemas lle deron a esta simpática galiña na obra de Casares.

Obradoiros Oficios Tradicionais

A partir do día 19 de maio realizaremos un conxunto de obradoiros tradicionais adicados a visibilizar oficios tradicionais que se realizan na nosa comarca. Agradecemos a participación de todas as persoas que colaborarán no desenvolvemento dos mesmos.

"O Segredo do Bosque"

O mércores, día 15, terá lugar a presentación do documental "O segredo do Bosque" , estreado fai poucos meses, ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. Esta película obtivo o primeiro premio na Bienal Internacional de Cine Científico de Ronda.

O documental, rodado integramente en Guinea Ecuatorial, está inspirado nun conto africano que lanza unha mensaxe de protección á natureza.

Contaremos con Rocío Cadahía Fernández e Antonio Grunfeld Rius , responsable do guión e  director do filme respectivamente, para amosar esta historia aos nosos rapaces e rapazas e dar resposta ás súas preguntas e inquedanzas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut