Skip to Content

Proxectos

Entrevista a Belén Quintáns

 

No ano de Roberto Vidal Bolaño tivemos a sorte de contar coa visita de Belén Quintáns que foi a súa muller e cofundadora  da compañía Teatro do Aquí. Belén respostou ás preguntas que lle fixemos e así coñecimos mellor a este dramaturgo tan vinculado ao noso concello. A súa obra intensa e xenial perdurará ao longo do tempo

Dámoslle as grazas pola súa amabilidade e polo tempo que nos adicou.

Ligazón ao resumo da entrevista feito por alumnos de 4º

Premendo na imaxe poderás ver o inicio da conversa con Belén.

Charla de Rubén Faraldo

Rubén Faraldo é o pai de dous dos nosos alumnos de Infantil. Hoxe estivo no cole para falarnos da súa "Aventura no mar Mediterráneo". Estivo traballando como biólogo e como mariñeiro en barcos que faneaban neste mar e realizando unha investigación sobre os perigos aos que se enfrontan as tartarugas, a maior parte deles, causados pola contaminación. Amosounos moitas fotografías que recolleu nestas viaxes e coñecimos especies propias deste mar. Tamén explicounos o funcionamento dunha arte de pesca chamada "palangre".

Hoxe era un día especial para Ruben, o seu cumpreanos e os rapaces e rapazas de infantil agasallárono cun libro de debuxos feitos por eles mesmos. Moitas grazas Rubén e Parabens!

 

 


8 marzo Día da Muller

Este día tivemos a visita de mulleres relacionadas profesionalmente co Mar. Faláronnos dos seus traballos e da importancia que as mulleres teñen neste sector laboral.

 

Dominique e Loli son Mariscadoras de Noia, a primeira á pe e a segunda a bordo dun barco de faena. Trouxéronnos algunas das súas ferramentas e vestimenta  de traballo así como unha pequena mostra de ameixas vivas da ría de Noia. Démonos conta da dureza e do esforzo que esixe o seu traballo. Viñeron acompañadas de Félix, presidente do Museo do Mar de Noia ao que xa coñecíamos das visitas realizadas con el á Praia do Testal e ao Museo.

Tamén tivemos a sorte de contar con Carmucha e Lola, bisavoa e avoa dun neno de Infantil, elas adicaron toda a súa vida a traballos relacionados co mar: venda de peixe, conserveira e agora Lola segue traballando como redeira no porto de Malpica. Contestaron moi amablemente a todas as preguntas feitas polos rapaces e rapazas. Nesta mesma charla, estivo Mª José, mamá doutro dos nosos alumnos, ela é bióloga e traballou  na prevención de riscos laborais en barcos de pesca. Falounos do seu traballo e ensinounos moitas fotos realizadas cando navegaba nos barcos.

Ver vídeo Mª José

Ver vídeo Lola e Carmucha

 

 

 

Luisa, científica mariña do CSIC de Vilagarcía, faloulle ao alumnado máis novo  sobre a súa experiencia laboral. Primeiro,  a través dun xogo, eles tiñan que descubrir cal era o seu traballo e logo pasou a contarlles cousas moi interesantes sobre o mar e animais marinos aproveitando debuxos animados e vídeos. Ver vídeo


 Moitísimas grazas a todas elas por permitirnos ter en Pedrouzos unha xornada tan especial!

O Mar en Feminino

O próximo 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, queremos salientar o papel que teñen as mulleres no sector laboral da pesca e do mar. Queremos dar visibilidade a todas elas e recoñecer a gran labor que están a desenvolver.

Este día, representantes dalgunhas destas mullleres virán ao cole a falarnos do seu traballo. Contaremos coa presenza de dúas mariscadoras de Noia, dúas redeiras de Malplica, unha bióloga e unha científica marina. Moitas grazas a todas elas!

Brincaletras "O mar e a pesca"

Seguimos  "mergullados" no proxecto de investigación deste curso:O MAR. Como aprendimos moitas cousas sobre este tema, somos quen de facer este xogo de pasa-palabras.

Atréveste ti?

VAIDEMAR

Vaidemar é unha mostra que pretende achegar a ilustración infantil e xuvenil galega aos nosos alumnos.

A exposición a compoñen 17 artistas aos que se lles foi encomendado interpretar o mar nunha obra inédita e orixinal. Entre eles podemos atopar obras de Óscar Villán, Manuel Uhía, Miguelanxo Prado ou Anxeles Ferrer.

A mostra poderá visitarse ata o día 5 de marzo e  toda a Comunidade Escolar está convidada a facelo. Tamén realizaremos unha actividade de apadriñamento cos nosos alumnos. Cada clase apadriñará un cadro e fará un traballo literario sobre esa ilustración que  se expoñerá a carón da obra orixinal. Tamén aproveitaremos para facer unha exposición con materiais da nosa biblioteca ilustrados por estes artistas.

Agradecementos a GALIX polo empréstito desta colección.

VER FOTOS

Para ver as obras da exposición, pincha sobre esta imaxe.


MURAL DÍA DA PAZ

Todos los alumnos del colegio hicimos un gran mural en las clases de religión con la profe Manoly.

Primeiro, hicimos animales marinos (peces de todas formas y pulpos, los coloreamos y escribimos una frase sobre la paz: algunos escribieron que la paz es amor...

Yo y una compañera, Nerea, tuvimos la oportunidad de hacer la frase que desprendía el faro del precioso mural.

Todo el mural quedó espectacular y todos hicimos un gran esfuerzo por que el mural quedara muy bonito.

Por último, le dimos las gracias a la profe Manoly, pues sin ella no hubieramos hecho este mural tan precioso.

Paula Eitor Casal 6ºA


CHARLA DE DANIEL MOLINOS

 

 

Hoxe veu o pai de Sara Molinos, unha alumna de 3º curso,  a falarnos sobre o mar e dos seres vivos que habitan nel.

Contounos moitas cousas:

1. Que a cor do mar depende do ceo e dos animais microscópicos que abundan nesa zona.

2. Información sobre  distintos tipos de peixes : lamprea, rape, peixe porco, congrios, peixe voador, peixe de San Pedro...

3. Os mamíferos mariños e a súa alimentación: os golfiños aliméntanse de peixes, as baleas de krill, os cachalotes de calamares xigantes...

4. Moluscos: caramuxos, ameixa, berberechos... e equinodermos: estrelas, ourizos e pepinos de mar.

Por último, vimos algúns documentais. O que máis nos chamou a atención foi o das lampreas. Sabíades que as femias  poden chegar a pór 250.000 ovos?

Gustounos moito a charla e esperamos que veña máis veces a falarnos sobre o mar.

Sofía e Alexandra, 4ºC

Mergúllate na lectura

No cole estamos realizando un proxecto de investigación sobre o mar. Todos os rapaces do cole están traballando sobre este tema. Cada grupo o fará dacordo aos seus intereses. Ao final do proxecto realizaremos unha mostra na que cada curso presentará ao resto o aprendido. Dende a biblioteca  colaboramos con esta iniciativa ambientando a nosa sala con elementos relacionados co mar e a pesca  e ofertando materiais bibliográficos que ofrezan información sobre este tema e que faciliten o traballo do alumnado. Podedes ver máis fotos na galeria.

Axenda Cultural Decembro

 

No mes de Nadal hai miles de actividades para disfrutar.

Consulta a axenda cultural na páxina web do cole e seguro que non te aburrirás.

Atoparás todo  tipo de espectáculos que  terán lugar na nosa comarca, e a maioría de eles de balde!! 


A axenda cultural é una iniciativa da biblioteca que  están a desenvolver nais do centro co obxectivo de promover  actividades culturais entre os nenos e nenas co convencimiento de que a participación dos rapaces  mellora a súa formación integral e favorece a súa educación.


Tamén podes descargar e imprimir a axenda de Decembro dende aquí

ou pedir unha copia na conserxería da escola..

A axenda actualízase constantemente, así que non a perdas de vista!

Distribuir contido


by Dr. Radut